Skip to Content

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

   

     Dende o IES Sofía Casanova queremos desexarvos un Bo Nadal.

    Coa intención de educar na creatividade, a sostenibilidade e o coidado da Natureza, acompañamos ao nosos alumnos para que adornasen estas árbores coas creacións feitas por eles con materiais reutilizados.

    Bo Nadal e Feliz Ano Novo!

7ª edición de Tecnólog@ por un día

   

   Alumnado do IES Sofía Casanova participou na 7ª edición de Tecnólog@ por un día.

    Nesta actividade o alumando acércase ás profesións dixitais e ten a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral coas empresas do sector TIC en Galicia.

    Esta iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia DigiTalent.

Cine en Ferrol

   

     O pasado venres 16, os alumnos de 3º ESO A (Cultura clásica), 3º ESO C (Oratoria) e 4º ESO C (latín) puideron ver no cine Dúplex (Ferrol) a película Mustang.

    O filme resultou interesante e suscitou debate e reflexión. A actividade foi organizada polo departamento de grego. Os profesores acompañantes foron: Mª Paz López (Orientadora), Andrés Rodríguez (Educación física/vicedirector), Emilio Saldaña (Filosofía/secretario) e Daniel Lagoa (xefe do departamento de grego).

    Parabéns aos alumnos polos seu bo comportamento e grazas ao profesorado pola colaboración!

A exalumna Belén Sañudo Costoya, premiada polo seu proxecto de Fin de Máster

   

   Belén Sañudo Costoya, exalumna do noso centro, e alumna da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF) recibiu una distinción do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

    O traballo consistiu nun “Estudo e desenvolvemento do xemelgo dixital dunha liña piloto para a fabricación de nós offshore mediante simulación de eventos discretos” nunha liña piloto de fabricación de nós offshore situada no estaleiro de Navantia en Fene para a industria eólica.

      Parabéns, Belén!

                             O Diario de Ferrol fíxose eco do premio.

A exalumna Ana Ortega Sarceda, premiada polo seu traballo de fin de grao

   

    Ana Ortega Sarceda, exalumna do noso centro, recibiu un primeiro premio polo seu Traballo de Fin de Grao para a Transición Enerxética.
    Ana é graduada en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais pola UDC e actualmente cursa o Máster en Enxeñería Industrial.
    O galardón foi entregado pola Cátedra de Transición Energética Genesal Energy e promovido pola USC.

    A prensa fíxose eco da feliz nova: Diario de FerrolEl EspañolGalicia Artabra, e La Voz de Galicia

     Desde o centro, felicitamos a Ana polo seu éxito e desexámoslle o mellor de cara ao futuro.                       Parabéns, Ana!

Visita á exposicón " IA: More than Human"

   

    Alumnado do Club de Ciencia e de Tecnoloxía de 4º de ESO realizou unha visita á exposicón " IA: More than Human" que está en Afundación, na Coruña.
    Esta exposición é unha viaxe que explora a relación entre os humanos e a Intelixencia Artificial, permitindo ao alumando experimentar de xeito interactivo as capacidades da Intelixencia Artificial.

Días non lectivos curso 2022-23

        Os días 9 de decembro de 2022 e 2 de maio de 2023 non serán lectivos no IES Sofía Casanova

Curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca

   

     Xa temos a curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca, o “making of” que tamén se di, feito pola videógrafa Sara Pisos quen nos acompañou durante todo o proceso, xunto co artista Eduardo Hermida, o equipo docente e os principais protagonistas, os alumnos de 4º de ESO de EPVA.
    Neste vídeo podemos ver o proceso de creación do mural “Ler en Ferrol” inspirado na lectura e no patrimonio da nosa cidade e tamén como os nosos alumnos coñeceron os segredos da rodaxe e disfrutaron aprendendo a traballar en equipo,

Distribuir contido


by Dr. Radut