Skip to Content

Viaxe de fin de curso para 4º ESO

   

   Xa se dispón da planificación da excursión de fin de curso para 4º ESO, curso co que o alumnado remata unha etapa educativa.

   Na presentación adxunta pode verse o previsto para esa viaxe, cun completo programa de actividades físicas, de ocio e culturais.

Xornada de portas abertas. Febreiro 2023

   

    O próximo día 27 de febreiro de 2023 no salón de actos do noso centro terá lugar a xornada de portas abertas.

    Haberá unha sesión ás 16:30 para o alumnado da ESO e outra ás 17.30 h para o alumnado de bacharelato.

XOGO DE ESPELLOS Unha ollada a través da música electrónica

   

    O 3 de febreiro, o alumnado de 2º ESO, asistiu no Auditorio de Galicia ao concerto didáctico: XOGO DE ESPELLOS Unha ollada a través da música electrónica.

    "Javier Otero, pianista e artista experimental, presenta o seu novo proxecto “Saraiba” para piano e electrónica xunto coa Real Filharmonía de Galicia. Unha aposta pola estética actual, con influencias da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar... "

Visita de ASPACE

   

    O pasado 26 de xaneiro usuarios de ASPACE Coruña visitaron o noso centro dentro do proxecto Talentos Inclusivos.

    Fernando, Carlos e María José falaron do día a día das persoas con parálise cerebral. Concretaron co alumnado de Tecnoloxía o reto que van a realizar para axudarlles: unha App para poder controlar a TV dende unha tablet.

    Algunhas redes publicaron a noticia: ASPACE, Talentos inclusivos

IV Concurso de fotografía matemática

   

    O Departamento de Matemáticas convoca o IV Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a toda a comunidade educativa do centro a participar. Este curso volvemos abrir o prazo de participación nesta 2ª avaliación. Animádevos a participar!

    Achéganse as bases, bases que estarán tamén á vosa disposición nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual e no Departamento de Matemáticas.

Sesión informativa e formativa: “Xestión das emocións na adolescencia”

   

    Queremos informar dunha sesión informativa e formativa coa temática principal “Xestión das emocións na adolescencia”.
    Terá lugar no IES Sofía Casanova o mércores 11 de Xaneiro para o alumnado e ás 18:30 para ás familias. 

    As sesións e os posteriores Obradoiros serán conducidos por un grupo de psicólogos.
    Nos obradoiros prácticos poderán participar alumnos a partir de 3º ESO.

             Máis información

TORNEO DE NADAL 2022 de XADREZ do club ENROQUE do IES Sofía Casanova

        GAÑADOR: Alexander Sagradov 2º ESO A

A exalumna do centro, Henar Mariño Bodelón, obtén o 1º premio GirlGeekCovid22

 

    Henar Mariño Bodelón, que actualmente estuda na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, foi a gañadora do premio GirlGeekCovid22, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, no marco da Cátedra de feminismo 4.0, destinada a alumnas da Universidade de Vigo de titulacións STEM.

   Parabéns, Henar!

Distribuir contido


by Dr. Radut