Skip to Content

3º ESO

Xornadas de presentación curso 2021-2022

No arquivo pdf adxunto podedes consultar os horarios e días das presentacións do curso 2020-2021.

As listaxes dos cursos e grupos serán comunicadas a partir do día 14 de setembro.

Debido a situación sanitaria, rogamos non acudir con moita antelación para evitar aglomeracións. O alumnado debe permanecer no exterior do edificio mantendo as distancias de seguridade.

Datas e horarios de matrícula en setembro para o curso 2021-22

As datas para a formalización da matrícula para o curso 2021_20 son do 1 ao 10 de setembro, no horario de 9:00 a 14:00 horas.


 

Información fondo libros

Información relevante acerca do fondo solidario de libros de texto para a ESO.

Plublicada a listaxe provisional dos admitidos e excluidos no fondo de libros 2021/22

Os interesados poden consultar estas listaxes no taboleiro de entrada ao instituto.

As persoas que presentaron as solicitudes por sede electrónica poden facer a consulta a través da web Fondo libros.

O prazo para as reclamacións son dous días hábiles (xoves 8/7/21 e venres 9/7/21).

A publicación das listaxes definitivas sera durante a primeira quincena de setembro.

 

Libros de texto materias suspensas

O alumnado que estivo a disfrutar libros de préstamo (fondolibros) e ten que examinarse en setembro dalgunha materia, pode pasar polo centro o luns 28 pola mañá para recoller os libros das materias suspensas.

Calendario fin de curso ESO, ESA e 1º Bacharelato diúrno e adultos

Publicamos nos ficheiros adxuntos os calendarios de fin de curso para as ensinanzas de ESO, ESA e Bacharelato de diúrno e adultos: último día de clsae, entrega de notas e revisión de exames co profesorado e datas de matrícula.

No calendario da ESA II e ESA IV tamén se publican as datas de exames dos distintos módulos.

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Adxudicación definitiva do fondo solidario de libros para o curso 2020/21

Informamos de que xa poden consultar na Secretaría do centro os libros de texto do fondo solidario adxudicados aos seus fillos para o curso 2020/21.

As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.

Vigo en Inglés - Concello de Vigo

O Concello de Vigo convoca un ano máis o programa Vigo en Inglés. O prazo para a presentación de solicitudes (pendente de publicación en BOP) está previsto que comece o luns 16 de marzo e remate o 30 de marzo.

Poderán solicitalo todas as persoas que cursen 3º de ESO nun centro educativo da cidade, teñan aprobadas todas as materias de 2º de ESO e unha nota final de inglés mínima de 7 (en 2º de ESO).

Máis información en https://www.vigoeningles.org/

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut