Skip to Content

3º ESO

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2023-2024

O día 1 de marzo de 2023 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

VIGO EN INGLÉS

Aberto o prazo de inscrición no programa educativo municipal VIGO EN INGLÉS para alumnado que está a cursar 3º da ESO durante o curso académico 2022/23.

Máis información no teléfono 986810181 e na ligazón https://www.vigoeningles.org/convocatoria/index.htm.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (Axudasle)

Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Mais información premendo aquí

Entrega de cualificacións 2ª avaliación (Diúrno)

Secretaría: Atención ao público durante o período non lectivo de nadal

Durante o período non lectivo de nadal o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 10:00 h a 12:00 h.

Período non lectivo de nadal:

Desde o día 23 de decembro de 2022 ata o 4 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

*O día 5 de xaneiro de 2023 o centro permanecerá pechado.

Horario extraordinario de atención da secretaría do centro

O luns, día 12 de decembro de 2022, o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 12:00 h a 14:00 h.

Desculpen as molestias

Entrega de notas da 1ª avaliación (Diúrno e nocturno)

ESO

As notas publicaranse en ABALAR o mércores, día 30 de novembro, ás 20:00 h (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e o venres, día 2 de decembro ás 20:00 h (4º ESO). Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a a partir do xoves, día 1 de decembro (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e a partir do mércores 7 de decembro (4º ESO). 

BACHARELATO

1º BACH

Obradoiro manga

Boa tarde!

O obradoiro  de manga farase extensivo a todo o alumnado aínda que non sexan socios do anpa.

O prezo é de 16 euros xeral e un desconto de 3 euros para socios  anpa.

Animádevos! 

Inicio do curso 2022-2023

O xoves, día 8 de setembro de 2022, dará comezo o curso 2022-2023 cunha xornada de benvida escalonada por niveis (consultar documento adxunto) que terá unha duración aproximada de hora e media.

O alumnado recibirá o horario do seu grupo este mesmo día 8 de setembro e comezarán as actividades lectivas ordinarias o venres, día 9 de setembro.

 

Listaxe provisional de solicitudes FP Básica 2022-2023

Publicada no tablón de anuncios do IES Santa Irene a listaxe de solitudes provisional para FP Básica 2022-2023

Distribuir contido


by Dr. Radut