Skip to Content

3º ESO

Calendario de matrícula Curso 2022-2023

Calendario de matrícula para o curso 2022-2023

*Período oficial de matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

 

Calendario fin de curso 2021-2022 (ESO)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos da ESO segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Programa educativo municipal: Vigo en Inglés

Ata o 21 de decembro está aberto o prazo de solicitude de becas de inmersión en lingua inglesa para alumnado de 3º e 4º da ESO. Máis información no documento adxunto.

Calendario de pendentes 2021/2022

Calendario de exames para recuperación de materias pendentes, curso 2021/2022.

Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

No enlace podedes acceder á paxina web do ministerio onde atoparedes máis información e o acceso online para a súa tramitación. Tamén é posible tramitalo a través do centro.

Información das becas

Publicada a listaxe definitiva de Fondo Libros

Os libros adxudicados por alumno/a pódense consultar na aplicación web de fondo libros e no taboleiro de entrada ao instituto. Os vales de axuda para material escolar poden ser recollidos de 9:00 a 14:00 na secretaria do instituto a partir do venres.

AVISO IMPORTANDE FONDO LIBROS

                                             AVISO IMPORTANDE FONDO LIBROS

Debido a un erro no procedemento de xestión do fondo de libros pode haber algunha variación nos libros adxudicados. Recomendados esperar ata a semana queven para adquirir os libros e facer caso omiso da información que amosa a aplicación do fondo libora ata novo aviso.

Horarios para o curso 2021-2022

Confirmada a autorización da inspección educativa, comunicamos que, debido á situación excepcional e á aplicación dos protocolos sanitarios establecidos polas consellerías de Sanidade e Educación, os horarios para este curso serán:

ESO, 1º e 2º de bacharelato diurno:
     LUNS E MÉRCORES: De 8:30 a 15:00 horas
     MARTES, XOVES E VENRES: De 8:30 a 14:10

Bacharelato adultos:
     DE LUNS A  XOVES: De 17:00 a 22:30 horas
     VENRES: De 17:00 a 21 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut