Skip to Content

Avaliación e exames

Cambio de sede das probas ABAU - Setembro 2018

Acabamos de recibir comunicación da Universidade de Vigo indicando que, por problemas de aulas, as probas ABAU de setembro para o alumnado do IES Santa Irene serán na Facultade de Ciencias Xurídicas.

Presentación ás 8:50 horas.

 

Probas libres ESO Setembro 2018

As probas para a obtención do título de ESO, convocatoria de setembro, se realizarán:

  • Día: Venres 7 de setembro de 2018    
  • Hora de presentación: 8.30 horas
  • Lugar de celebración: IES República Oriental do Uruguai. Rúa Coutadas 54. 36207 Vigo. Tel. 886120490

Mapa

Aviso IMPORTANTE para os exames de Setembro

Cando busquedes a data e hora do/s exame/s que tedes que facer, prestade moita atención a se é unha materia do voso curso ou se é unha materia PENDENTE (de un curso anterior).

Por exemplo, se estás en 2º de ESO e suspendiches as matemáticas de 1º e as de 2º, terás que buscar a data do exame de 1º no cadro de pendentes e a do exame de 2º no cadro dos exames de 2º. Non presentarse á de 1º implica non poder aprobar a de 2º.

Calendario de setembro - Actualización

Xúntase o calendario de exames de setembro, actualizado a 1 de agosto, así como o de reclamacións, entrega de notas e principio de curso.

É importante que todo o alumnado acuda aos exames provisto do seu DNI.

Aqueles alumnos/as que teñan libros do fondo solidario teñen que devolvelos o día de entrega de notas. Se non os devolven,  non poderán recibir o boletín de cualificacións e ningún membro da unidade familiar poderá disfrutar do fondo en vindeiros cursos.

Listaxes definitivas de persoas admitidas á proba libre de ESO - Setembro 2018

Nos arquivos adxuntos pódese consultar as persoas admitidas e excluídas á proba libre de ESO para a convocatoria de setembro, así como os ámbitos que teñen superados.

A proba realizarase o día 7 de setembro de 2018. Máis adiante comunicarase o lugar e hora de realización.

Listaxes provisionais de persoas admitidas á proba libre de ESO - Setembro 2018

No arquivo adxunto pódese consultar as persoas admitidas e excluídas á proba libre de ESO para a convocatoria de setembro, así como os ámbitos que teñen superados.

O prazo de reclamacións é de tres días hábiles. O venres 27 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

Calendario de setembro

Xúntase o calendario de exames de setembro, así como o de reclamacións, entrega de notas e principio de curso.

É importante que todo o alumnado acuda aos exames provisto do seu DNI.

Aqueles alumnos/as que teñan libros do fondo solidario teñen que devolvelos o día de entrega de notas. Se non os devolven,  non poderán recibir o boletín de cualificacións e ningún membro da unidade familiar poderá disfrutar do fondo en vindeiros cursos.

Probas libres ESO - Setembro 2018

Ata o día 9 de xullo está aberto o prazo de matrícula para as probas libres de ESO, na convocatoria de setembro. A proba realizarase o día 7 de setembro.

No documento adxunto aparecen contempladas as datas máis salientables.

Cualificacións definitivas das Probas Libres de ESO

Publicamos o listado definitivo das cualificacións obtidas nas probas libres de ESO realizadas o pasado 25 de maio de 2018.

Exames finais ESA e 1º bacharelato adultos

Publicamos as datas de exames finais de ESA e 1º de bacharelato adultos, da convocatoria ordinaria de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut