Skip to Content

Avaliación e exames

Calendario de exames de 1º e 2º de Bacharelato adultos. Convocatoria xuño ordinaria e extraordinaria

Publicamos o horario de exames de adultos de 1º de BACHARELATO e da convocatoria extraordinaria de 2º de BACHARELATO de xuño que serán o luns 17, martes 18, mércores 19 e xoves 20 de xuño de 2019.

Publicación das cualificacións provisionais das Probas Libres de ESO

Publicamos as cualificacións provisionais das probas libres de ESO realizadas o pasado 24 de maio.

O prazo de reclamacións remata o día 13 de xuño.

Información ABAU 2019

Nesta presentación tedes toda a información sobre as probas ABAU de xuño e xullo de 2019.

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria e extraordinaria. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e de matrícula para as ABAU e outras novas importantes.

Horario xuño 2019 de exames de 2º Bacharelato diúrno e pendentes 1º Bac, convocatoria extraordinaria:

Lugar e data de realización probas libres ESO

No arquivo adxunto pódese atopar toda a información relativa ao lugar e data de celebración das probas libres de ESO, que serán o día 24 de maio ás 9:00 horas, no IES República Oriental do Uruguai.

Mapa

Listaxe definitiva probas libres ESO - convocatoria maio 2019

Listaxes definitivas de persoas admitidas ás probas libres, na convocatoria de maio de 2019.

Os exames realizaranse o venres 24 de maio no IES República Oriental do Uruguai, rúa Coutadas nº 54, 36207 Vigo, Pontevedra. Teléfono 886 120 490

Listaxes provisionais probas libres ESO

Publicadas as listaxes provisionais de persoas matriculadas nas probas libres de ESO, convocatoria de maio.

O prazo para reclamacións é de tres días, mércores 24, xoves 25 e venres 26 de abril. A listaxe definitiva sairá publicada o luns 29 de abril.

Probas libres de ESO

O xoves 24 de xaneiro saiu publicada no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

As datas de matrícula son:
Para a convocatoria de maio: do 11 ao 22 de marzo, ambos os dous incluídos.
Para a convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Fin do primeiro cuatrimestre da ESA. Aberto plazo matrícula

O venres 8 de febreiro finalizan as clases do primeiro cuatrimestre da Educación Secundaria de Adultos. Xa está aberto o plazo de matrícula para o segundo cuatrimestre.

As datas dos exames son:
Módulo científico: Luns 11 de febreiro, de 18:30 a 20:00 horas
Ámbito social: Luns 11 de febreiro, de 20:15 a 21:45 horas
Módulo Comunicación ESA III-A: Martes 12 de febreiro, de 18:30 a 20:00 horas
Módulo Comunicación ESA III-B e ESA IV: Martes 12 de febreiro, de 20:15 a 21:45 horas

Publicación das cualificacións provisionais da proba libre ESO - Convocatoria de setembro

Xa está publicada na paxina web da Consellería de Cultura, Educación e O.U. a listaxe de cualificacións provisionais da proba libre de ESO, da convocatoria de setembro 2018.

Enlace á paxina web

Distribuir contido


by Dr. Radut