Skip to Content

Avaliación e exames

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Diúrno e adultos. Convocatoria Ordinaria.

Xúntase o calendario de final de curso 2019/20 para 2º de BACHARELATO, para diúrno e adultos, convocatoria ordinaria.

Información ABAU 2020

Xa podedes consultar nos arquivos adxuntos e na web da CIUG información sobre a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas.

Páxina web da CIUG

Adaptación calendario de exames de pendentes maio 2020

Publicamos un calendario adaptado de exames de materias pendentes modificado pola situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19.(As materias pendentes son as materias que que ten suspensas un alumno do curso anterior, por exemplo, un alumno que está en 2º de bacharelato que ten suspensa unha materia de 1º de bacharelato; o un alumno de 2º de ESO que ten suspensa unha materia de 1º de ESO). 

 

Modelos de exames ABAU 2020

Xa podedes consultar na paxina da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) os modelos de exames para as probas ABAU que, se non hai cambios, celebraranse os días 7, 8 e 9 de xullo. Facilitamos o enlace aos modelos.

Modelos dos exames

Entrega de notas da 2ª avaliación

Estimadas familias e estimado alumnado.

Estamos vivindo unha etapa complicada, con medos e inquedanzas pero confiamos en que vos atopedes ben de saúde e con ánimos para seguir adiante.

Probas libres ESO 2020

O mércores 5 de febreiro saiu publicada no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

As datas de matrícula son:
Para a convocatoria de maio: do 16 ao 27 de marzo, ambos os dous incluídos.
Para a convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Ao alumnado co primeiro apelido entre a letra "M" e a letra "Z" correspóndelle a matrícula no IES Santa Irene.

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Cualificacións provisionais Probas Libres ESO - Setembro

Publicamos as cualificacións provisionais das probas libres da ESO realizadas o pasado 6 de setembro de 2019.

O prazo de reclamacións remata o día 19 de setembro ás 14:00 horas.

Os resultados definitivos estarán dispoñibles a partir do día 20.

Proba de avaliación inicial da educación secundaria obrigatoria de adultos (ESA)

A proba de avaliación inicial da Educación Secundaria de Adultos (ESA) no IES Santa Irene será na seguinte data, debendo acudir ao exame co Documento Nacional de Identidade (DNI).

Só deberán realizar esta proba as persoas que non podan acreditar requisitos académicos.

Data: xoves 19 de setembro de 2019.

Hora: 18.30 h

Lugar: Aula 10

Listaxes Definitvas Probas Libres ESO Setembro 2019

Publicamos as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluidas nas Probas Libres para a obtención do título de ESO que se celebrarán o venres 6 de setembro, no IES República Oriental de Urugai, rúa Coutadas nº 54 -36207 Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut