Skip to Content

Lecturas de medo e morte!

Textos de biblioferid@s para o Día da Biblioteca

Abecedario bibliotecario

24 O: Día das Bibliotecas

 "O día da luz"   Gonzalo Moure


moureVeño do deserto do Sáhara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiad@s saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que @s nen@s e @s moz@s do Sáhara poidan experimentar o gozo de sentar baixo a súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún "templo de silencio", senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorar mirando uns ollos por enriba do libro. Porque ao fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar onde se descobre ao outro, de papel ou de carne.

Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porquecartel fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións.

Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo.

Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para @s saharauís. Págaas a nosa sociedade civil, mediante soci@s adult@s, e mediante actividades solidarias nos colexios, institutos e bibliotecas. E @s alumn@s e lector@s que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a milleiros de nen@s, moz@s e adult@s que a fixeron posíbel co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lectora e lector saharauí ten ao seu carón a milleiros de lectoras e lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e lugar tan hostil.

Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén soñouna, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faite do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso "bibliobús". Que non haxa ningunha nena e ningún neno, moz@ ou adult@, que non roce a man dunha bibliotecaria que a aconselle, que o oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa ningún ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será.

Na túa man hai milleiros de mans, apertando a túa, acompañándote no camiño. Tenras ou con durezas, pequenas ou grandes. No libro que te agarda na mesa de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Mais todos preciosos. Conectados todos por un invisíbel fío de prata que une man con man, andel con andel, un fío inacabábel e luminoso. Inacabábel, e que así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir "O día da luz".

Feliz día, feliz século.

Outubro 2018

Ceiba de Luz
de
Manuel Lourenzo González


lourenzo   Ceiba de Luz,  premio Jules Verne de Literatura Xuvenil  2017, é a historia “dunha expedición arqueolóxica formada por dezaoito persoas, estudantes e especialistas de distintos ámbitos, que emprende unha viaxe por unha rexión inexplorada da Amazonía peruana á procura dos restos dunha primitiva cultura. Mais algúns dos seus membros teñen obxectivos propios, que van da cobiza pirata duns ao delirio místico doutros, o que converterá a viaxe, nun medio descoñecido e moitas veces inhóspito, nunha mera loita pola supervivencia.” (Manuel Lourenzo)

    Un par de horas despois, mentres uns xogaban ás cartas, outros cosían as súas roupas, ou escoitaban música nos seus móbiles, xa inútiles como teléfonos e algúns durmían placidamente, escoitáronse uns disparos ao lonxe, dos que deduciron que os cazadores tiveran sorte.ceiba
    Tras xuntaren leña abonda para o lume nocturno e esperar a que todo o mundo cumprise cunha nova sesión de aseo gratificante,  Sandra marchou en solitario a tomar o seu baño nun meandro un pouco afastado. Necesitaba algo de silencio para esquecer por un momento as súas responsabilidades e gozar da auga tanto como puidese. Espiuse e mergullouse. A auga estaba morna e moi limpa, era un auténtico pracer. Enxaboouse lentamente para volverse somerxer afundíndose canto daba de si o regato. Despois recostouse nunha rocha baixo un cadoiro. Durante longos minutos, deixou que o líquido correse sobre a súa pel. Saíu e foise tombar na herba, aínda cálida tras o día caloroso. Nalgún momento escoitou un ruído de follas que renxían. Púxose alerta e achegou a man ao coitelo que deixara preto, aínda que sen moverse do sitio. Como o ruído non se repetiu, foise relaxando. Logo secouse, vestiu roupa limpa e regresou ao campamento. Encontrouse coa sorpresa de que Bernardo e Elías cazaran un fermoso veado duns corenta quilos. Os mozos, dirixidos polo cociñeiro, xa o estaban a preparar para poñelo sobre o lume nun espeto tallado a machete por un hábil Hilario Arroyo. A muller sorriu con satisfacción e...

    Do mesmo autor, na biblioteca, tamén podes atopar os seguintes títulos: Tanis I o Mocos, Flor de area, Da Esfinxe, Noites de papel, Arqueofaxia, O que é a vida, Ela atopa un nome, No outono das fragas, Romería ás Covas do Demo, Veladas indecentes e Irmán do vento.

Outubro 2018

Fortuna

Por años, disfrutar del error
y de su enmienda,
haber podido hablar, caminar libre,
no existir mutilada,
no entrar o sí en iglesias,
leer, oír la música querida,
ser en la noche un ser como en el día.

No ser casada en un negocio,
medida en cabras,
sufrir gobierno de parientes
o legal lapidación.
No desfilar ya nunca
y no admitir palabras
que pongan en la sangre
limaduras de hierro.
Descubrir por ti misma
otro ser no previsto
en el puente de la mirada.

Ser humano y mujer, ni más ni menos.                                               

ida vitale

   Ida Vitale (Montevideo, 1923)
https://www.eternacadencia.com.ar/blog/libreria/poesia/item/tres-poemas-de-ida-vitale.html

co C de contos e co K de Kamishibai

Clausuramos o curso con moito conto e algúns kamishibais.

   
   
   
   

Grazas @s lector@s e @s ouvintes, @s da nosa casa polo seu bo facer e @s da veciña escola infantil pola súa sempre magnífica acollida. Para to@s Boas Vacacións!

Marchamos con lecturas para volver con lecturas

Remata o curso mais non as ansias de ler.
Nesta semana, grupos de 1º ESO están acudindo á escola infantil estremeira para seguir tendendo pontes coa lectura entre os máis novos.
Uns presentando contos adaptados, outros como madriñas ou padriños buscando afillad@s para compartir palabras escritas ou orais, tod@s ilusionad@s mentres dura a actividade e preguizos@s canto toca despedirse ata a próxima ocasión porque imos de vacacións pero volveremos...
Nos espazos interiores ou ao ar libre, acubillados do sol ou deixando que os seus raios aloumiñen os nosos corpos, quen quere marchar cando está connosco un particular boneco "Michelín legendum" que todo o le e a tod@s divirte?

   
   
   
   
   

Verán estación de cine

Biblioxornal 53



by Dr. Radut