Skip to Content

Muller e ciencia: feminino e plural

Muller e ciencia concordan en xénero, é o que nos demostra Las chicas son de ciencias.

Desde Agnodice, muller que tivo que colocarse a careta de home para poder alcanzar o

seu soño de ser médica ata a madrileña María Teresa Toral, química e farmacéutica

represaliada, pasando por Ángela Ruíz Robles, leonesa precursora do libro electrónico,

foron moitas as mulleres pioneiras que escribiron páxinas gloriosas no libro da ciencia.

A piques de rematar novembro, mes da ciencia na biblioteca escolar, recomendamos

esta lectura divulgativa para coñecermos mellor a contribución feminina á ciencia.

 

CÍVICO, Irene e PARRA, Sergio, Las chicas son de ciencias. 25 científicas que

cambiaron el mundo, (ilustrado por Nuria Aparicio), Penguin Random House,

Barcelona, 2018 (1ª ed., 3ª reimpresión), 115 pp.  

 

portada

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

RESUMO DO QUE FOI, DO QUE ACONTECEU, DO GRAN EQUIPO QUE SOMOS. 

E DENDE O IES SAN PAIO DICIMOS:

NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

13 poemas para o 25 de Novembro

25 novembro: Día internacional contra a Violencia contra a Muller

Mañá, venres, imos conmemorar un ano máis o Día contra a Violencia contra a Muller e -engadimos- contra os nenos e nenas das familias desas mulleres.

Despois de traballar nas titorías e en distintas clases, culminamos os actos deste día cunha representación de música e danza de alumnado de 4º ESO e 1º de Bach que terá lugar no SALÓN DE ACTOS no 1º recreo.

Durante toda a mañá poderemos ver o vídeo coas mensaxes do noso alumnado no recibidor do centro.

Ao término do 2º recreo, poderemos sentirnos a PEPA da historia que conta a socióloga Carmen Ruíz Repullo e decidir por onde queremos subir as escaleiras e cales son as consecuencias da nosa escolla.

Lecturas mariñás

Novembro 2018

Unha poesía para

unha celebración de defuntos


      Unha canción, unha oración,
    para os que seguen vivos
    polo amor.

    Porque teñen loitado
    e unha loita non morre,
    que é semente de vida
    que os que quedan recollen.

    Porque abriron camiños
    nas pedras e no lodo,
    e as feridas das súas mans
    están no noso recordo.

    Porque prenderon candiles
    que non deixamos apagar,
    alumean as nosas vidas,
    viven no noso cantar.

    Porque eles amaron
    e, ó mellor, non os deixaron amar,
    pode que por isto morreran
    e así connosco están.

    Porque imos polo mundo
    percurando a verdade,
    berrando xusticia e paz,
    e loitando pola irmandade.

              E os que non nos deixan VIVIR
              non saben
                        que o Amor non morre,
                        que temos Esperanza leda,
                        que cremos na túa Resurrección,
                        e que a MORTE tamén é VIDA.

    Por isto nós adicamos
    unha canción, unha oración,
    para os que seguen vivos
    polo amor.

 Lourdes Maceiras (Barcelona, 1955)

Novembro 2018

Si es amor, no duele
de
Pamela Palenciano e Iván Larreynaga

    Pamela ten noivo dende os 12 anos. Chámase Antonio, un rapaz do barrio dous anos maior que ela, e que  baila breakdance nun parque preto da súa casa. Antonio afasta a Pamela das súas amigas, insultaa diante dos seus colegas, violouna “con todo o amor do mundo” e tentouna matar en dúas ocasións.

   Na novela desmóntanse moitos dos tópicos do pseudoamor romántico,  que  ocorre cando  os desexos da moza o son porque son os da súa parella? Que pasa cando ela queda sen espazo para a súa propia vida?... porque o amor non debe restar, senón sumar, e moito menos debe absorberte ou anularte. Cunha linguaxe clara e sinxela, abórdanse estes temas á vez que a experiencia vital de Pamela convértese nunha especie de manual para desterrar a violencia machista e as relacións tóxicas e para decatarse de que non só son violencia e doen os golpes “tamén as palabras tanto ditas como escritas”

    ... cuando me hice novia de Antonio, algo sucedió en mí que hizo que quisiera verme y convertirme en una princesa fina, delicada, guapa y llena de colores rosas por todos lados. No sé... Me vino de repente, así como me dio aquel primer cosquilleo en el parque. Mi pelo tenía que estar impecable. Lo peinaba  y lo peinaba y lo peinaba y lo peinaba y lo peinaba. Descubrí la encantadora magia del pintalabios: “¡Me veo como de revista!”; y las uñas, y mis ojos que debían tener brillitos por todos lados; ¡y para dentro abdomen y fuera culo! En aquel entonces lo vi como “normal” . Me sentía toda una mujer, y eso me daba la seguridad de que le iba a gustar más a él. ¿Pero quién me había enseñado todo esto?
    Seguramente lo aprendí así como mi padre aprendió a decir la frase de “tranquila, cariño, que yo controlo”. Mi padre no controlaba nada... Pero nació en el “mundo de lo masculino”, en donde se aprende a pensar que se controla todo. Así como yo nací en el “mundo de lo femenino”, en donde valgo más por cómo me veo por fuera y no por todo lo que soy.
    Estas maneras “anticuadas” de verse a una misma o la forma en la que un chico debe verse a sí mismo las fui aprendiendo de mi entorno, de la televisión, de la música, de los anuncios publicitarios, de los consejos...

Lecturas de medo e morte!

Textos de biblioferid@s para o Día da Biblioteca

Abecedario bibliotecario



by Dr. Radut