Skip to Content


A CONTINUACIÓN APARECEN OS ENLACES PARA PODER VISUALIZAR OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN E PROMOCIÓN, ASÍ COMO OS PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DAS DIFERENTES MATERIAS QUE SE IMPARTEN NO IES RAMÓN CAAMAÑO NO CURSO 2019-2020. ESTES APARECEN REFERIDOS NAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DE CADA DEPARTAMENTO QUE PODEN CONSULTARSE NO CENTRO.

Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Ciéntífica (BiXe e CuCi)

Lingua Castelá e Literatura (LCeL) Cultura Clásica (CuCLa)

Educación Física (EF)

Física e Química (FQ) Francés (2Fr)

Lingua Galega e Literatura (LGeL)

Inglés (Ing) Investigación e tratamento da Información (ITI)

Latín (Lat)

Matemáticas (Mat) Música (Mus)

Educación Plástica Visual e Audiovisual (EPVeA)

Tecnoloxía (Tec) Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs)

Valores Éticos 1º e 4º 2º e 3º (Val Et)

Xeografía e Historia (XeHi)  


ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

 

Desde o 21 de Maio está aberto o prazo para que as familias podan realizar a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2018-2019.

A data límite de presentación de solicitudes é o 22 de Junio de 2018

Adxuntamos tres arquivos PDF onde está toda a información necesaria para realizar a solicitude:

 

- ORDE 09-05-2018 QUE REGULA A AXUDA FONDOLIBROS.pdfArquivo extenso coa Orde que regula a axuda.

- CIRCULAR INFORMATIVA FONDO LIBROS.pdfInformación breve e precisa dos requisitos e maneiras para presentar as solicitudes

- IMPRESOS FONDO LIBROS CURSO 2018-2019.pdfImpresos para realizar a solicitude de maneira presencial.

 



 

    CURSO 2021 - 2022

IES RAMÓN CAAMAÑO

   * HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS
PROFESOR/A MATERIA PRINCIPAL IMPARTE DIA HORA
Cristina Negreira  Lingua e Literatura Castelá (Titora 4º A)  luns  11:20 a 12:10
Vanesa Lestón Matemáticas  Luns  13:20 a 14:10
Marcos Beltrán Bioloxía  Martes  11:20 a 12:10
Berta Pazo Relixión  Mércores  9:20 a 10:10
Cristina Espiñeira  Música  Mércores  10:30 a 11:20
Maica Gesteiro Educación Física   Mércores  10:30 a 11:20
Verónica Paz  Física e Química (Titora 2ºA)  Mércores  12:30 a 13:20
Jenifer Espasandín Matemáticas (Titora 2º B)  Xoves  9:20 a 10:10
David Creus Educación Plástica e Visual (Titor 1º A)  Xoves   9:20 a 10:10
Alexandra Recarey Lingua Galega / Inglés   Xoves   10:30 a 11:20
Pilar Mirón Inglés   Xoves  11:20 a 12:10
Pablo Martínez Orientador  Xoves  11:20 a 12:10
Monica Cacheiro Tecnoloxía (Titora 3º A)  Xoves  12:30 a 13:20
Alfonso Rodríguez  Xeografía e Historia   Xoves  12:30 a 13:20
Arántzazu Caamaño Francés  Xoves  13:20 a 14:10
Teresa Conde  Lingua e Literatura Castelá  Venres   9:20 a 10:10
Mar Ramos  Lingua e Literatura Galega  Venres  9:20 a 10:10
Silvia Graíño  Mestra de Pedagoxía Terapéutica  Venres              9:20 a 10:10
* Esta táboa representa o cadro horario  de atención ás familias por parte de cada profesor/a. Para que a atención ás mesmas se faga dunha maneira ordenada, individualizada e coa suficiente información sobre o alumnado é preciso que as familias se poñan en contacto con suficiente antelación ben con profesor (se a consulta é sobre unha materia en concreto) ou co titor/a (se a información demandada é de carácter xeral).

 

 



FORMULARIO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA CURSO 2018-2019

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA CURSO 2018-2019



PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PRODECENTE DE CENTROS ADSCRITOS.

RESERVA DE PRAZA CURSO 2018-2019

Desde hoxe 21 de Febreiro de 2018 facemos pública a listaxe de alumnado procedente de centros adcritos admitidos na reserva de praza no noso centro para o vindeiro curso 2018-2019. Este documento pode descargarse en PDF a través desta ligazón.



BENEFICIARIOS DE CHEQUES DE MATERIAL E FONDO LIBROS PARA O CURSO 2017-2018

- LISTAXE DE BENEFICIARIOS DE CHEQUES DE MATERIAL

* Os beneficiarios do cheque de material poderán pasar a recollelo a partir do día 13 de setembro

- LISTAXE DE BENEFICIARIOS DO FONDO DE LIBROS

* Os libros de texto correspondentes repartiranse a cada alumno no centro a partir do día 15 de setembro

 

Durante todo o mes de setembro permanecerán expostas no taboleiro da conserxería e publicadas na páxina web do centro para Consulta e/ou Reclamación, as listaxes definitivas dos cheques para material e das axudas para libros de texto.



 

INAUGURACIÓN DO CURSO 2017 - 2018

PRESENTACIÓN

 

Este venres 15 de setembro inauguramos formalmente o curso académico 2017 - 2018 cunha presentación no Salón de Actos do instituto.

PRESENTACIÓN

 

LUGAR: Salón de Actos do Instituto

HORA: 11:00 a 13:00

CONVOCADOS: todo o alumnado e profesorado do centro

 

O acto comezará ás 11:00 cunha presentación na que se describirán as carácterísticas e liñas principais do presente curso académico, onde se presentará ó alumnado a nova Equipa Directiva e o profesorado que vai impartir docencia, e os titores/as dos diferentes grupos.

A continuación os titores/as irán chamando ó alumnado correspondente e subirán as aulas con eles onde recibirán información máis detallada do curso (horarios, normas, etc...)

Por último, ó redor das 12:30, e unha vez rematada a sesión co titor/a, baixarán o patio e esperarán a chegada dos buses que os levarán de volta a casa.

As clases no seu horario completo comezarán o luns 18 de setembro ás 08:30 da mañá.

 

*TRANSPORTE: O venres 15 de setembro, dado que a presentación é ás 11 da mañá, os autobuses pasarán polas paradas cunha cadencia horaria similar á do resto do ano pero tendo conta que en lugar das 08:30 é ás 11:00 (Entre 30 e 40 minutos de antelación nas paradas)

 

 



CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO, ENTREGA DE NOTAS E PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017 - 2018

(AVISO IMPORTANTE: MODIFICACIÓN PRAZO MATRÍCULA DE SETEMBRO)

 

Despois do período de exames da Convocatoria Extraordinaria de setembro (días 1 e 4) e das sesións de avaliación (día 5), os titores farán a entrega de notas ó alumnado o día 6 de setembro en horario de 11:00 a 12:00 horas nas aulas correspondentes ós diferentes niveis e grupos.

Por outra banda, ese mesmo día 6 dará comezo o período de matrícula para o alumnado que se examinou en setembro. O prazo para tramitala finalizará o día 8 do mesmo mes.

 

Entrega Notas Convocatoria Extraordinaria Setembro 6 de setembro de 11:00 a 12:00
Prazo Matrícula Setembro do 6 ó 8 de setembro

 

* Recordar que á hora de formalizar a matrícula de setembro deben entregarse os libros do curso anterior.



NOVA LISTAXE CORRIXIDA Os beneficiarios de cheques para a compra de material escolar poderán vir recollelos ó centro ata o 28 de Xullo de 2017.



Ábrese un prazo de revisión e reclamación desta listaxe. Calquera erro ou omisión deberá ser notificado ó centro desde o 17 ata o 21 de Xullo de 2017.



Relación de libros de texto do IES Ramón Caamaño para o vindeiro curso 2017/18

* Nota importante: Esta é unha listaxe provisional susceptible de cambios. Non mercar ata setembro.

Cambio en relación á primeira listaxe publicada: En 1º ESO o libro de EPVeA decidirase en Setembro.



  • As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar no centro educativo as correspondentes solicitudes.

 

  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

 

         Máis información:

               - Na seguinte ligazón

               - Nos adxuntos.

  

   



Información ao alumnado e ás familias:

 

A) Normativa reguladora do procedemento de admisión: (ver adxuntos)

 

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado (DOG do 26/12/2012).

  • Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG do15/03/2013), modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017(DOG do 01/02/2017).

 

B) Postos escolares ofertados:

 

 

Curso

Número prazas

ofertadas

Número

permanencias

Número de

solicitudes de

reserva asignadas

Número de

vacantes

ESO

 

60

(6 para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo)

 

 

 

 

 

 

 

33

 

27

 

ESO

 

60

 

 

41

 

 

19

ESO

 

30

 

 

28

 

 

2

ESO

 

30

 

 

26

 

 

4

 

C) Prazo de presentación das solicitudes de admisión: Do 1 ao 20 de marzo

 

 

Documentación que se deberá achegar:

 

  • Anexo II de solicitude cuberto e asinado (consta de 5 páxinas). Pode recollerse o formulario na secretaría do centro ou descargalo da páxina web do centro.

A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma

electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

  • Copia do DNI ou páxina do libro de Familia do alumno/a.

  • Certificado de matrícula do curso actual (emitido polo XADE)

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se fose o caso.

 

D) Nota informativa:

 

1º Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en

primeiro lugar, e a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

2º O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro

distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto

deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de

admisión.

 

E) Calendario:

 

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 21 de abril.

 

  • Reclamación ás listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 24-28 abril.

 

  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: 12 de maio.

 

F) Prazo para formalizar a matrícula (anexo III):

 

  • Formalización da matrícula ordinaria (os que aproben todo en xuño): 27 de xuño ao 10 de xullo.

 

  • Formalización da matrícula extraordinaria (os que aproben en setembro): 1-11 de setembro.

 

G) Centros adscritos:

 

  • CEIP dos Muíños.

  • CEIP de Vilarmide – Eduardo Noya

 

 

H) Servizos complementarios:

 

Seis Rutas de transporte escolar.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut