Publicouse a Resolución provisional de axudas para cheque escolar.
O listado de alumnado que foi e non foi admitido está publicado no taboleiro do centro.
A Consellería estableceu dous días para presentar reclamacións.
Os únicos motivos de exclusión nesta listaxe foron os quese relacionan a continuación:
• Motivos de renda (22)
• Non cursar ESO no curso 22 23 (2)
• Non presentar presencialmente o impreso de solicitude asinado. (1)
A listaxe definitiva publicarase o 22 de xullo. As familias poden pasar a recoller o seu vale no centro escolar entre as 10:00h e as 12:00 desde 22 ao 29 de xullo, agás sábado e domingo. Os que non se recollan nestas datas entregaranse en setembro.
POR MOTIVOS DE CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS NON PODEMOS PROPORCIONAR INFORMACIÓN TELEFÓNICA SOBRE AS LISTAXES.