Skip to Content

Pagina nueva 1

AXUDASLE: Listaxe provisional alumnado admitido e suplente

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Onte, día 3 de xuño foi publicada a listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24):

Listaxe definitiva e suplentes de 1º BACHARELATO

Listaxe definitiva e suplentes de 2º BACHARELATO

Toda a información sobre as listaxes definitivas e o procedemento a seguir téndelo na aplicación AXUDASLE da Xunta de Galicia no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Unha vez realizadas as probas por parte do alumnado de 2º de ESO, pasamos á fase de recollida de información mediante os cuestionarios de contexto dirixidos ao alumnado e ás súas familias. Tes toda a información neste enlace.

OBRADOIRO USO SEGURO DO MÓBIL

Obradoiro sobre o uso responsable dos móbiles para pais e nais de menores adolescentes o 11 de marzo ás 18:30 horas no salón de actos do instituto.

Cómpre anotarse telefonicamente.

Baremo de admisión para o BACHARELATO

CRITERIOS ADMISIÓN BACHARELATO

CRITERIOS

PUNTOS

Existencia de irmás/irmáns no centro

Por 1 irmá/n

8

Polo segundo e sucesivos

2 por cada un (max. 14)

Por proxenitor/a traballador/a do centro educativo

3

Por proximidade do domicilio familiar ao centro

Se o domicilio familiar se atopa na área de influencia do centro

8

Se o domicilio familiar se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro

4

Se o domicilio familiar se atopa noutras áreas

0

Pola proximidade do lugar de traballo ao centro

Lugar de traballo da nai/pai ou titores, situado dentro da área de influencia do centro

6

Lugar de traballo da nai/pai ou titores, situado dentro nas áreas limítrofes á área de influencia do centro

3

Lugar de traballo da nai/pai/titores , situado outras áreas

0

Por condición de familia numerosa

Por familia numerosa de categoría especial

3

Por familia numerosa de categoría xeral

2

Por condición de familia monoparental

2

Por condición de vítima de violencia de xénero/terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar

2 puntos

Por irmáns nados dun parto múltiple

(se solicita o mesmo centro)

Dous: 8

Mais dous: 10

Por renda per cápita da unidade familiar (valorada con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples IPREM (ano 2020: 6.454,03.-€)

Cantidade inferior a 0,5 veces o IPREM

3

Cantidade igual ou superior a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREN

2

Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM

1

Ingresos iguais ou superiores ao IPREM

0

Por discapacidade (máx. 4puntos)

Da alumna ou alumno

4

Dalgún dos proxenitores/titores

3

Dalgún irmán/irmá do alumnado

1 por cada un

Valoración do expediente académico (só bacharelato)

Nota media 3º ESO - Sobresaliente

2

Nota media 3º ESO - Notable

1

Nota media 3º ESO – Ben

0,5

Criterio complementario do centro: (máx. 1 punto) aprobado no Consello Escolar en data 24 de febreiro de 2015.

Por proxenitor/a, irmán/irmá antigo alumno do centro

1 punto

 

UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

Este ano, dende o Equipo de Dinamización Lingüística, sumámonos ao proxecto #aquítaménsefala, do IES Rafael Dieste de Coruña. Queremos "romper os prexuizos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galicia que non fala galego", como ben indican na propia web desta campaña.

Por eso mesmo, o luns 26 de febreiro comezaremos con... ✨UNHA SEMANIÑA ENTEIRA✨. Unha iniciativa lanzada desde os institutos de Redondela na cal teremos como reto falar galego as 24 horas durante unha semana enteira.

Non te perdas a oportunidade e achégate nos recreos ás actividades que estamos facendo. 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2024

Publicada a Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en rexime de concorrencia competitiva.

PERÍODO DE MATRICULACIÓN PERSOAS ADULTAS

O período de matriculación de persoas adultas para o curso 2024-25 desenvolverase entre o 2 e o 10 de setembro para os niveis I e III (1º cuadrimestre) no horario de secretaría de 9:30 a 13:30 horas.

Biblioteca

A biblioteca do Floriani, que forma parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) desde o ano 2010, é un espazo aberto a todos os membros da comunidade escolar, un espazo de intercambio de ideas, de traballo en equipo, de lecturas, de xogos, de vivencias, de proxectos… un microcosmos inclusivo e acolledor onde non sobra ninguén.

 

Ademais do espazo da propia biblioteca, recentemente reformado, este ano púxose en marcha no primeiro piso do edificio principal unha “aula do silenzo” durante os recreos, para que as persoas que queren estudar o poidan facer máis comodamente.

 

En canto aos recursos materiais, na biblio contamos cunha ampla colección de fondos, que se renova ano a ano con novas incorporacións. Na súa meirande parte está formada por libros, pero tamén podes atopar xogos, películas, publicacións periódicas...

 

- Se queres consultar o noso catálogo pincha AQUÍ. Ademais, accedendo  coas túas claves podes xestionar os teus préstamos e facer suxestións de compras, entre outras cousas.

 

- Como membros do PLAMBE, a Asesoría de bibliotecas pon á nosa disposición o programa ELBE 2 de préstamo de libros dixitais, con máis de 3000 títulos dispoñibles. Todo o alumnado do centro, así como profesorado e persoal non docente, dispón das claves para acceder. Se tes dúbidas ou precisas axuda, pasa pola biblioteca.

 

- ¿Queres seguir as nosas novidades? Sigue o noso blog: Bibliofloriani 

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir material escolar 2024-2025

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir material escolar 2024-2025

O 21/05/2024 abre o prazo de solicitudes para a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as axudas para material para o vindeiro curso 2024/25 (ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 96 do 20 de maio de 2024).

Prazo de presentación de solicitudes:

- Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (este incluído)

Enlace a páxina de solicitudes:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto (E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables co certificado ou volante de convivencia.

Contía das axudas

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será a seguinte:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Así mesmo, a aplicación informática Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros) permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

RECLAMACIÓNS DE CUALIFICACIÓNS CURSO 2023/2024

As reclamacións ás cualificacións das avaliacións finais levaranse a cabo de acordo co disposto na normativa vixente para cada unha das ensinanzas impartidas no instituto:

 

 

Convocatoria ordinaria 2º bacharelato

Trámites e actuacións

 

Prazo

 

 

Revisión no centro

Solicitude revisión no centro das cualificacións finais

20 e 21 de maio de 2024

Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada

Data límite:

22 de maio de 2024

 

 

 

Reclamación ante a

Dirección

Territorial

Solicitude de reclamación ante a Dirección Territorial

(se persiste o desacordo)

 

23 e 24 de maio de 2024

Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Dirección Territorial

 

Data límite:

24 de maio de 2024

Envío de expediente á Dirección Territorial (a través da sede electrónica)

Data límite:

27 de maio de 2024

 

  • No caso de 2º de Bacharelato e pendentes de 1º de Bacharelato, o calendario de reclamacións na convocatoria EXTRAORDINARIA é o seguinte:

 

 

Convocatoria extraordinaria 2º bacharelato

Trámites e actuacións

 

Prazo

 

 

Revisión no centro

 

Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais

 

17 e 18 de xuño de 2024

Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada

Data límite:

19 de xuño de 2024

 

 

 

Reclamación ante a

Dirección

Territorial

Solicitude de reclamación ante a Dirección Territorial

(se persiste o desacordo)

 

20 e 21 de de xuño de 2024

Comunicación a inspección educativa da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Dirección Territorial

 

Data límite:

21 de xuño de 2024

Envío de expediente á Dirección Territorial (a través da sede electrónica)

Data límite:

24 de xuño de 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut