O xoves 19 de decembro de 2019 na sala de Usos Múltiples o alumnado de 1º da ESO do IES de Pastoriza tivo a sorte de asistir á primeira presentación do libro Quen salva un can do escritora Érica Esmorís.
O alumnado non só participou como espectador mais tamén lle realizou á autora unha serie de preguntas que elaborou tras a lectura do libro mostrando un grande interese polas incógnitas da novela. Finalmente a autora fixo unha sinatura de libros para todas as persoas interesadas.
Grazas Érica polo teu bo facer!