Skip to Content

IV TORNEO DE XADREZ IES DE PASTORIZA

Na semana do 16 ao 20 de abril disputouse o IV Torneo de Xadrez IES de Pastoriza, arbitrado por Óscar de Prado, un dos xogadores de xadrez máis prestixiosos de Galicia, presidente do Club de Xadrez Arteixo, campión a nivel estatal e divulgador e promotor desta disciplina.

Rematou o IV Torneo de Xadrez IES de Pastoriza.

Este curso, como nos certames anteriores, a emoción viviuse até o final.
 
As partidas estiveron moi reñidas, o nivel era moi alto e os participantes pelexaron polo seu título durante todo o torneo.
 
Os premios recaeron en: 
  • 1º Premio: Artai Duarte Prieto
  • 2º Premio: Franco del Villar Dufour 
  • 3º Premio: Gabriel Edreira García.
  • 3º Premio ex aequo: Sabela Albariño González e  Adrián Barbosa Senín
 Parabéns aos gañadores  e a todos os participantes, e moitas grazas a Óscar de Prado pola súa arbitraxe. 

Achegamos unhas fotos do evento.

 


page | by Dr. Radut