Skip to Content

Coñece a Formación Profesional Básica (FPB)

A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.

Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas, que ten tanto valor académico como profesional. Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio.

Familias profesionais preferentes desde ciclos de formación profesional básica. 

Que hai que facer para matricularse?

Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.

A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido.

Cal é o período de admisión na FP básica?

Calendario de admisión curso 2017-2018

Onde podo cursar un ciclo formativo básico?

Na seguinte ligazón poderá consultar un resumo da oferta formativa na localidade de                A Coruña e arredores. AQUÍ

A continuación poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) en toda Galicia para o curso 2017-2018:

Na seguinte ligazón poderá consultar un resumo da oferta formativa na localidade de    A Coruña e arredores.AQUÍ

 



page | by Dr. Radut