Skip to Content

Canle de FP Galicia en Youtube

Nestes días sodes moitos e moitas os que vos estades achegando ó Departamento de Orientación a pedir información sobre Ciclos Formativos.

Como sabedes, hai folletos informativos sobre as distintas familias profesionais á vosa disposición. E non deixedes de vir a compartir as vosas dúbidas!

Pero se cadra non sabiades que a Formación Profesional de Galicia ten a súa propia canle en Youtube, con vídeos moi interesantes sobre cada familia profesional. Neles, alumnas e alumnos coma vós contan a súa experiencia nos distintos ciclos.

Aquí tedes o enlace á canle.

E este é un vídeo moi interesante dos moitos que teñen, no que nos explican como se fomenta o espírito emprendedor no alumnado de FP a través do programa FPPlus:



page | by Dr. Radut