Skip to Content

Ela é unha Astrónoma

No marco das actividades de Astronomía que estamos a realizar no ámbito científico-técnico, quixemos recuperar a magnífica exposición elaborada en 2009 con motivo do Ano Internacional de Astronomía. Co título Con A de Astrónomas e a través de 13 paneis, poderemos facer un percorrido polo Sol, o sistema solar, as estrelas, as galaxias... o universo, á vez que coñeceremos as achegas de moitas das astrónomas que fixeron importantes contribucións nesta ciencia. O punto de vista é nesta ocasión o das mulleres que pasaron e pasarán á historia a través do seu traballo. Co noso recoñecemento a todas elas queremos conmemorar o 8 de Marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora.

 

amct

Os diferentes paneis que conforman a exposición poden descargarse en diferentes calidades e idiomas a través da web do AIA 2009

 



page | by Dr. Radut