CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2017

O día 21 de marzo celebramos no IES O Mosteirón o día da árbore plantando un "Quercus Palustris", que é unha tipo de carballo. Esta actividade ten como finalidade concienciar á comunidade educativa da importancia das árbores na loita contra o cambio climático.

A actividade foi posible gracias á colaboración económica da ANPA "Virxe do Carme" do IES O Mosteirón a cal recibe a través do Concello de Sada unha subvención para realizar actividades complementarias e extraescolares nos centros educativos.

 
   
Alumna de 1º de ESO axudando a plantar o carballo.    

 

MOSTEIRÓN NO PROGRAMA NÁUFRAGOS DA TVG

 

 

"En moitos naufraxios a herdanza dos fillos e fillas do mar era a orfandade. En Galicia creáronse dous colexios para atender os orfos e orfas dos mariñeiro. Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada, e os nenos ían ao colexio de Panxón, no concello de Nigrán."

 

 

Na maioría dos casos era imposible para as nais viúvas, por non ter ingresos, manter os fillos, co que non tiñan máis remedio que envialos a internados que auspiciaba o Estado, coa ríxida educación dos anos 40.

O equipo de “Náufragos”, dirixido por X.H. Rivadulla Corcón, entrevistará catro ex-alumnas do colexio de Mosteirón e catro ex-alumnos do colexio de Panxón. Testemuños arrepiantes, de traxedia e separación familiar, mesturaranse con historias amenas e divertidas cando a amizade entre os internos era o único xeito para sobrevir afectivamente.

Fonte da información: páxina da TVG

ENLACE Á PÁXINA DA TVG  

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

VIAXE DE ESTUDOS 4º ESO

                                                                                          CURSO 16-17
 
O alumando de 4º de ESO viaxou dende o 26 até o 31 de marzo a Sevilla e Granada. A viaxe tivo carácter fundamentelmente lúdico-cultural e contemplou visitas a: casco histórica de Sevilla, Doñana, Alhambra, Parque das Ciencias (Granada), etc. Como vedes hai onde elixir. Parabéns a tod@s os afortunados por participar nesta experiencia inesquecible! Esta viaxe de estudos conta coa colaboración económica do Concello de Sada a través da subvención que recibe a ANPA e o centro educativo para a realización das actividades complementarias e extraescolares.
 
       
No aeroporto da Coruña
  En Sevilla
 
       
       
Na Alhambra
  En Granada  

 

Guardar

REPORTAXE NO PAÍS SOBRE A NOSA EXPERIENCIA NO PROXECTO CINED

O noso instituto foi obxecto dunha reportaxe realizada polo períodico de ámbito estatal EL País, debido á nosa participación no proxecto CINED de cooperación europea.  Podedes lela premendo neste enlace 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

A celebración do Entroido non impediu que lembrasemos a Rosalía de Castro no seu día, cando se cumpren 180 anos do seu nacemento.  A Esperela e o Departamento de Galego están facendo presente á poeta en todos os recantos do instituto. Mirade...
 
 

 

VISITA Á BIBLIOTECA RIALEDA

O alumnado de primeiro visitou o pasado día 22 de febreiro a Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Foi unha actividade moi completa: historia e distribución do edificio e os xardíns, funcionamento, fondos, catalogación e unha sesión de contacontos con Ramiro Neira. Para ver as fotos visita o blog da biblioteca Esperela.

ENTROIDO 2017

Quedan aquí algunhas imaxes do Entroido deste ano 2017. Coma sempre foi unha festa moi divertida, chea de creatividade e con grandes actuacións! Parabéns aos que a fixeron posible!

 

VISITA AO CENTRO DE ANDREA MACEIRAS

Hoxe recibimos no instituto a Andrea Maceiras, que mantivo un coloquio co alumnado de 4º e ESO sobre o seu libro Europa Express, lido por este grupo.

Máis información no blogue do Departamento de Lingua Galega e no da Biblioteca A Esperela

PREMIOS NO CONCURSO "AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS"

 

Hoxe, 14 de febreiro, entregáronse os premios do concurso de microrrelatos convocado desde a biblioteca do centro. Nesta fotografía pódense ver os gañadores cos seus premios. Moitos parabéns!  Máis información aquí

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

Comezan de novo este curso  os apadriñamentos lectores.Esta actividade promovidas desde a biblioteca A Esperela consiste en ir ás aulas de educación infantil do CEIP, con alumnado voluntario de cuarto de ESO, e contar contos de forma individual aos cativiños. É realmente bonito ver aos rapaces máis grandes provocando a emoción dos cativiños!

Ver as fotos aquí

Distribuir contido