VISITA AO PARQUE EÓLICO "SOTAVENTO"

 
Aeroxerador   Sotavento 16-17 2º ESO
 

VISITA A SOTAVENTO

IES O MOSTEIRÓN

CURSO 16-17

 

 
 
 
 
     

O ALUMNADO DE 2º DE ESO DO IES O MOSTEIRÓN PARTICIPOU O 3 DE MAIO NUNHA VISITA DIDÁCTICA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO, SITUADO NO CONCELLO DE XERMADE (LUGO). A ACTIVIDADE FOI ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA E TEN COMO FINALIDADES PRINCIPAIS: O COÑECEMENTO DAS CARACTERÍSTICAS DUNHA VIVENDA BIOCLIMÁTICA, A CONCIENCIACIÓN NO AFORRO ENERXÉTICO NO FOGAR, E A PRODUCIÓN DE ELECTRICIDADE POR MEDIO DA ENERXÍA EÓLICA.

VISITA Á LIBRARÍA MOITO CONTO

Anticipando a celebración do  Día do Libro, desde a biblioteca do instituto organizouse unha visita  do alumnado de 3º de ESO á  libraría  "Moito Conto". A idea era que os rapaces e rapazas  gozasen do contacto cos libros   e tivesen a posibilidade de escoller e mercar os que eles  quixesen para a biblioteca do centro. Mercáronse 36 títulos con temáticas moi variadas que pasarán a formar parte do inventario da nosa biblioteca. 

Máis información no blog da biblioteca

 

ABALAR MÓBIL EN FASE DE PROBAS

A APLICACIÓN PARA SMARTPHONES ABALAR MÓBIL ESTARÁ EN FASE DE PROBAS NESTE CENTRO EDUCATIVO ATÉ FIN DE CURSO. PODERÁ UTILIZARSE PARA: XUSTIFICAR AS FALTAS DO ALUMNADO, PEDIR CITA CO TITOR/A DO GRUPO, VER AS CUALIFICACIÓNS DO ALUMNADO.

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS TEÑEN UN MANUAL NO QUE SE EXPLICA COMO DESCARGAR A APLICACIÓN E AS FUNCIONALIDADES BÁSICAS DESTA.

III EDICIÓN DE "RECREOS" CON XADREZ

 
 
 

 

 

Dende  o  26  de  abril até o 5 de maio celebramos no

IES  O Mosteirón

III  edición  de recreos con xadrez para o

alumnado de ESO. 

 

 

 

        torre                                                 

A actividade  está  organizada

polo   EDLG e  inclúe asemade

unha exposición de cartaces con información

sobre o xadrez na Literatura e os campións do mundo     

 

 

 alfil

 

 

RTORNEO

DO 26 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

 

 

 raíña

 

 

 

 

 

 cabalo

 

  

 

   rei

AVISO PARA OS USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

NO ARQUIVO ADXUNTO TEÑEN Á SÚA DISPOSICIÓN O COMUNICADO REMITIDO AO IES O MOSTEIRÓN POR VIAQUA TRAS A RECLAMACIÓN PRESENTADA POR ESTE CENTRO EDUCATIVO EN RELACIÓN Á IDONEIDADE DA AUGA DO COMEDOR ESCOLAR. NO ESCRITO INFÓRMASE DE QUE "NON FOI NECESARIO DECLARAR A AUGA NON APTA PARA O CONSUMO" DURANTE OS DÍAS 5, 6 e 7 de ABRIL, A PESARES DO AUMENTO DA TURBIDEZ DESTA.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2017

O día 21 de marzo celebramos no IES O Mosteirón o día da árbore plantando un "Quercus Palustris", que é unha tipo de carballo. Esta actividade ten como finalidade concienciar á comunidade educativa da importancia das árbores na loita contra o cambio climático.

A actividade foi posible gracias á colaboración económica da ANPA "Virxe do Carme" do IES O Mosteirón a cal recibe a través do Concello de Sada unha subvención para realizar actividades complementarias e extraescolares nos centros educativos.

 
   
Alumna de 1º de ESO axudando a plantar o carballo.    

 

MOSTEIRÓN NO PROGRAMA NÁUFRAGOS DA TVG

 

 

"En moitos naufraxios a herdanza dos fillos e fillas do mar era a orfandade. En Galicia creáronse dous colexios para atender os orfos e orfas dos mariñeiro. Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada, e os nenos ían ao colexio de Panxón, no concello de Nigrán."

 

 

Na maioría dos casos era imposible para as nais viúvas, por non ter ingresos, manter os fillos, co que non tiñan máis remedio que envialos a internados que auspiciaba o Estado, coa ríxida educación dos anos 40.

O equipo de “Náufragos”, dirixido por X.H. Rivadulla Corcón, entrevistará catro ex-alumnas do colexio de Mosteirón e catro ex-alumnos do colexio de Panxón. Testemuños arrepiantes, de traxedia e separación familiar, mesturaranse con historias amenas e divertidas cando a amizade entre os internos era o único xeito para sobrevir afectivamente.

Fonte da información: páxina da TVG

ENLACE Á PÁXINA DA TVG  

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

VIAXE DE ESTUDOS 4º ESO

                                                                                          CURSO 16-17
 
O alumando de 4º de ESO viaxou dende o 26 até o 31 de marzo a Sevilla e Granada. A viaxe tivo carácter fundamentelmente lúdico-cultural e contemplou visitas a: casco histórica de Sevilla, Doñana, Alhambra, Parque das Ciencias (Granada), etc. Como vedes hai onde elixir. Parabéns a tod@s os afortunados por participar nesta experiencia inesquecible! Esta viaxe de estudos conta coa colaboración económica do Concello de Sada a través da subvención que recibe a ANPA e o centro educativo para a realización das actividades complementarias e extraescolares.
 
       
No aeroporto da Coruña
  En Sevilla
 
       
       
Na Alhambra
  En Granada  

 

Guardar

REPORTAXE NO PAÍS SOBRE A NOSA EXPERIENCIA NO PROXECTO CINED

O noso instituto foi obxecto dunha reportaxe realizada polo períodico de ámbito estatal EL País, debido á nosa participación no proxecto CINED de cooperación europea.  Podedes lela premendo neste enlace 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

A celebración do Entroido non impediu que lembrasemos a Rosalía de Castro no seu día, cando se cumpren 180 anos do seu nacemento.  A Esperela e o Departamento de Galego están facendo presente á poeta en todos os recantos do instituto. Mirade...
 
 

 

Distribuir contido