Presentación
CELEBRACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o día internacional da discapacidade, con este motivo no noso centro educativo realizamos unha actividade no día de hoxe para sensibilizar ao alumnadao sobre a problemática que poden ter as persoas que sofren algún tipo de discapcidade motórica, auditiva, visual..., tratando de que vivenciaran o que poden sentir estas persoas no que atinxe ao seu desprazamento polos espazos e edificacións, interaccións sociais e funcionamento social.

Obradoiros Plan Director
Estanse a celebrar neste mes e no seguinte os obradoiros correspondentes ao Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.
Estes relatorios están impartidos por persoal da Garda Civil formado nas temáticas que se van a desenvolver en todos os cursos da ESO relacionadas coa Violencia de Xénero, Acoso Escolar e Novas Tecnoloxías.
Dita colaboración educativa estase a levar adiante dende hai xa varios cursos e as experiencias e resultados dos mesmos están a ser moi positivas.
INFORMACIÓN XERAL E ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO
HORARIO DE ATENCIÓN D.O.:
-
Os luns de 10:30 a 14:0 h e de 16:10 a 17:00h
-
De martes a xoves de 9:20 a 12:30 h.
-
Os venres de 10:30 a 12:30 h.
• Nos recreos proporcionarase información puntual ao alumnado.
CANDO PEDIR AXUDA AO ORIENTADOR/A?
Se es pai/nai/titor/titora: Cando precises información, asesoramento, ou aclarar dúbidas sobre a educación do teu fillo/a. Sempre se concertará a cita a través do titor/a.
Se es alumno/a: Cando vexas que non rendes o suficiente. Cando os nervios te trastornen. Cando queiras que te axuden a solucionar determinados problemas persoais ou de relación cos compañeiros/as. Cando queiras información sobre os estudos, saídas laborais, notas de corte...
Se es profesor/a: Cando queiras que colabore na preparación de titorías, organización de charlas entrevistas ou valoración dun alumno/a.
ACTIVIDADES ORGANIZADAS (CURSO 2014-2015)
Educación Financeira (Instituto de Estudios Financieros). Dirixido ao alumnado de 4º de ESO. Data 27 e 30 de outubro, 6 e 10 e 13 de novembro.
PROXECTO ANOCA (EPAPU TEIXEIRO). Dirixido a todo o centro. Data 25 de novembro
"Plan director para a convivencia..." (NOVAS TECNOLOXÍAS). Dirixido ao alumnado de 1º de ESO. Data: 26 de xaneiro.
"Plan director para a convivencia..." (ACOSO ESCOLAR). Dirixido ao alumnado de 2º de ESO. Data: 22 de xaneiro.
"Plan director para a convivencia..." (DROGAS E ALCOHOL). Dirixido ao alumnado de 1º de ESO. Data: 9 de febreiro.
"CICLOS DE VIDA ADOLESCENTE (QUEROTE+)". Dirixido ao alumnado de 3º de ESO. Data 28 de xaneiro, 2 e 7 de febreiro.