Novas de Interese

Galicia: para vivírmola

O alumnado de 3º.B que está a seguir o programa de diversificación curricular "Galicia: para vivírmola", dentro do ámbito lingüístico e social, realizou a exposición "A Torre e o Xardín de Hércules". Entra nos documentos adxuntos e visita a Torre milenaria, Patrimonio da Humanidade.

8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O 8 de marzo de cada ano está dedicado á MULLER (con maiúsculas). Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón queremos contribuír cunha pequena e modesta exposición sobre este día tan sinalado coa reprodución de viñetas de Xosé Lois protagonizadas polo "Carrabouxo".

NOVAS DA LINGUA

 
Nesta sección iremos colgando calquera nova que desde o ENDL nos pareza importante para a normalización e a dinamización da lingua galega. Ademais, mentres non haxa novidades pola nosa parte, podedes mantervos ao día sobre as novas en materia de lingua consultando periodicamente as páxinas que enlazamos a continuación:
Distribuir contido