Festa de Magosto
Este luns día 30 de outubro pola tarde, terá lugar a festa do Magosto no noso centro. Para celebrar este evento faremos castañas asadas e unha actividade de Samaín organizada polo alumnado de 4º de ESO. Os cartos que se recaden con estas actividades destinaranse integramente á excursión de fin de curso de 4º.
Agradecemos de antemán a colaboración de toda a comunidade educativa.
Cambio no menú escolar
Debido a folga de estudantes convocada para o día 26 de outubro e para realizar unha mellor xestión dos productos de cociña, farase un cambio no menú do comedor escolar, rotaranse os menús do día 26 polo do 27. Deste xeito, o día 26 servirase o menú previsto para o día 27, e o 27 servirase o que estaba programado para o 26. Moitas grazas pola vosa comprensión.
Día de acollida familias-titores/as
O 25 de setembro terá lugar no noso centro o día de acollida para familias. Será as 18:00h para 1º e 2º de ESO, e as 18:30h para 3º e 4º. Agardámosvos a tod@as.
Digital Week
O IES O Mosteirón é un dos centros elixidos na resolución definitiva para participar no programa “Digitalweek” de inmersión lingüística en Inglés, que solicitamos para 4º ESO. Son 22 alumnos/as os que poden optar a realizar esta actividade durante unha semana de xeito totalmente gratuito no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares en Carballedo.
DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2023/24.
Os días non lectivos elexidos polo centro e aprobados por inspección educativa para este curso escolar son o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024.
Entrega de Libros de texto e Vales de material para o curso 23-24.
Entrega de Libros e de Vales de material o Xoves día 7 de setembro no horario que se indica a continuación:
3º ESO |
10:30-12:00 h |
4º ESO |
12:00-13:30 h |
1º ESO |
16:30-18:00 h |
2º ESO |
18:00-19:30 h |
Nota: - A recollida de libros de texto e de Vales de Material debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada.
No caso de que algunha familia non poida pasar a recollelos no día e/ou hora marcada, poderá facelo o venres día 8 en horario de 10:00 h a 14:00 h ou ben o día do comezo das clases, luns 11 de setembro, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 15:30 h a 17:00 h.
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2023/24.
Publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado definitivo de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado definitivo de persoas excluídas.
As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital.
Tanto os Libros como os Vales para material serán entregados en setembro e avisarase para a súa recollida.
PORTADA AXENDA ESCOLAR 2023-24.
A portada gañadora do concurso da "Nova Portada da Axenda Escolar 2023-2024" foi:
Autora: Sara López Vázquez (3º ESO A).
PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS CURSO 2023/24.
A día de hoxe (martes 11 de xullo) publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado provisional de persoas excluídas.
As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital.
Lémbrase que as persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á publicación deste listado provisional (neste caso o mércores día 12 e o xoves día 13 de xullo).
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24.
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/2024.
Nos ficheiros relacionados a continuación poden consultar os libros de texto que se empregarán en cada materia no vindeiro curso.
Importante!!! Non mercar axenda escolar xa que o alumnado recibirá unha ao comezo do curso.
