ESCOLARIZACIÓN 16-17

ENLACE Á PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA COA NORMATIVA, IMPRESOS (Anexo I: Reserva de praza, Anexo II:Solicitude admisión ), ETC, DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2016-2017


                           ENLACE Á PÁXINA DA CONSELLERÍA

 

CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2016-2017
Reserva de praza (centros adscritos)

Do 1 ao 15 de febreiro de 2016 no centro de orixe. A reserva de praza( Anexo I, ver enlace) , para o alumnado de 4º de ESO que queira estudar Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, entregarase na Secretaría do IES O Mosteirón.

ANEXO I

Publicación de vacantes  Antes do 1 de marzo
Solicitude de admisión

Do 1 ao 29 de marzo de 2016 no centro solicitado como 1ª opción. O impreso de admisión (ANEXO II) pode descargarse no enlace inferior. Poden solicitar se o desexan unha copia no centro educativo.

ANEXO II

Publicación da lista provisional de admitidos

Antes do 25 de abril.
Publicación da lista definitiva de admitidos Antes do 15 de maio.
Formalización matrícula ESO

Ordinaria: Do 25 de xuño ao 11 de xullo.

Extraordinaria: Do 1 ao 10 de setembro.

 

 

IMPORTANTE: O IES O MOSTEIRÓN NON ESTABLECE NINGÚN CRITERIO COMPLEMENTARIO AOS EXISTENTES NA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 QUE REGULA O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. (APROBADO EN CONSELLO ESCOLAR O 02/04/2013)

 

EVENTOS:

12/02/16 Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 16-17. (Ver enlace á páxina da Consellería )

16/02/16  Incluídas na sección de arquivos adxuntos as instrucións da Dirección Xeral de Centros e da Xefatura Territorial en relación ao proceso de admisión do alumnado.

25/02/16  Aprobación polo Consello Escolar das solicitudes de reserva de praza realizadas polo alumnado do centro adscrito "CEIP Plurilingüe O Mosteirón". Publicación da información básica que regula o proceso de admisión e das vacantes ofertadas no taboleiro de anuncios.

25/02/16 Resolución do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 16-17. Véxase enlace á páxina web da Consellería.

22/04/16 Publicación da lista provisoria de alumnado admitido. 

13/05/16 Publicación da lista definitiva de alumnado admitido.

 

VACANTES 2016-2017
1º ESO      26+6 NEAE
2º ESO       18
3º ESO       36
4º ESO       30

                                                                                        

                                                 CURSO 16-17      
RESERVAS 1º ESO ADMITIDAS  AS 28 SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA DO CEIP PLURILINGÜE O MOSTEIRÓN FORON ADMITIDAS EN CONSELLO ESCOLAR CELEBRADO O 25/02/16
LISTA PROVISORIA ALUMNADO ADMITIDO Non houbo solicitudes de admisión. Non houbo renuncias ás solicitudes de reserva de praza do alumnado do CEIP Plurilingüe O Mosteirón. (Aprobado en Consello Escolar o 21-04-16) Véxase o ficheiro adxunto coas reservas de praza admitidas.
IMPORTANTE: Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta lista, para formular ante o Consello Escolar as reclamacións oportunas.

 

                                                   CURSO 16-17     
LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO Non houbo solicitudes de admisión. Non houbo renuncias ás solicitudes de reserva de praza do alumnado do CEIP Plurilingüe O Mosteirón. (Aprobado en Consello Escolar o 13-05-16) Véxase ficheiros adxuntos.
IMPORTANTE: As persoas interesadas poderán intepoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.  

VISITA Á CASA DO HOME E AO AQUARIUM

3º ESO CURSO 2015-2016
 

 
O alumnado de 3º de ESO do IES O Mosteirón acudiu o día 10 de novembro de 2015 a visitar a DOMUS e o AQUARIUM.
A visita foi programada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e como profesora acompañante do alumnado foi Leonor Prieto. Durante a visita o alumnado puido observar  especies mariñas  dos ecosistemas atlánticos.

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

4º de ESO CURSO 15-16
Os alumnos de 4º de ESO realizaron o 4 de novembro unha visita ao museo de Historia Natural, localizado en Santiago de Compostela. Na visita puideron coñecer unha das coleccións de minerais máis completas de Galicia, así como exemplares da fauna de diferentes zonas do planeta.
     
 
Contemplando animais da colección   Alumnado de 4º participante na visita

 

VISITA A SOTAVENTO 15-16

  O alumnado de 2º de ESO visitou o día 19 de novembro o parque eólico de sotavento, situado na serra da loba, no concello lugués de Xermade. A visita foi organizada polo departamento de Tecnoloxía e as actividades desenvolvidas incluíron a visita a unha casa construída con criterios bioclimáticos e domotizada. Na visita á casa os alumnos/as recibiron información sobre o aforro enerxético nos nosos fogares e os aspectos que hai que ter en conta para aforrar enerxía á hora de construír unha vivenda. Asemade o alumnado observou as partes básicas dun aeroxerador e recibiu información sobre a produción de enerxía eléctrica nun parque eólico.

SEMANA BRANCA 15-16

3º ESO 15-16

PREPARANDO A VIAXE

Viaxe á neve 15-16

 

 

O alumnado de 3º de ESO está traballando, en colaboración coa ANPA "Virxe do Carme" do IES O Mosteirón, o Concello de Sada e a profesora de Xeografía e Historia Mª José Vázquez; en recadar cartos para axudar á realización dunha viaxe a Jaca. Dende o sábado 14 de novembro, o alumnado vende produtos caseiros nun posto do Feirón de Sada. ¡Animádevos a ir ao feirón de Sada e mercar produtos no posto montado polo alumnado do noso centro educativo!

A viaxe á neve realizarase conxuntamente co alumnado do IES Fragas do Eume e, á parte de esquiar, aproveitarase a ocasión para coñecer o patrimonio cultural románico do Pirineo aragonés.

 

Alumnos/as do centro no posto de venda de produtos caseiros.    
     
NA ESTACIÓN DE ESQUÍ
     
 
Compañeiras de 3º de ESO a pé de pista    No comedor
     
 
Preparadas para esquiar   Descansando

SAÚDAN NA RADIO AO ALUMNADO DE LATÍN

   

 

 As alumnas e alumnos de Latín de 4º ESO están a participar no concurso semanal proposto pola sección Verba volant, dentro do programa No es un día cualquiera de RNE.

O latinista-tuitero, Emilio Del Río, saudou o domingo 25 de outubro aos nosos rapaces. O noso alumnado participa dende hai tres semanas enviando un correo electrónico coa resposta á pregunta formulada no programa sobre un aspecto da lingua ou a cultura latina.

A actividade ten como finalidade aproximar aos estudantes, de forma lúdica, ao mundo clásico a través da actualidade e os medios de comunicación, así coma a aprendizaxe de mitoloxía, a historia das palabras do paso do latín ás linguas romances e a adquisición de expresións latinas aínda utilizadas hoxe en día. Podedes escoitar o saúdo no minuto 8:25 do Podcast do día 25/10/15.

      ENLACE AO PODCAST (25/10/15)
     

 

 

DÍAS NON LECTIVOS 19-20

CURSO 18-19
Data/Período Observacións
04/11/19 Día non lectivo elixido polo centro. Autorizado pola Xefatura Territorial.
31/10/19 Día do ensino
NADAL Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbolos dous incluídos.
ENTROIDO 24, 25 e 26 de febreiro.
20/03/20 Día non lectivo escollido polo centro. pedendente de autorización pola Xefatura Territorial da Consellería.
SEMANA SANTA Do 06/04/20 até o 13/04/20, ambos incluídos.
REMATE DO CURSO O día 19 de xuño rematan as clases.

 

HORARIOS DO CENTRO

HORARIO LECTIVO

8:30h a 14:10h de luns a venres.

Os luns hai clase pola tarde de 15:20 h a 17:00 h

   
HORARIO da SECRETARÍA 9:00H a 14:00h de luns a venres.
   

A saída dos buses do centro é as 14:45 h de martes a venres e os luns ás 17:05 h. 

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E TRANSPORTE ESCOLAR

O Concello de Sada convocou axudas para a escolarización e transporte escolar. O prazo para presentar as solicitudes remata o 1 de outubro. Tedes máis información no seguinte enlace:

 ENLACE Á PÁXINA DO CONCELLO DE SADA

 

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 2014-2015

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 14-15
XUÑO     ACTIVIDADES PROGRAMADAS Actualizada o 3 de xuño de 2015
MARTES  16  Recollida de libros de texto do programa de axudas 14-15 do alumnado de 3º de ESO que participa na viaxe a Salamanca.
VENRES 19  Remate das clases. Recollida de libros de texto do programa de axudas 14-15 do alumnado de: 1º , 2º, 3º e 4º ESO.
MARTES 23 

 Festa de fin de curso ás 11:00 h no "Salón de actos". ENTREGA de NOTAS ás 12:30 h nas aulas. Recollida das aulas. Préstamo de libros de texto do programa de axudas 14-15 para o alumnado con materias pendentes para setembro. Atención de aclaracións ás cualificacións.

XOVES 25

Atención de reclamacións ás cualificacións de 10:00 h a 13:00 h

VENRES 26               

Atención de reclamacións ás cualificacións de 10:00 h a 13:00 h

                       
Distribuir contido