A AULA NO RÍO

 
 O día 6 de maio ,o alumnado de 1º de ESO participará nunha actividade consitente na visita á AULA DA NATUREZA DE CHELO. A saída foi organizada de xeito interdisciplinar polos departamentos de Ciencias Naturais e Lingua Galega.
 NO RÍO 
            En Galicia contamos cunha grande cantidade e variedade de rios e regatos que baixan desde as nosas montañas creando unha extensa rede fluvial, que baña a nosa xeografía. Na Aula do Río de Chelo amósase a riqueza e diversidade biolóxica dos nosos ríos, así como os usos e aproveitamentos que deles se realizaron ao longo da historia, co fin de sensibilizar os visitantes sobre a importancia da súa conservación.

ÚLTIMA PELI NO CGAI: MILLION DOLLAR BABY

O día 4 de maio o alumnado de 4º de ESO asistiu  á última das películas do ciclo NOVAS MIRADAS no CGAI .Desta experiencia cinematográfica dan conta no Blog  http://novosespectadorescgai.wordpress.com/

 million dollar baby . Foto para enlace

Million Dollar Baby, Clint Eastwood, EEUU, 2004,  

Maggie e Frankie son dous solitarios. Maggie está a piques de cumprir 32 anos e traballa nun triste bar, onde come as sobras dos clientes para aforrar e poder cumprir o seu soño: converterse en boxeadora profesional. Frankie vive atormentado sen conseguir recuperar a relación coa súa filla, a quen hai anos que non ve e que se nega a ler as cartas que lle envía cada semana. Tras ver un combate, Maggie pídelle a Frankie que a adestre, pero este négase en rotundo: non pensa adestrar a unha moza. Non obstante, o tesón, a constancia e a ilusión dela, e sobre todo a mediación de Dupris, o único amigo de Frankie, farán que acabe aceptando. Nacerá entón unha intensa relación de complicidade, admiración e cariño. Pero o destino parece reservarlles un último golpe aos protagonistas                                               .
Coa súa mestría narrativa habitual, unha filmación sobria e delicada, respectuosa cos seus personaxes, e sobre todo cunha fotografía e un traballo de luz extraordinarios, Eastwood constrúe unha emocionante historia de compromiso, amizade e profundo afecto.
 

Distribuir contido