REUNIÓN NAIS/PAIS CURSO 2010-2011

Escola Pais

O vindeiro 18 de outubro terá lugar no salón de actos do IES O Mosteirón ás 18:00 h a reunión de nais/pais do presente curso 2010-2011. Está previsto realizar unha presentación xeral por parte do Equipo Directivo na que se dará información xeral de interese para as familias. Posteriormente cada nai/pai acompañará ao titor/a do seu fillo/a á aula correspondente, onde se continuará informando de aspectos relevantes para a educación do alumnado.

Lembramos a importancia de acudir a esta reunión para manter o primeiro contacto co titor/a.

 

ENTREGA DE ORLAS AO ALUMNADO QUE REMATA ESTUDOS.

                             graduación 4º
                             graduación 2º

O día 23 despedimos o curso. con moita alegría pero tamén con nostalxia porque algúns dos compañeiros/as de 4º de ESO e de 2º de Bacharelato deixan xa o instituto. O acto de entrega de orlas estivo cheo de manifestacións de cariño.

Moitos parabéns e ata sempre.

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA

O alumnado de 3º de ESO estivo de excursión na RIBEIRA SACRA , concretamente no complexo rural RABACABALLOS

(Concello  de Parada en Ourense) . Alí fixeron sendeirismo, tiro con arco, piragüismo e outras actividades deportivas

das que viñeron ben cansos, pero moi contentos.

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN EN MOSTEIRÓN

Celso Fernández   Celso Fernández 2

O pasado 21 de xuño, nun dos últimos días do curso, tivemos connosco a Celso Fernández Sanmartín que nos ofreceu dúas sesións de contos .  A autenticidade e a súa capacidade para recuperar os modos da narrativa tradicional oral resultaron realmente pracenteiros para nós. O seu xeito de contar engaiolounos a todos/as .Grazas Celso.

FINALIZA A LIGA DE FÚTBOL SALA

Como en anos anteriores, este curso 2009/10, celebramos a liga interna de fútbol sala coa participación inicial de once equipos de todos os niveis.Despois da primeira volta clasificáronse os equipos de 2º A, 2º B, 3º A e 3º B, quedando na seguinte orde:

4º clasificado: Equipo de2º B

3º clasificado: Equipo de3º B

2º clasificado: Equipo de2º A (2)

1º clasificado: Equipo de3º A

PARABÉNS AOS CAMPIÓNS DE  3º A :Damián , Abel, Mauro,Alberto e Manel.

     FÚTBOL1          foto fútbol 2     

CEA 2º BACHARELATO

 2º BACHARELATO -CEA DE FIN DE CURSO

 
Globos
 O venres 27 de maio o alumnado de 2º de BACH celebra a cea de fin de curso. Para asistir é "imprescindible" ir de etiqueta. Parabéns a todo o alumnado por ter rematado este curso tan duro e, "desfrutade deste acontecemento inesquecible!"   

PRIMEIROS PREMIOS NO CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA

ÉXITO NO CERTAME LITERARIO "LUÍSA VILLALTA"

O IES Mosteirón está de noraboa. Non cabe máis orgullo que o que o día 14 nos fixeron sentir os alumnos Pablo Díaz de 1º Bacharelato e Tamara Paredes de 4º ESO B. No Certame Literario "Luísa Villalta" organizado polo IES Díaz Pardo, obtiveron os primeiros premios nas modalidades de narrativa( Pablo) e poesía ( Tamara) . O acto foi especialmente bonito e emotivo;  todo grazas á  participación  dun gran número de rapaces e rapazas  que nos fixeron sentirnos emocionad@s e content@s ao velos recitando poemas, interpretando pezas musicais ao violino e ao piano, bailando ,cantando ...

O certame foi a un tempo unha festa pola nosa lingua e unha lembranza para a poeta Luísa Villalta ; por iso  todo era emoción e moita , moitísima alegría. Por Pablo, por Tamara, polas súas familias, os seus compañeiros e por todos nós en definitiva, que nos sentimos de verdade felices de compartir o seu éxito. MOITÍSIMOS E MERECIDÍSIMOS PARABÉNS .

Se queredes ler os seus textos , non tedes máis que abrir os arquivos adxuntos.

FOTOLIBRO 2010

Como no curso anterior , estase a desenvolver ao longo dos meses de abril e maio a actividade denominada FOTOLIBRO. Co obxectivo de promocionar a lectura e dar a coñecer as obras que máis nos gustan, os membros da comunidade escolar fotografiámonos co noso libro favorito, explicando nunha breve nota o motivo da nosa elección.Coas fotos decoramos o recibidor do instituto, cun grande mural.

Aos que  que aínda non se animaron  dicímoslles o lema da actividade:  

PRESUME DE LER E DÉIXATE VER!    

FOTOLIBRO 2010

TEATRO EN INGLÉS: DRÁCULA

  Os grupos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asisten o día 7 de maio á representación teatral da obra DRÁCULA, no IES Cruceiro Baleares.          
 Imaxe de Drácula para enlace
 Por medio  dun texto integramente en inglés  a compañía Eina d´Escola, representa a historia de Jonathan Harker que viaxa a Transilvania para coñecer o conde Drácula.

A AULA NO RÍO

 
 O día 6 de maio ,o alumnado de 1º de ESO participará nunha actividade consitente na visita á AULA DA NATUREZA DE CHELO. A saída foi organizada de xeito interdisciplinar polos departamentos de Ciencias Naturais e Lingua Galega.
 NO RÍO 
            En Galicia contamos cunha grande cantidade e variedade de rios e regatos que baixan desde as nosas montañas creando unha extensa rede fluvial, que baña a nosa xeografía. Na Aula do Río de Chelo amósase a riqueza e diversidade biolóxica dos nosos ríos, así como os usos e aproveitamentos que deles se realizaron ao longo da historia, co fin de sensibilizar os visitantes sobre a importancia da súa conservación.
Distribuir contido