PROXECCIÓN da CURTAMETRAXE "NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS"





O vindeiro venres, día 2 de decembro, no 1º recreo, estrea mundial do filme Na oficina de obxectos perdidos, de Édelingua producións audiovisuais, realizada por Javier González Garrido e interpretada por Miriam Gudiña Esmorís e Damián España Vieito. Non faltes. Debido á pouca capacidade do Espazo cinema (60 butacas) farase un segundo pase no 2º recreo.

RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como parte das actividades realizadas no centro para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o EDLG está proxectando varias curtametraxes nos recreos  ao longo desta semana . O alumnado de Bacharelato puido asistir á proxección da película Te doy mis ojos coa posterior participación nunha mesa redonda, na que compartimos necesarias reflexións sobre un mal tan serio na nosa sociedade.

Parabéns e grazas a todo o alumnado que dedicou parte do seu tempo de recreo á colaboración nestas actividades .
Este luns, varios compañeiros e compañeiras fixeron unha pequena representación (performance) tamén sobre a violencia de xénero. Para isto previamente o alumnado de 4º de ESO compuxo o seguinte rap:

Hoxe el tamén o fixo,
el nunca pode parar,
bate nela sen prexuízo
e ela chora sen cesar.
Ela dille BAS   TA
el non pode PA   RAR
El nunca lle dá importancia,
sempre a ignora , que máis dá
bate nela , malla e malla
e ela chora sen cesar.
Ela dille BAS   TA,
el non pode PA   RAR.
Pero hoxe todo cambia
hoxe todo vai cambiar,
Imos todos axudala,
a súa vida  ha mellorar.
       Ela dille BAS    TA,
el non pode PA    RAR
Cando el volva buscala
Boa sorpresa vai levar,
Deixará a vida pasada,
Ela xa non vai estar.
       Ela dixo BAS    TA!
ela puxo FI     NAL.

 

 

Máis información en: http://edelingua.blogspot.com/

CRISPÍN D´OLOT EN MOSTEIRÓN !

00/00/
Array

 

Para conmemorar o nacemento de Afonso X no día de hoxe de 1221 e grazas aos Departamentos de Música e Literatura Castelá (coa colaboración da ANPA), hoxe tivemos no noso instituto o famoso Crispín D´Olotun trobador e xograr que interpreta, declama e canta, acompañado de instrumentos musicais tradicionais, dando vida a unha coidada escolma de poesías e textos cultos e populares de forma nova, pracenteira e didáctica.
Crispín D´Olot trouxo o seu orixinal espectáculo Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana, no que fai de lazarillo para guiar o espectador dende as orixes das literaturas románicas.
Tivemos dúas representacións, unha para 1º ciclo e outra para 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

ESPAZO CINEMA

ESPAZO CINEMA é un proxecto do IES O Mosteirón que xorde pola iniciativa do EDLG ao crearédelingua producións audiovisuais.

ESPAZO CINEMA quere converterse nun foro alternativo á indiferenza, á preguiza, ao vandalismo, á intolerancia…
ESPAZO CINEMA ofrece cine, música, imaxe, palabras…
ESPAZO CINEMA defende os ideais de xustiza, solidariedade, educación, respecto, liberdade…
ESPAZO CINEMA quere darlle saída ás túas iniciativas culturais e artísticas.
ESPAZO CINEMA SOMOS TODOS.



O 21 de novembro, ESPAZO CINEMA iniciou a súa programación coa proxección do filme O ente. Despois, durante toda a semana,  teremos unha programación variada para loitar contra o maltrato ás mulleres. 

JOAN MANUEL GISBERT

00/00/
Array

 

Os alumnos de 2º de ESO disfrutaron hoxe na Esperela da visita do escritor Joan Manuel Gisbert, autor das lecturas que fixeron este trimestre: Escenarios fantásticos Cinco cuentos sobre Velázquez. 
Falou de maxia, da súa paixón pola literatura, da fantasía... e tamén contestou a moitas preguntas e escoitou con atención relatos escritos polos nosos alumnos... Unha visita moi completa e divertida. GRAZAS!

Mirade as fotos que fixemos!

VISITA DOS ALUMNOS DE TERCEIRO DE ESO A JEALSA RIANXEIRA EN BOIRO

 

Os departamentos de Tecnoloxía e Economía organizaron unha visita a Rianxeira (Boiro) o pasado luns 14 de novembro.

Para percorrer as instalacións, tivemos que facer dous grupos para deste xeito ver e poder escoitar con máis precisión as explicacións das dúas traballadoras da fábrica: Mª Carmen e Eva que nos fixeron de guías. Con elas aprendimos moitas cousas do proceso productivo desde que se descarga o atún conxelado, procedente de augas do pacífico, ata o seu envasado por unha máquina que obtiña máis de 800 latas por minuto.

Grazas a todos polo voso interese, e ás guías pola súa amabilidade e os agasallos recibidos.

 

 


WEBSITES DOS ALUMNOS DE CUARTO DE ESO

Gymsc2.0

Gimnasio Force 121

Escuela Infantil Las Ranitas

Escuela Infantil Oso Mimoso

Aitor´s Gym

Thuggy´s Gym

Gym Sparta

Gimnasio S&S

Club Edu

Gimnasio Hércules S.D.

Nestes enlaces podedes ver as evolucións dos sites dos alumnos de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º de ESO.

SIMULACRO DE ELECCIÓNS XERÁIS

O alumnado de Educación para a Ciudadanía e os dereitos humanos de 2º de ESO, organizan un simulacro de Eleccións Xerais mañá venres 18 de novembro.

Realizarase no 1º e 2º recreo na entrada do instituto, e están convocados todos os alumnos do centro.

A actividade será controlada pola profesora Elisa Bentos do departamento de filosofía.

Grazas pola vosa participación.

Distribuir contido