PRIMEIROS PREMIOS NO CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA

ÉXITO NO CERTAME LITERARIO "LUÍSA VILLALTA"

O IES Mosteirón está de noraboa. Non cabe máis orgullo que o que o día 14 nos fixeron sentir os alumnos Pablo Díaz de 1º Bacharelato e Tamara Paredes de 4º ESO B. No Certame Literario "Luísa Villalta" organizado polo IES Díaz Pardo, obtiveron os primeiros premios nas modalidades de narrativa( Pablo) e poesía ( Tamara) . O acto foi especialmente bonito e emotivo;  todo grazas á  participación  dun gran número de rapaces e rapazas  que nos fixeron sentirnos emocionad@s e content@s ao velos recitando poemas, interpretando pezas musicais ao violino e ao piano, bailando ,cantando ...

O certame foi a un tempo unha festa pola nosa lingua e unha lembranza para a poeta Luísa Villalta ; por iso  todo era emoción e moita , moitísima alegría. Por Pablo, por Tamara, polas súas familias, os seus compañeiros e por todos nós en definitiva, que nos sentimos de verdade felices de compartir o seu éxito. MOITÍSIMOS E MERECIDÍSIMOS PARABÉNS .

Se queredes ler os seus textos , non tedes máis que abrir os arquivos adxuntos.

AdxuntoTamaño
Relato de PabloPDF.pdf32.21 KB
Poema Tamara PDF.pdf13.87 KB