CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2017

O día 21 de marzo celebramos no IES O Mosteirón o día da árbore plantando un "Quercus Palustris", que é unha tipo de carballo. Esta actividade ten como finalidade concienciar á comunidade educativa da importancia das árbores na loita contra o cambio climático.

A actividade foi posible gracias á colaboración económica da ANPA "Virxe do Carme" do IES O Mosteirón a cal recibe a través do Concello de Sada unha subvención para realizar actividades complementarias e extraescolares nos centros educativos.

 
   
Alumna de 1º de ESO axudando a plantar o carballo.