APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

                                            

 

 Hoxe comezaron os APADRIÑAMENTOS LECTORES. Organizados desde a biblioteca A Esperela, consisten na visita dun grupo de alumnos/as de 4º de ESO  ás aulas de Educación Infantil para compartiren cos pequechos  a experiencia da lectura de contos. Trátase dunha actividade gratificante para todos, os pequeniños quedan admirados e contentos e os maiores volven todos cheos de satisfacción. Prodúcense ademais "conexións" entre eles que vale a pena presenciar.

Para ver todas as fotos visitade o BLOG DA BIBLIOTECA

SEMANA BRANCA 17-18: VIAXE A ANDORRA

 2º e 3º ESO 17-18

O alumnado de 2º e 3º de ESO estivo traballando dende o inicio de curso 17-18, en colaboración coa ANPA "Virxe do Carme" do IES O Mosteirón, o Concello de Sada e as profesoras Mª José Vázquez, Inés González e Natalia Seguí; en realizar actividades para financiar a viaxe a Andorra. Coa colaboración das familias, vendéronse produtos caseiros nun posto do Feirón de Sada durante varias semanas.

A viaxe á neve realizouse entre o domingo 14 e o sábado 20 de xaneiro e experiencia foi gratamente satisfactoria e enriquecedeora para profesorado e alumnado participante. 

 

 

Alumnado de 2º e 3º de ESO participante    Pista de esquí na estación de Pal
     
 
     
Instalacións termais de Caldea   Alumnado en Caldea

MOSTEIRÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana fixéronse varias actividades no instituto en relación coa violencia de xénero. Cómpre  combater este mal da nosa sociedade, con todos os medios ao noso alcance, e a educación , sen dúbida, é unha das ferramentas máis importantes que temos para transformar esta inxustiza.

As aulas e os espazos comúns enchéronse de imaxes desgarradoras: 52 esquelas de mulleres e nenos asasinados ao longo deste ano, siluetas no chan que representan os asasinatos, lemas contra o machismo no recibidor e en todas as portas das aulas, pegatinas e lazos para as camisetas, un acto de lectura de textos co alumnado de 3º e 4º... Todo sempre é pouco para intentar crear conciencia e corrixir actitudes.

CLUB DE LECTURA ATRAPASOÑOS

 

Desde o mes de outubro, unha vez á semana, reúnense na biblioteca A Esperela os membros do club de lectura Atrapasoños. Este club de lectura nace coa intención de dar continuidade a moitas das actividades que xa se veñen realizando desde a nosa biblioteca. Pretendemos consolidar a existencia dun tempo de lecer  dedicado aos libros, e  materializalo no espazo físico da nosa biblioteca escolar  para convertela nun lugar de ocio alternativo a outros xa existentes no instituto.  O Atrapasoños é o distintivo do club, simbolizando os soños que as lecturas son capaces de facer realidade. Neste breve espazo de tempo xa levamos lidos oito relatos , sobre os cales o alumnado opinou e compartiu impresións. Para seguir a actividade do club podedes consultar o seu blogue

 

Asistencia ao teatro

Desta vez tocoulle ao alumnado de 3º e 4º de ESO asistir ao teatro. A obra escollida,  O tolleito de Inishmaan,  recibiu varios galardóns nos Premios María Casares. Trátase  dunha comedia de Martin McDonagh,  dirixida por Cándido Pazó e representada por oito fantásticos actores e actrices galegos( Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro y Luis Iglesia.) Os habitantes dunha pequena illa irlandesa viven as súas sinxelas vidas, e entre eles está o tolleito, que persegue o soño de ser amado e valorado como calquera outro. Este é o inicio da obra que baixo a forma da comedia agocha o sufrimento dun ser marxinado polas súas eivas físicas.

 

 

  

SAÍDA AO TEATRO

 

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO foi ao Centro ÁGORA da Coruña para asistir á representación de “Bicos con lingua”, unha comedia, galardoada co Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal e ao Mellor Actor Protagonista.

 Na obra,Toño Casais e Artur Trillo , actores de Talía Teatro, afondan na situación sociolingüística de Galicia  recreando  historias de autores  como Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala.

Agora rapazada, despois de vela, toca a reflexión nas aulas.

LISTA DEFINITIVA "FONDO de LIBROS de TEXTO 17-18"

 Nos arquivos adxuntos teñen á súa disposición a lista definitiva de alumnado beneficiario e excluído do fondo de libros de texto 17-18. Algúns alumn@s que aparecen na lista de adxudicatarios non reciben ningún libro por non haber exemplares suficientes no fondo e non reunir os requisitos de renda. Teñan en conta que o centro debe mercar libros de texto para completar o fondo, polo que algúns alumnos non recibirán inicialmente todos os libros que aparecen na lista. Cando o centro reciba os exemplares realizarase o reparto pendente, polo que pode acontecer que algún alumn@ non teña libros durante varios días.

IMPORTANTE: Lembren que o libro de texto de inglés de 1º e 3º de ESO e 3º PMAR será proporcionado polo centro educativo. NON O MERQUEN.  

 

Saida 1º ESO ao rio Sor

Os alumnos de 1º da ESO, remontaron o rio Sor, montados en piraguas, disfrutarón do baño e pasaron un día inolvidable. Podedes dar conta da experiencia no vídeo que se amosa a continuación.

ENTREGA DE PREMIOS AOS PARTICIPANTES NA III EDICIÓN DE "RECREOS CON XADREZ"

CURSO 16-17

O pasado xoves 1 de xuño tivo lugar a entrega de agasallos a todos os alumnos e alumnas que participaron na III Edición de "Recreos con Xadrez"

A actividade contou coa colaboración da ANPA do IES O Mosteirón que  realizou unha aportación económica para mercar os agasallos desta 3ª edición de "Recreos con xadrez"

 
RECREOS CON XADREZ   RECREOS CON XADREZ  
A presidenta da ANPA entregando un agasallo a un alumnos de 3º A   Alumno de 3º A coa camiseta e un libro sobre xadrez, agasallo da ANPA do centro  
 
Distribuir contido