MOSTEIRÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana fixéronse varias actividades no instituto en relación coa violencia de xénero. Cómpre  combater este mal da nosa sociedade, con todos os medios ao noso alcance, e a educación , sen dúbida, é unha das ferramentas máis importantes que temos para transformar esta inxustiza.

As aulas e os espazos comúns enchéronse de imaxes desgarradoras: 52 esquelas de mulleres e nenos asasinados ao longo deste ano, siluetas no chan que representan os asasinatos, lemas contra o machismo no recibidor e en todas as portas das aulas, pegatinas e lazos para as camisetas, un acto de lectura de textos co alumnado de 3º e 4º... Todo sempre é pouco para intentar crear conciencia e corrixir actitudes.