ALUMNADO DE CUARTO CONTA CONTOS PARA EDUCACIÓN DE INFANTIL

O Alumnado de 4º de ESO realizou unha actividade, promovida desde a Biblioteca escolar, consistente na asistencias ás clases de educación infantil para contar un conto. Ademais de ser enriquecedora, resultou un éxito. Aquí  pódense ver fotos e un vídeo.

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Neste último trimestre do curso, desde a Biblioteca A Esperela , véñense organizando varios encontros con exalumnos do noso centro que xa remataron os seus estudos. A actividade , dirixida ao alumnado de 4º de ESO, desenvolveuse nas horas de titoría .

                                                                                                                                                                                                                

 



VISITA DE AMADEO COBAS

Hoxe, 26 de abril , o escritor Amadeo  Cobas visitou a nosa biblioteca . O alumnado de 2º de ESO, fíxolle moitas preguntas sobre o seu libro A cacería  , que leu neste trimestre.

Foi un encontro literario moi interesante no que o escritor falou das experiencias e intereses que lle inspiraron o libro. 

Obradoiro de dobraxe para 2º de ESO

O alumnado de 2º de ESO participou hoxe, 24 de abril, nun Obradoiro de Dobraxe na Casa da Cultura de Sada, grazas á iniciativa do Concello e coa colaboración da biblioteca A Esperela.

Aprenderon os fundamentos da dobraxe e fixeron unha curtametraxe baseada en "Crepúsculo". Foi moi divertido!! No blog da biblioteca pódese ver o resultado.
 

LISTA DEFINITIVA de BENFICIARIOS ás AXUDAS de ESCOLARIZACIÓN (CONCELLO de SADA)

No seguinte enlace podedes consultar a lista definitva de benficiarios de axudas para a escolarización convocadas polo Concello de Sada para o curso 17-18.

 

 LISTA DEFINITVA AXUDAS ESCOLARIZACIÓN (CONCELLO de SADA)

SAÍDA DIDACTICA A COSTA DE DEXO

SAÍDA DIDÁCTICA A COSTA DE DEXO.

 

 

Os alumn@s de 1º ESO, fixerón este venres día 9 de marzo de 2018, unha saída a costa de Dexo, organ

izada polo departemento de Bioloxía e Xeoloxía, coa finalidade de ver no noso entorno próximo 

os contidos que estamos a estudar na materia de Bioloxía.

O ponente, Francisco Canosa Martínez, (http://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es/) explicounos a orixe das rochas que  atopamos, e a diferencialas. Mostrounos os pliegues que diferenciou das fallas. Poidemos ver no sitio unha fractura xeolóxica. Aproximounos o modelo xeolóxico de como estaría a nosa costa dentro de 120.000 anos. Explicounos a construcción do solo, e a ersión do litoral, coa formación de furnas e bufadoiros.

VIAXE DE ESTUDOS 4º ESO

                                                                                          CURSO 17-18
 
O alumando de 4º de ESO viaxou dende o 6 até o 13 de marzo a Roma. A viaxe tivo carácter fundamentelmente lúdico-cultural e contemplou visitas en Roma ao: Coliseo, Foro Romano, Vaticano, e compleméntase con visitas a Florencia e Pompeia. Como vedes hai onde elixir. Parabéns a tod@s os afortunados por participar nesta experiencia inesquecible! Esta viaxe de estudos conta coa colaboración económica do Concello de Sada a través da subvención que recibe a ANPA e o centro educativo para a realización das actividades complementarias e extraescolares.
 
 Foro Romano    Coliseo  
                          No foro romano
  Alumna no Coliseo
 
                  

 

 

 

 Museos Vaticanos  
         Alumnado e unha das profesoras participantes  

                      Nos museos Vaticanos

 
         

OBRADOIRO DE XORNALISMO NO NOSO INSTITUTO

Hoxe, 5 de marzo, contamos na Esperela coa presenza do noso querido exalumno Pablo Díaz Bouza, xornalista graduado pola USC , que impartiu unha  charla sobre a súa profesión e a influencia das noticias e dos medios de comunicación. Foi interesantísimo e un pracer escoitalo. Moitas grazas, Pablo! 

OBRADOIRO DE TEATRO

O Luns estivo en Mosteirón a actriz e formadora Alba Bermúdez, para impartir un obradoiro de teatro ao alumnado de 3º de ESO. Logo duns exercicios de "quecemento", a rapazada comezou a facer improvisacións guiadas pola profe. Foi unha actividade na que todas e todos participaron e que pagou a pena. O ano vindeiro repetimos!

Pódense ver as fotos da actividade no blog da Biblioteca A Esperela

 

 

FESTIVAL de ENTROIDO 2018

 

 

 

 
EVENTOS:

09-02-18

FESTIVAL DE ENTROIDO (CONCURSO DE DISFRACES e SOBREMESAS, ENTREGA DE PREMIOS, etc.)

VENRES 9 de FEBREIRO. ÁS 12:30 H NO SALÓN DE ACTOS da RESIDENCIA.

TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA ESTADES INVITADOS

Os alumnos/as de 4º de ESO encargaranse de presentar o festival.

Aqueles membros da comunidade educativa que queiran participar no concurso de sobremesas deberán presentalas no centro educativo o venres 09-02-18 ás 8:30 h da mañá. A ANPA "Virxe do Carme" do IES O MOSTEIRÓN colabora economicamente nos premios deste concurso.

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!
 

         
  O NOSO ENTROIDO no 2018  
  xurado sobremesas    comparsa profesorado  
  Xurado do concurso de sobremesas    Comparsa do profesorado  
Distribuir contido