FESTA DE ENTROIDO 2019

27/02/2019 13:47
Africa/Addis Ababa

FESTA DE ENTROIDO NO NOSO CENTRO

O venres 1 de marzo celebramos a tradicional festa de entroido no noso centro, onde terán lugar espectaculares actuacións a cargo do alumnado e tamén do profesorado.  

Ademais, vai haber diferentes concursos, de comparsas e de sobremesas de entroido e moitas máis sorpresas.

Convidamos a toda a comunidade educativa á nosa festa e a participar activamente nela.

Non vola perdades

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

22/02/2019 20:46
Africa/Addis Ababa
Hoxe celebramos na biblioteca a nosa homenaxe a Rosalía de Castro. Os Atrapasoños leron unha selección de poemas da escritora nun acto protagonizado polo alumnado de 3º de ESO. 

 

Do XIX ao XXI Libre o meu pensamento! era o lema proposto  este ano para conmemorar esta data. A rapazada berrou  esta consigna  en varias ocasións despois da lectura de textos significativos sobre a emigración, a marxinación da muller ,  a defensa da lingua , etc.

 

Andrea e Laura acompañaron algunha das composicións coas súas pandeiretas, escoitamos versións musicadas das súas poesías e ao final , coa axuda da interpretación ao piano de Juan Vilas, cantamos todos " Adiós ríos, adiós fontes".

 

Cada participante levou como agasallo un minilibro cos poemas de Rosalía e unha flor.

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGÜAS ESTRANXEIRAS NO CURSO 2019

21/02/2019 13:58
Africa/Addis Ababa

 Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de ESO dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2019.

O alumnado e familias interesandas na participación nesta convocatoria de axudas pode informarse no seguinte enderezo web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

PREMIOS AO CONCURSO DE MICRORRELATOS

19/02/2019 00:46
Africa/Addis Ababa

Samoa Pan, de 2º ESO B levou hoxe o premio do concurso de micorrelatos "Amor? Amor! en 100 palabras", que organiza A Esperela, cun relato titulado "Aviones de papel"

ORIENTACIÓN PROFESIONAL

18/02/2019 16:10
Africa/Addis Ababa

Hoxe viñeron á Esperela Serafín e Sabela, dous talentosos ex alumnos do noso insti que falaron co alumnado de 4º ESO da súa traxectoria persoal e profesional e compartiron as súas lembranzas e arelas.

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA.

15/02/2019 12:10
Africa/Addis Ababa

        Hoxe  os Atrapasoños lemos “Cordelias”, un conto de Adela Fernández  incluído no seu libro  Duermevelas.   

 

BLOG ATRAPASOÑOS

 

 

 

VISITA AO CENTRO DE ANDREA MACEIRAS

12/02/2019 22:24
Africa/Addis Ababa

 

 

                      Hoxe visitou o noso centro Andrea Maceiras, autora do libro O que sei do silencio , lido polo alumnado de 3º e 4º de ESO este trimestre. Andrea falounos do proceso da escrita e conversamos con ela sobre o acoso escolar , que é o tema central do libro . Ao final asinou exemplares dos seus libros a todos o que llo pediron.

VISITA AO IES ISAAC DÍAZ PARDO

11/02/2019 11:11
Africa/Addis Ababa

O pasado venres 8 de febreiro o alumnado de 4º de ESO visitou o IES Isaac Díaz Pardo de Sada para ver as instalacións do que, na maioría dos casos, será o seu novo centro educativo o vindeiro curso.

RESERVA PRAZA VINDEIRO CURSO NO IES ISAAC DÍAZ PARDO

07/02/2019 13:48
Africa/Addis Ababa

Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)

Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.

A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Aquelas familias do alumnado de 4º curso de ESO que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Entre o 1 e o 20 de marzo de 2019:

ADMISIÓN

As solicitudes de admisión presentaranse:

VISITA DO ALUMNADO DE 6ºDE PRIMARIA DO CEIP O MOSTEIRÓN

06/02/2019 11:30
Africa/Addis Ababa

Hoxe os grupos de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón viñeron coñecer o noso insti, que será o seu o vindeiro curso. Alumnado voluntario de 1º e 4º foi o encargado de ensinarlles o Centro e aclarar as súas dúbidas. Rematamos a visita cunha merendola e un agasallo

Distribuir contido