EMISIÓN DE CLASES NA TVE

22/03/2020 09:40
Africa/Addis Ababa

 

EMISIÓN DE CLASES NA TVE.

O LUNS 23 DE MARZO COMENZA A EMISIÓN.

O CALENDARIO PÓDESE CONSULTAR A TRAVÉS DO SEGUINTE LINK:

 

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

POESÍA EN TEMPOS DE CORONAVIRUS

21/03/2020 20:30
29/03/2020 23:59
Africa/Addis Ababa

 

 

POESÍA EN TEMPOS DE CORINAVIRUS

Con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía o profesorado do IES O  MOSTEIRÓN quere convidar a toda  nosa comunidade escolar (alumnado,familias e profesores/as) a participar nunha actividade motivadora que comenzará hoxe e extenderase ao longo de toda a semana próxima.

O obxectivo é xogar e manter o ánimo de todos/as!

Antes de explicar as posibilidades de participación na actividade, gustaríanos que leades este texto sobre a orixe e significado da celebración do día de hoxe:

O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo desde que a UNESCO establecese este día en abril de 1999, en París. Esta data coincide co  equinoccio de primavera no hemisferio norte e comezou a conmemorarse desde 2001 como homenaxe á palabra poética. A finalidade desta iniciativa é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas respectivas comunidades.
«Poesía» é a expresión de sentimentos e emocións por medio dos recursos literarios dos que se serve para tal fin. A linguaxe poética, que se desvía do cotián a través dun proceso de « extrañamiento», é  connotativo, subxectivo, e o acto de comunicación céntrase na mensaxe mesmo, na forma como se transmite. Este código de signos figurado fai referencia a un concepto utilizando termos pertencentes a outras categorías. A través da palabra oral ou escrita, en verso ou en prosa, transmítese beleza e o pracer estético derivado desta.
O Día Mundial da Poesía ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e foros máis internos e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura. Débese recoñecer á poesía o «dereito de cidadanía» na sociedade e a súa capacidade como instrumento para espertar conciencias. 

Para ler as posibilidades de participación e poder subir as vosas aportacións, temos un FORO chamado LEMOS XUNTOS na nosa aula virtual que previsiblemente estará operativo a partir de hoxe as 20:30 (non é seguro, debemos ser pacientes nestes tempos de improvisación).

Deixamos un poema inspirador para este momento tan especial:

Resultado de imagen de no te rindas mario benedetti

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

21/03/2020 13:06
Africa/Addis Ababa

Resultado de imagen de dia mundial de la poesía

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

21/03/2020 12:58
Africa/Addis Ababa

Resultado de imagen de dia mundial de la poesía

COMEZO DE CURSO

11/09/2019 08:59
Africa/Addis Ababa

BENVIDOS!!!!

COMEZO DE CURSO

 

O curso comezará o luns 16 de setembro de 2019.

O horario será o da xornada habitual: as 08:30 comezarán as clases, os alumnos que usen o transporte escolar deben estar en la parada 30 minutos antes, o remate da xornada será as 17:00.

O servizo de comedor comeza tamén o luns 16, en horario de 14:10 a 14:45.

Horario de saída do transporte:

  • Luns as 17:00
  • Martes a venres as 14:45.

O horario lectivo do centro:

  • luns, de 8:30 a 14:10 e de 15:20 a 17:00.
  • Martes a venres, de 8:30 a 14:10.

Consulta a circular de inicio de curso que atoparás o pe desta nova.

PROXECTO INCRÚSTATE

06/09/2019 10:19
Africa/Addis Ababa

Alumnado de 4º de ESO participou no programa Incrústate relacionado coa introdución á  investigación en Química e Bioloxía, organizado polo Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) ligado á Universidade da Coruña (UDC).

Os participantes realizaron estancias curtas de investigación de 10 horas nos laboratorios do CICA e, ademais realizaron un poster e unha presentación oral da súa experiencia.

https://cica.udc.es/es/proyecto.incrustate

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS

09/05/2019 20:42
Africa/Addis Ababa

 

MAÍS INFORMACIÓN NO BLOG ATRAPASOÑOS

MARÍA CANOSA EN MOSTEIRÓN

09/05/2019 20:38
Africa/Addis Ababa

 

 

A escritora María Canosa visitou hoxe o noso instituto para falar do seu libro Muriel 

co alumnado de 1º ESO. Antes de marchar quixo coñecer A Esperela e asinar uns exemplares.

Grazas, María!!

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS

26/04/2019 12:12
Africa/Addis Ababa

                    MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DE ATRAPASOÑOS

VISITA Á LIBRARÍA "MOITO CONTO"

26/04/2019 19:29
Africa/Addis Ababa

Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!

 

Distribuir contido