Punto Laranxa contra o acoso escolar

VISITA A INDITEX

Como cada curso, visitamos a sede da multinacional téxtil INDITEX. Os alumnos e alumnas de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais percorreron as súas instalacións, departamentos e áreas loxísticas e de distribución. Sen dúbida, unha visita do máis interesante!

EXCURSIÓN A SOTAVENTO E ROTEIRO DA AUGA

Alumnos e alumnas de 3º da ESO e de 4º de Tecnoloxía participaron nesta excursión organizada polos Departamentos de Tecnoloxía, Física e Educación Física. Visitaron o Parque experimental de Sotavento e despois tomaron contacto coa natureza realizando o Roteiro da Auga, en Parga. Máis información na web.

 

Analizando o escaparatismo e o deseño de espazos comerciais.

Os alumnos e alumnas de 2° de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais analizaron o escaparatismo e o deseño de espazos comerciais de varios dos establecementos do centro comercial Marineda City.

Banco de ropa de nieve

Durante el mes de noviembre se recogerán donaciones de ropa y accesorios para la nieve (botas, anoraks, pantalones, camisetas térmicas, gorros, gafas etc). En diciembre se procederá a su clasificación y a prestar a los socios del ANPA. Se agradece entregar en una bolsa cerrada y en óptimas condiciones. Gracias

ESCAPARATE HALLOWEEN

Aproxímase o 31 de outubro, e o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais xa preparou o escaparate correspondente.

NOVA DECORACIÓN DAS ESCALEIRAS

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO Lucas M., Flavia F., Sara R., Ariadna R., Clara C., Iván A., Noelia S. e Rosa  F., participantes no programa de Titoría entre Iguais, decoraron  as escaleiras con palabras que esperan sexan inspiradoras para todo o  alumnado.Desexamos que vos gusten.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer