Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Distribución de máscaras entre o alumnado

Publicouse hoxe a orde que regula o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. O procedemento é similar a petición de libros e o prazo para presentar as instancias é ata o venres 27 de novembro. Deberán presentar a solicitude no centro entregando o anexo I e II de dita orde debidamente cumprimentados. IMPORTANTE: O alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 20-21 non ten que presentar a solicitude.

 

 

Orde da convocatoria

Anexo I

Anexo II

 

Calendario de pendentes curso 20-21

Deixamos un enlace ao arquivo onde se poden consultar as datas de pendentes de todas as materias durante o curso 2020-2021. 

 

 

Calendario de pendentes 20-21

Inicio do curso escolar. Plan de Acollida

COMEZO DE CURSO

Está previsto o inicio de curso os días 23, 24 e 25 de setembro. Faise un inicio de xeito escalonado, seguindo as instrucións da Consellería de Educación

  • Mércores 23/09/20: 1º e 2º ESO. 1º Bacharelato.

  • Xoves 24/09/20: 3º ESO. 2º Bacharelato.

  • Venres 25/09/29: 4º ESO.

 

1º ESO

MÉRCORES 23/09/2020

8:30 h - 14:00 h.

2º ESO

MÉRCORES 23/09/2020

8:30 h - 14:00 h.

3º ESO

XOVES 24/09/2020

8:30 h - 14:00 h.

4º ESO

VENRES 25/09/2020

8:30 h - 14:00 h.

1º BACHARELATO

MÉRCORES 23/09/2020

12:00 h.

2º BACHARELATO

XOVES 24/09/2020

12:00 h.

 

O día de presentación o alumnado da ESO estará no centro desde a hora de inicio até a fin da xornada. Preténdese aproveitar o transporte escolar, facilitando as familias o transporte. Aproveitarase toda a xornada para lles explicar o funcioanmento do centro coa aplicación do Protocolo COVID-19. Presentaranse, igualmente, o profesorado co que teñan clase ese diía.

O alumnado de Bacharelato terá a presentación ás 12:00 h, no día correspondente. Poderán utilizar o transporte escolar á fin da xornada.

 

A fin de facilitar a incorporación escalonada, as aulas comezarán con normalidade e no horario habitual O LUNS 28 DE SETEMBRO. Os días 23, 24 e 25 de setembro acudirá unicamente ao centro o alumnado o día da presentación do seu grupo.

Achegamos un documento coas pautas do Protocolo de Acollida do IES MENDIÑO. Agradecemos a súa lectura.

 

Comunicado ás familias sobre a situación ante o inicio do curso 2020-2021. Martes 15 de setembro

Estimadas familias:

Achegamos nova información sobre a situación actual no IES Mendiño ante o inicio do curso escolar. Como lerán, carecemos a unha semana do inicio oficial do curso de instrucións por escrito, e tampouco sabemos nin o profesorado co que vai contar o instituto nin os grupos que van existir para o curso 2020-2021.

Atte.,

A dirección

BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE BACHARELATO PARA O CURSO 2020-2021

Até o 1 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudo MEC para este curso, 2020-2021.
Podedes realizar a solicitude na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
 

Lembrade que se é a primeira vez que solicitas estas bolsas, deberás rexistrarte na Sede Electrónica do Ministerio de Educación. Aquel alumnado de 2º de Bacharaleto que recibiu unha bolsa de estudos no curso pasado deberá igualmente realizar a solicitude para este curso.
Nesta web atoparás máis información sobre a solicitude destas bolsas:
https://www.becasalestudio.com/guia-becas-mec-solicitud-tramitacion

A dirección

Comunicado sobre o inicio do curso

Bienvenido/a a nuestra página Web

 

Estimadas familias para poder descargar o comunicado do centro sobre o inicio do curso pinchen na seguinte ligazón:

 

Comunicado do IES Mendiño sobre o inicio do curso

Comezo do curso escolar

Foi publicada a resolución que establece o calendario de inicio deste curso escolar 2020-2021.

Este ano establécese unha incorporación gradual do alumnado:

MÉRCORES 16 DE SETEMBRO:
1º ESO: ás 8:30 h.
2º ESO: ás 8:30 h (entrada pola porta da cancela do pavillón).
1º BACHARELATO: ás 11:45 h.


XOVES 17 DE SETEMBRO:
3º ESO: ás 8:30 h
2º BACHARELATO: ás 9:30


VENRES 18 DE SETEMBRO:
4º ESO: 8:30 h


Prégase a máxima puntualidade. Pretendemos organizar unha entrada o máis áxil posible, cumprindo o que indica o Protocolo COVID: limpeza de mans e evitar aglomeracións, para o que se lembra que cómpre manter a distancia mínima de 1,5 metros entre as persoas.

José Antonio Martínez Domínguez
Director do IES Mendiño

Información importante para as probas de setembro de galego.

Intervención con personas migrantes y refugiadas | Fundación ...Deixámosvos un arquivo con información importante para as probas extraordinarias de galego do mes de setembro. Nel podedes ver os contidos mínimos de cada curso. Para descargalo podes facer click na seguinte ligazón:

 

 

Información sobre o exame de setembro de lingua galega

Redondela acolleu as probas ABAU 2020

O IES Mendiño foi elixido este ano como centro base e de apoio para a realización das probas ABAU 2020. 

 A CIUG agrupou os centros educativos de Redondela (IES de Chapela, IES Pedro Floriani, Colexio Vigo e IES Mendiño) e os de Soutomaior (IES de Soutomaior e Santo Apóstolo) na comisión con sede no noso centro. 

As probas tiveron lugar no Pavillón da Marisma, entre o martes 7 e o xoves 9 de xullo. 

As probas desenvolvéronse con total normalidade. Desde o IES Mendiño queremos agradecer o trato dos respresentantes da CIUG e de toda a comisión presente nas probas, a colaboración de todos os centros educativos e, en especial, o gran traballo desenvolvido polo Concello de Redondela, cunha implicación e cunha disposición, tanto de medios coma de persoal, sen o cal non sería posible a celebración destas probas.

Agora esperemos que os resultados, que non coñeceremos até o 16 de xullo, sexan bos para todo alumnado dos nosos concellos.

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut