Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Mendi forum xaneiro 2023

MÉRCORES 18 DE XANEIRO

Charla divulgativa da Universidade de Vigo a cargo do profesor e Vicedecano de Relacións Internacionais Emilio García Roselló. Faloulle de “Innovación e empresa “ ao alumnado de 2º Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

 

VENRES 20 DE XANEIRO

O venres 20 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º Bacharelato asistiu a unha charla sobre a Trata de persoas con fins de explotación sexual. Da man de Estefanía e Sheila, técnicas da ONG Accem, achegámonos á crúa realidade de tantas mulleres que, se cadra moito máis preto do que nós pensamos, saen do seu país na busca dun futuro mellor, caendo nas redes da trata, que as converten en meros obxectos de pracer.

Esta charla enmárcase dentro do Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade” que se leva a cabo no IES Mendiño.

 

 

 

VENRES 27 DE XANEIRO

Charla divulgativa da Universidade de Vigo sobre “Marketing 4.0” a cargo de Emilio García Roselló, profesor e Vicedecano de Relacións Internacionais para o alumnado de 2º Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

 

 

 

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



page | by Dr. Radut