Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Colaboración de RQR, a radio do IES Mendiño, con Radio Redondela

Radio Redondela "abre un oco" a RQR, a radio do IES Mendiño.

“As ondas… que grandes son” é o nome desta sección que achegará as propostas, preocupacións, reflexións e actividades do noso alumnado. Comezaremos a colaboración cun programa que xirará arredor da conmemoración do 25N, Día Mundial contra a Violencia contra a Muller. Podedes consultar a nova na propia web de Radio Redondela: https://www.radioredondela.com/2022/11/23/radio-redondela-abre-un-oco-a-...

Lembrade que a nosa web ten programación propia e máis ampla, que podedes consultar directamente na web da radio: https://rqr.gal

Non dubidedes a vos subscribir, a través de calquera aplicación de podcast, a calquera dos nosos programas:

- Cercáronme as ondas, que amosa o día a día do IES Mendiño.

- Sen spoilers: recomendacións de libros, música e filmes feitas por alumnado do noso centro.

- Musiqueando: o espazo da música no IES Mendiño. Unha porta para escoitar o que o noso alumnado é quen de facer e crear.

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



page | by Dr. Radut