Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

O alumnado de 4º de ESO e de 2º de BACHARELATO asiste á proxección de A Esmorga.

A través do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Redondela e do Equipo de Normalización Lingüística do noso centro, o alumnado de 4º de ESO e o de 2º de Bacharelato, o 10 de abril, tivo a ocasión de coñecer a última versión cinematográfica (en galego, claro está!) da magnífica novela A Esmorga, escrita por un dos nosos mellores escritores do século XX, Eduardo Blanco Amor.

Estes nosos rapaces e rapazas gozaron ou sufriron (segundo se vexa) coa representación audiovisual dunha obra que o alumnado de Bacharelato leu neste segundo trimestre que acabamos de deixar atrás.

Unha obra realista, dura, na que se nos presenta outra época, outro xeito de vivir, cuns personaxes marxinais aos que persegue un sino fatal que nos os deixa abandonar esa vida miserenta na que están asolagados.

Desde logo, a película non deixou indiferente a ninguén.

Agradecemos esta oportunidade de combinar literatura, cine e reflexión crítica.

 

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



story | by Dr. Radut