Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Reunión do 18 de maio: Némesis

 

 

 

A véspera da Festa da Coca, día 18 do mes de san Xoan, reuníronse os membros do club de lectura “Quiosco Cocó” para teren o último encontro literario do curso. Nesta ocasión o libro a tratar foi Némesis de Philip Roth, unha novela que foi do agrado de todos os participantes desta terulia, mais que varias persoas coincidiron en destacar unha sensación de inquedanza e tristura que lle produciu o final da historia.

Un libro que conta como a poliomelite mudou o curso da vida deses personaxes que pululan pola historia, nun tempo de insoportable calor que resultou ser narrado de tal xeito que, nos días nos que o libro foi lido: días tamén de moita calor, creou nos lectores e lectoras unha sensación de agobio.

 

 

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



story | by Dr. Radut