Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

IMPRESOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022

Xa están subidas a web do centro os impresos de matrícula do vindeiro curso. Podense descargar desde o seguinte link:

 

Impresos de matrícula do curso 21-22

 

Tamén se atopan a través do apartado secretaría - impresos de matrícula

Datas do proceso de admisión a ciclos formativos

 

THAT´S ENGLISH | Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra

Xa sairon publicadas as datas do proceso de admisión a ciclos formativos de grado medio e superior. Para acceder a información pincha na seguinte ligazón:

 

Prazos de admisión a ciclos formativos

 

Información sobre admisión 

Aberta a convocatoria para solicitude de material escolar para o curso 2021-2022 (prazo: até o 22 de xuño)

Estimadas familias:

Está aberta a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22. Poden acceder a toda a documentación na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

No próximo curso 2021-2022 no IES Mendiño vaise implantar o Proxecto EDixgal en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado da ESO só vai poder solicitar a axuda para material escolar, xa que desaparecen os libros de texto obrigatorios.

Lembren que o prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

Atte.,

A dirección

Exames extraordinarios de 2º de bacharelato

THAT´S ENGLISH | Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra

Aviso Importante GIFs - Get the best GIF on GIPHY

 

 

Os exames extraordinarios de 2º de bacharelato realizaranse desde o mércores 16 de xuño ata o luns 21 de xuño. Para acceder ao calendario podedes pinchar na seguinte ligazón:

 

Calendario de exames extraordinarios de 2º de bacharelato

A nosa achega biográfica a Xela Arias

Desde normalización lingüística achegan unha biografía de Xela Arias co gallo do día das letras galegas de este ano.

Felicitacións polo traballo realizado ao equipo de normalización lingüística

Bravo Great Job Sticker - Bravo Great Job Pegatinas bien hechas

 

Achega biográfica de Xela Arias

Procedemento de reclamación das cualificacións de 2º bacharelato

Achegamos os modelos necesarios para reclamar as cualificacións de 2º de bacharelato. Calquera deles hai que presentalos no centro para rexistro antes da data límite. As datas límites son as seguintes:

Convocatoria ordinaria

Reclamación ante a dirección: 20 de maio ata as 14:00

Reclamación ante a Xefatura Territorial: 25 de maio ata as 14:00

Convocatoria extraordinaria

Reclamación ante a dirección: 27 de xuño ata as 14:00

Reclamación ante a Xefatura Territorial: 1 de xullo ata as 14:00

Para poder ver os distintos trámites e prazos do proceso de reclamación, poden descagar o seguinte arquivo:

Trámites e datas do proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato na convocatoria ordinaria

Trámites e datas do proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato na convocatoria extraordinaria

 

A normativa que rixe o proceso é a seguinte:

 

Entrega do boletín de notas de 2º de bacharelato

A entrega dos boletíns de notas de 2º de bacharelato vaise levar a cabo o mércores 19 de maio de forma escalonada. As horas de entrega serán as seguintes:

 

2º BACH B: primeira hora

2º BACH C: terceira hora

2º BACH A: quinta hora

 

Ao rematar a entrega de notas, aqueles/as alumnos/as que aproben todo teñen que pasar pola administración do centro para recoller os papeis da ABAU. O alumnado que non teña pensado presentarse, ten que pasar igual para arranxar os papeis do título de bacharelato.

 

Atentamente 

A dirección

Publicación da listaxe provisional de admitidas/os para o curso 2021-2022

A partir do venres 23 de abril de 2021, está publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas no IES Mendiño para o curso 2021-2022. Atópase no taboleiro anexo á administración do IES Mendiño.

Pódese presentar unha reclamación a esta listaxe nun prazo de 5 hábiles a partir do día seguinte á presentación, é dicir, até o 30 de abril de 2021. Tamén o poden consultar na aplicación de admisión de alumnado da Consellería de Educación.

Atte.

A dirección do IES Mendiño.

Lecturas recomendadas para a Semana Santa

AnimatedGIFsFantasybookoflife_thumb[2].gif (930×629) | Beautiful gif,  Animated images, Animated gif

Despois dun trimestre de duro traballo, chega o descanso. Ben o temos merecido. O Equipo da Biblioteca do IES Mendiño invítanos a mergullarnos no placer da lectura para desfrutar deste tempiño de lecer. Deixámosvos unhas suxestións por se vos poden valer de guieiro.

Boas vacacións!!!!!!

 

 

Lecturas recomendadas para Semana Santa

Concurso do logo da radio do IES Mendiño: RQR

Temos un concurso aberto no instituto!

Todo o alumnado do IES Mendiño pode participar no concurso de creación do logo da nosa radio escolar, RQR. Está aberto até o día 15 de abril o prazo de presentación de propostas. Cada alumna/o do noso centro pode enviar a súa proposta, tanto de xeito dixital, enviando un correo electrónico ao enderezo do centro, ies.mendino@edu.xunta.gal, ou entregando a súa proposta nun sobre pechado na conserxería do centro.

Participa, crea o logo da radio RQR, e poderás gañar un dos tres premios ás mellores propostas.

Achegamos as bases do concurso.

A dirección

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut