Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

La voz del Mendiño

Desde o Departemnto de Lingua Castelá, achégannos un traballo feito polo alumnado de 3 ESO dentro do proxecto prensa - escola de La Voz de Galicia. Parabéns ao alumnado e o profesordao polo traballo realizado.

 

La voz del Mendiño

 

 

Bravo Great Job Sticker - Bravo Great Job Pegatinas bien hechas

25N: Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

 

Pequeno vídeo realizado polo alumnado de Literatura Galega de 2º de Bacharelato do IES Mendiño, no marco da conmemoración do Día Mundial contra a violencia da muller.

Colaboración de RQR, a radio do IES Mendiño, con Radio Redondela

Radio Redondela "abre un oco" a RQR, a radio do IES Mendiño.

“As ondas… que grandes son” é o nome desta sección que achegará as propostas, preocupacións, reflexións e actividades do noso alumnado. Comezaremos a colaboración cun programa que xirará arredor da conmemoración do 25N, Día Mundial contra a Violencia contra a Muller. Podedes consultar a nova na propia web de Radio Redondela: https://www.radioredondela.com/2022/11/23/radio-redondela-abre-un-oco-a-...

Lembrade que a nosa web ten programación propia e máis ampla, que podedes consultar directamente na web da radio: https://rqr.gal

Non dubidedes a vos subscribir, a través de calquera aplicación de podcast, a calquera dos nosos programas:

- Cercáronme as ondas, que amosa o día a día do IES Mendiño.

- Sen spoilers: recomendacións de libros, música e filmes feitas por alumnado do noso centro.

- Musiqueando: o espazo da música no IES Mendiño. Unha porta para escoitar o que o noso alumnado é quen de facer e crear.

 

Eleccións ao Consello Escolar 2022

Neste mes de novembro toca renovar o Consello Escolar do IES Mendiño. Iniciamos un proceso electoral que terá a súa fin nas eleccións que terán lugar a finais de novembro, para constituír o novo consello escolar na primeira semana de decembro de 2022.

Nestas eleccións temos que renovar ás seguintes persoas membros:

  • 2 persoas no sector alumnado.
  • 1 persoa no sector familia.
  • 1 persoa no sector do persoal non docente.
  • 3 persoas no sector do profesorado.

Desde a dirección do centro animámosvos a participar, tanto para exercer o voso voto como para presentarvos de candidatas e candidatos. A nosa experiencia mostra a importancia dun consello escolar acitivo, onde estean representados todos os sectores da nosa cumunidade educativa.

Iremos achegando na páxina web do centro toda a información do proceso electoral, comezando pola notificación do sorteo público que terá lugar este 28 de outubro, ás 9:30 h, no despacho de secretaría do IES Mendiño, onde se designarán as/os membros da xunta electoral que será a encargada de organizar todo o proceso electoral.

Atte.,

José Antonio Martínez Domínguez

Director do IES Mendiño

Programacións didácticas do curso 2023-2024

Poden acceder, consultar e descargar as programacións didácticas do IES Mendiño, agrupadas por cursos escolares, para o curso 2023-2024, nestas ligazóns:

Calendario escolar 22-23

Aquí podedes consultar o calendario escolar do curso 22-23:

 

 

Horarios de atención a nais e pais

Xa están actualizados os horarios de atención a nais e pais na páxina web do centro. Pódenos atopar no menú de xefatura de estudos ou na ligazón que aparece na parte superior da páxina.

 

Horarios de atención a nais e pais

Emails do profesorado

Xa están actualizados os emails do profesorado na páxina web do centro. Pódenos atopar no menú de xefatura de estudos ou na ligazón que aparece na parte superior da páxina.

 

Emails do profesorado

 

Libros de texto para a ESO e Bacharelato. Curso 22-23

Achegamosa listaxe de libros para a ESO e Bacharelato para o curso 22-23. O poden descargar da seguinte ligazón:

Listaxe de libros para a ESO e Bacharelato para o curso 22-23

A revista e o caderno gastronómico do IES Mendiño

O equipo de dinamización lingüística do IES Mendiño achégannos un ano máis, un novo número da revista e do caderno gastronómico. Para poder velos, pincha na imaxe correspondente:

 

                                                         
Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut