Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Información sobre as notas da 2ª avaliación

Para poder descargar o comunicado sobre a 2ª avaliación poden pinchar na seginte ligazón:

 

Comunicado sobre a 2ª avaliación

 

Saúdos e moito ánimo

Emails do profesorado

Na seguinte ligazón poden consultar os emails de todo o profesorado por se os/as alumnos/as queren realizar algunha consulta sobre a materia que se vaia colgando nesta páxina. 

 

EMAILS DO PROFESORADO

 

Ao longo da fin de semana e de principios da semana que ven, colgaranse materias das distintas materias nesta páxina, ou na aula virtual do centro.

Visita a Universidade de Vigo

O pasado mércores 4 de marzo, os alumnos e as alumnas de 2º de bacharelato, realizaron unha visita a distintas facultades da Universidade de Vigo. Visitaron distintas facultades segundo os seus intereses, para coñecer de primeira man, que ofrece cada unha delas e para solventar as dúbidas que puidesen ter. Achegamos un par de fotos deste día:

 

Club de debate

Este pasado día 28 de febreiro, celebrou-se na Sala de Congresos do Pazo da Cultura da veciña cidade de Pontevedra a fase local do Club de Debate.

Esta actividade, organizada e promovida na nosa vila polo Concello, consiste en someter a debate entre equipos constituídos polo alumnado dos centros de ensino dos cursos de 3ªe 4ª de ESO e 1ª de Bacharelato, un tema de actualidade. Tráta-se ao cabo de fomentar a investigación, a pescuda de argumentos e a capacidade de debate público, cualidades todas elas imprescindibles para a mocedade dunha sociedade democrática.

Por segundo ano consecutivo o noso instituto estivo presente co noso equipo

 

 ;

 

 Desta volta iamos acompañados por outro equipo da nosa vila: o constituído polos amigos e amigas do IES Illa de San Simón.

O debate transcurriu ao longo da xornada, con momentos especialmente interesantes, nos que os mozos e mozas debateron arredor dun asunto rabiosamente de actualidade: estamos a tempo de salvar ao planeta do cambio climático?

Na dinámica deste programa, cada equipo debía defender, alternativamente, as duas posturas: a favor e en contra.

Deixamos algunhas imaxes do magnífico traballo realizado polo equipo que representou ao noso instituto

 

 ;

 

 Desta primeira fase, clasificaban-se par o seguinte os dous equipos que obtiveran as duas maiores puntuacións que foron o do IES Felix Muriel de Rianxo, e o equipo dos nosos amigos e amigas do IES Illa de San Simón.

Van os nosos parabens para os dous equipos clasificados, aos que desexamos moitos exitos na fase final que se celebrará en Santiago de Compostela en dous meses.

Nos, xa estamos a cavilar no próximo curso. Retrucasme?

 

 

Reunión do club de lectura

O xoves 5 de marzo reunirase de novo o club de lectura do IES Mendiño durante o recreo e contaremos coa presenza no centro do escritor Séchu Sende. Animádevos a participar.

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020. Poderá solicitar estas prazas o alumnado matriculado na ESO e no Bacharelato. O prazo de presentación de instancias é ata o 26 de marzo (incluído). No seguinte cadro pódese ver as modalidades ofertadas.

 

 

 

Nas seguintes ligazóns pódese acceder a orde da convocatoria, ao cartel informativo onde está resumida dita convocatoria, a guía para cubrir a solicitude e o acceso á información sobre a presentación electrónica:

Acceso ao texto  da Orde da convocatoria

Acceso ao cartel informatico

Acceso a guía para cubrir a solicitude

Acceso a información sobre a presentación electrónica

Acceso a páxina web onde está toda a información

Día de Rosalía

24 de febreiro: "Rosalía sempre viva"

 

Versos de Rosalía dentro e fóra das aulas, versos rapeados, versos inspiradores de bandas deseñadas, versos traducidos e recitados tamén noutras linguas... son algunhas das actividades que o alumnado do Mendiño realizou para conmemorar o día do nacemento desta autora. Muller sensible. Referente necesario de dignidade e compromiso coa terra.

 

 

 

 Nas seguintes ligazóns pódense ver unha banda deseñada do alumnado de 3º ESO (banda deseñada) e unhas fotos do alumnado que recitou os versos (fotos)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Semana de Entroido

Como xa sabemos, esta semana é a semana previa ao entroido e no centro estamos de celebración por este feito. Cada día da semana, temos que traer posto unha prenda ou cousa. Ditas prendas, son acumulativas ata o venres que xa cada un ven co seu disfraz. O venres, o alumnado vaise disfrazar no recreo e nas 3 últimas horas, teremos unha festa con choripan. Aquí tendes o que hai que traer cada día:

 

 

Saída Edugal

O alumando de 4º ESO e 1º BACH, tiveron unha saída ao salón educativo Edugal en Pontevedra o mércores 12 de febreiro.Alí tiveron a oportunidade de interesarse por distintas saídas laborais e educativas, así como de participar nalgún obradoiro tal e como se pode ver nas imaxes da seguinte ligazón:

 

Saída Edugal

Día de San Valentín

Este curso, celebrouse o día de San Valentín cun concurso de tarxetas no que participou o alumnado de todo o centro. Ditas cartas foron repartidas polo centro por alumnos de 2º de bacharelato disfrazados de Cupido. Podes ver algunha foto do evento na seguinte ligazón: 

Imaxes día de San Valentín

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut