Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais en 2º de Bacharelato

Instrución 10/23 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso do bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO. CURSO 2024-205

Todas as solicitudes de admisión para ESO e Bacharelato presentadas en prazo (do 1 ao 20 de marzo) ESTÁN ADMITIDAS.

Este alumnado terá que formalizar a súa matrícula a fins de xuño, nas datas que publicaremos proximamente.

Agradecemos a confianza depositada no noso centro.

Un saúdo,

A dirección do IES Mendiño

Información sobre o proceso de admisión da ESO e do Bacharelato para o curso 2024-2025

Todo o alumnado dos centros adscritos do IES Mendiño, tanto de Educación Primaria como de Educación Secundaria, que  solicitaron reserva de praza para cursar 1º ESO e 1º Bacharelato durante o prazo de reserva, FOI ADMITIDO. Terán que presentar o impreso de matrícula no período ordinario,  a partir do  27 de xuño de 2024.

Grazas por confiar no noso centro.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2023-2024

Este luns 11 de setembro comeza o curso escolar 2023-2024 no IES Mendiño. Arrancamos no horario habitural, de 8:30h - 14:00h e, ao ser luns, en xornada vespertina de 16:15 - 17:55h. Funcionará o servizo de transporte escolar con total regularidade (informamos da situación do alumnado de Bacharelato a través dun Abalar enviado esta semana).

HORARIO DE PRESENTACIÓNS:

  • ESO: 08:30H
    • 1º e 2º ESO: Agardarán na entrada principal, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente.
    • 3º e 4º ESO: Irán ao pavillón do centro, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente.
  • 1º BACH: 11:30H
    • Agardarán na entrada principal, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente. Posteriormente á presentación, s clases comezarán este mesmo luns pola tarde.
  • 2º BACH: 13:10H
    • Agardarán na entrada principal, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente. Posteriormente á presentación, s clases comezarán este mesmo luns pola tarde.

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 1º ESO:

  • LUNS 11 DE SETEMBRO, ÁS 18:00H.
  • Haberá unha prestnación do curso escolar, coa presenza do profesorado titor, do deparamento de orientación e dos membros do equipo directivo. Posteriormente as famlilas acompañarán a cadansúa titora das súas fillas/os e terán un breve encontro na aula do grupo de 1º ESO correspondente.

Un sáudo,

O equipo directivo do IES Mendiño

 

 

Libros de texto da ESO e de Bacharelato. Curso 2023-24

 

Achegamos a listaxe de libros de texto para a ESO e o Bacharelato para o curso 2023-24. Pódeno descargar da seguinte ligazón:

Libros de texto. IES Mendiño. Curso 2023-24

 

 

 

 

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2023-2024

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2023-2024 (Orde do 10 de maio de 2023. DOG do 19 de maio de 2023).
Poden consultala no taboleiro de anuncios do centro. O prazo de reclamación é de dous días: martes 11 de xullo e mércores 12 de xullo de 2023.

Atte.,

A dirección do IES Mendiño

Calendario de fin de curso e matrícula para o curso 23-24 para o alumnado

Achegamos o calendario de fin de curso para o alumnado onde se reflexan os días no que se publican as notas así como os períodos de reclamacións das mesmas. Neste documento poderán atopar tamén cal será o período de matrícula para o vindeiro curso escolar.

 

Calendario de fin de curso e matrícula do curso 23-24

Notas da avaliación ordinaria de 1º de bacharelato e período de reclamacións

As notas da avaliación ordinaria de 1º de bacharelato faranse públicas o mércores 7 de xuño a partir das 21:00 horas por abalar. O período de reclamación da avaliación ordinaria de 1º de bacharelato é o venres 09 e luns 12 de xuño en horario de 08:30 a 14:00.

Podedes descagar información sobre o procedemento nunha reclamación e os documentos necesarios na seguinte ligazón:

 

Procedemento nunha reclamación e documentos necesarios

Probas extraordinarias de bacharelato curso 22-23

Para consultar o horario das probas extraordinarias de 1º e 2º de bacharelato que terán lugar desde o luns 19 de xuño ao mércores 21 de xuño pinchade na seguinte ligazón:

 

Horarios das probas extraordinarias de 1º e 2º de bacharelato

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut