Skip to Content

Cursos anteriores

2º premio do concurso de relatos de terror en lingua castelá

 

 Autor: MARTÍN CARRAMAL MEIS

MUERTE EN VIDA”

 

Hoy también tocaba discusión sobre quien tenía que bajar a comprar el periódico. Grant y su hermana Sheila discutian en el salón, cuando su madre entra y da por finalizada la discusión, Grant va a comprar el periódico y su hermana recoje la cocina. Grant resignadoa discutir baja a la calle, ya solo tendría que cruzar la calle comprar el periódico en el quiosco de enfrente y volver. Como siempre el intenso tráfico de la ciudad se hace notar y Grant tiene que esperar bastante tiempo, pero cuando el semáforo se pone en rojo cruza, pero al llegar a la mitad del paso de zebra, oye un intenso ruido y despues un golpe que le provoca un intenso dolor , de repente Grant se encuentra volando por los aires, antes de que pueda reaccionar se encuentra tirado en el suelo, se había desmayado.

Grant,Grant... Oia, ante esto despierta del profundo sueño en el que se encontraba, pero no puede moverse ni tan siquiera hablar, solo podía habrir los ojos un palmo, se encontraba en una habitación totalmente blanca, tendido sobre una cama de hospital, al fondo junto a la puerta ve una figura borrosa que esta llorando, parece ser su madre. A su derecha un médico manipula unas maquinas siutuadas sobre un carrito con ruedas. Tras esto se dirige a su madre, esta le pregunta cual es el estado de su hijo, a lo que el doctor responde, que Grant tras ser atropellado tiene dos costillas y un brazo roto además de un traumatismo craneal que le ha introducido en un coma profundo del cual hay pocas posibilidades de que se recupere. El doctor abraza a su madre para consolarla, a Grant le hubiera gustado poder levantarse y abrazar a su madre, pero solo podía quedarse quieto y ver como su madre llorava.

En los días siguientes Grant se encontraba nuy triste y el médico venía todos los días a ver cúaler era su estado, seguía igual, en estos días su madre no se había separado de él y se le notaba el cansancio. Un día entró su hermana por la puerta de la habitación, venía llorando, su madre salió de la habitación, entonces Sheila empezó a hablar y le dijo que venía a despedirse antes de que le desconectararan las maquinas y que venía a disculparse por discutir siempre con él, tras esto abandono la habitación entre lágrimas. Al oír esto Grant se puso muy nervioso, ya que si le desconectaban seguramente moriría. Aquella noche Grant no pudo dormir pensando en lo que le ocurriría. Por la mañana entraron dos médicos en el cuarto de Grant, que con caras muy serias apagaron las máquinas, Grant ya pensaba que iba a morir, mientras los docotores abandonaron la habitación diciendo que el corazón pronto dejarían de latir. Pero tras pasar un rato Grant seguía vivo. De repente en la habitación entraron dos hombres vestidos totalmente de blanco y con una bolsa negra, que Grant pronto reconociode las películas en las que introducían los cadáveres, Grant fue introducido en la bolsa que tras cerrar la cremallera fue depositado en una camilla que fue conducida al depósito de cadavéres, allí Grant fue extraído y colocado sobre una mesa gris, Grant a su alrededor pudo observar que se encontraba en una sala de autposías, a su izquierda había más mesas con cadavéres . Dos hombres se acercaron a este, uno le dictaba al otro, causa de la muerte, traumatismo en el cráneo. Grant pensó que acabaría como los cuerpos que tenía a su lado , abiertos de arriba a abajo, para averiguar la causa de la muerte. Pero el cuerpo de Grant fue depositado en un ataud que fue cerrado, através de un cristal en la tapa de este podía ver todo lo que ocurría en el exterior. El ataud fue transladado a un coche funebre que se dirigió a las afueras de la ciudad hasta un cementerio, allí el ataud con Grant dentro fue colocado sobre una plataforma. Grant estaba contemplando su propio funeral, tras la cerimonia el ataud fue introducido en un hoyo sobre la tierra, unos hombres empezaron a echar tierra sobre el ataud de Grant, sellando su futuro.

2º premio do concurso de relatos de terror en lingua galega

Не забудьте: цитаты хауса

 

 

 AUTOR: MARTÍN CARRAMAL MEIS (3º A)

VILAR DE CAMPOSANTO

 

 

Pepe de Vergonde, un comercial dunha pequena empresa, decide coller unhas vacacións, vai visitar unha pequena vila mariñeira ao norte chamada Vilar de Camposanto, cunha indrustia funeraria en declive debido á introdución de produtos funerarios “ Made in China “. Tras coller un tren de cercanías ata a vila veciña de Covelas, viaxa ata o seu destino en autobús, este déixao na praza do concello, xa é noite pechada, a campá da igrexa toca a defunto. Pepe ten unha habitación reservada nunha pequena pousada fronte ao edificio do concello. Cando chega, recíbeo unha anciá chamada Xosefina. Pepe pregúntalle quen faleceu e esta respóndelle que o irmán do alcalde que se aforcara a noite anterior.

Debido ás débedas do negocio que tiña, Xosefina conduciu ao seu hóspede ata o seu cuarto, onde tras desfacer as maletas descansou toda a noite. Á maña seguinte Pepe espertou co ruído que se producía na rúa, algo estaba a acontecer. Tras vestirse e baixar á planta baixa , ve que un gran número de xente está reunida ante o concello, polo que lle pregunta a Xosefina que ocorre. Esta respóndelle que a figura da patroa da vila desapareceu da igrexa e Pepe respóndelle que non é para tanto o problema, polo que Xosefina replica cunha lenda que di que se a patroa abandona a igrexa ou desaparece, as desgrazas asolarán Vilar de Camposanto. Pero Pepe non cre esta lenda e pensa que son contos de vellos. Pasados varios dias Xosefina chega cunha noticia nova á pousada, que lle vai contar a Pepe entre bágoas: o barco do seu irmán pequeno saíra do porto á maña, pero non voltara. Pepe intentou consolar a Xosefina dicíndolle que había voltar, que seguramente se retrasara, pero non foi así, xa que o barco non apareceu e a busca que comezaran os mariñeiros non dera resultados. Pepe ante estes feitos e debido á coincidencia, o irmán do alcalde aforcase, desaparece a imaxe da vila e o do irmán de Xosefina, decide ingadar nos feitos. Para isto decide ir falar co alcalde, que non acepta recibilo e ao preguntar aos veciños da vila estes responden con mala cara e xestos de desconfianza. Polo que decide volver cara á pousada. Mañá iría ao porto a falar cos mariñeiros, pero pola noite espertouno un forte cheiro a fume. A pousada encontrábase chea de fume, estaba ardendo, ao saír ao corredor descobre a Xosefina tirada no chan, unha trabe de madeira do teito golpeáraa ao caer, encontrábase inconsciente, pero seguía a marmurar o mesmo unha e outra vez: ¡Maldito Crego! !Maldito Crego! Pepe arrastrou a Xosefina ata o exterior da pousada, onde os veciños lle axudaron. A pousada xa non se podía salvar. Á maña seguinte, Pepe foi visitar a Xosefina ao hospital da vila, que en realidade era a antiga escola reconvertida nun pequeno hospital. Foi falar con Xosefina, a cal xa se recuperara, e preguntoulle que quería dicir co de ¡Maldito Crego! Esta non quixo responder, pero ao final ante a insistencia de Pepe acabou cedendo. O irmán do alcalde e o dela xunto co crego descubriran, cando preparaban a igrexa para un funeral, que a imaxe da patroa da vila estaba feita de pedras preciosas. Decidiran calar o asunto para evitar problemas na vila. Pero o irmán de Xosefina contáralle o ocorrido a ela. Agora o crego quería quedar coa imaxe e vendela, para isto tiña que desfacerse do irmán de Xosefina e do alcalde, ademais disto intentara queimar a pousada por se quedaba algunha proba. Pepe decide ir á igrexa para reter ao crego e evitar que escape, pero cando chega percibe un intenso cheiro a gas, o crego pretendía reducir a anacos a igrexa para poder desaparecer, pero cando Pepe chega ao altar da igrexa é encanonado polo crego, que xa percibira as ideas de Pepe. Este é conducido ata a sancristía, pero aproveitando un descoido do crego, Pepe golpéao coa pía de bautizar aos nenos, deixando fora de combate ao crego. Na sancristía Pepe encontra ao irmán de Xosefina pechado. A fin Pepe tiña razón: a lenda de Vilar de Camposanto non era máis que un conto de vellos.

1º premio do concurso de relatos de terror en lingua galega

Не забудьте: цитаты хауса

 

 AUTOR: Manuel Paz (4º B)

 

4 de abril de 2010”

 A noite comezaba a caer coma un veo que ía tinguindo de escuridade aquela tarde que ía esmorecendo. Comezou a chover. As pingas de auga empezaron a caer contra as pedriñas que cubrían o camiño facendo que estas repinicasen con forza. No fondo xa se podían ver algúns raios que como navallas afiadas sedentas de vinganza ían rachando o ceo e este quedaba salpicado de sangue cor amarela que se expandía por toda a súa superficie. Pasado un instante, podíanse escoitar os seus bramidos atroces que resoaban con potentes ecos por todo o val.

 O vento axitaba con furia as árbores do camiño e arrastraba refachos de auga de chuvia que batían unha e outra vez na faciana de Marcial, que tras cumprir satisfactoriamente todas as tarefas da súa axenda persoal considerou que xa era hora de volver ó seu fogar.

Agora o camiño inclinárase cara a arriba e a auga fluía costa abaixo arrincando bruscamente as pedras do camiño deixando ó descuberto a terra do fondo, agora convertida en lama.

Marcial estaba a punto de chegar ó cumio daquela costa cando pisa nunha parte do terreo que estaba especialmente rebrandecida pola chuvia e ve como sorprendentemente o chan afunde e queda cuberto de lama ata a cintura. Trata de liberarse e seguir camiñando, pero non o consegue. Volve tentalo unha segunda volta, pero co mesmo resultado da primeira vez. Empeza a poñerse nervioso, vendo como a chuvia segue afondando o burato no que está atrapado e o nivel da lama que o cobre segue aumentando. No terceiro intento trata de liberarse con tanto ímpetu que avanza uns cantos metros máis de onde estaba atrapado e bate irremediablemente de bruces contra o chan. Instintivamente botou as mans para tratar de de amortecer a caída pero iso non evitou o corte que fixo no labio superior e que comezaba a soltar un fío de sangue.

Coloca a palma da man na boca e esta queda totalmente tinguida de vermello. Decide meter a man nun dos petos do seu traxe para sacar un pano co que conter a hemorraxia cando se decata que o bolígrafo que levaba non estaba. Xira a cabeza cara a atrás e cre vislumbrar unha luz que escintilaba emitindo un tenue brillo e que se desprazaba cada vez con máis velocidade pola costa abaixo. Rapidamente dá media volta e comeza a persecución do seu bolígrafo. Por sorte un refacho de vento arrastrouno contra unha beira do camiño freando a súa carreira. Marcial agachouse para recollelo e introducilo de novo no peto do seu traxe. Levanta a cabeza e orienta a súa mirada cara ao ceo. As nubes comezan a desaparecer, a tronada comeza a amainar. O ceo queda totalmente descuberto. O vento deixa de soprar e por un momento deixa de haber ruído algún. Era lúa chea. Un lobo ouvea con forza quebrando o silencio que por un momento existira.

Xa podía ver ó lonxe a súa casa. Foise achegando máis e máis ata que colleu as chaves do seu maletín e entrou. Hoxe fora un día moi duro. Tocaba descansar. Seu pai non se atopaba na casa coma sempre…

(…)

 

 “24 de xuño de 1995”

 

Eran as nove da mañá. O instituto estaba cheo de xente e balbordo, hoxe especialmente, dado que os cursos de 3º e 4º partían de excursión cara a Xenebra, para ver a catedral de San Pedro, dende cuxa torre se podía apreciar unha impresionante panorámica de toda a cidade, o Monumento ós Reformadores, que facía honra a todos os que participaran activamente da reforma protestante, e a casa natal de Jean-Jaques Rousseau, seguramente o pensador suízo máis importante de todos os tempos, pois foi el quen introduciu o concepto de que o poder estaba nas mans dos cidadáns e o rei era un simple representante do pobo, ideas que causaron gran impacto na súa época recollidas no seu libro O contrato social e aínda se manteñen hoxe en día vixentes. Tamén pensaban recorrer o lago Lemán en barco e o río Ródano ó paso pola cidade. Ademais irían visitar a Universidade de Xenebra e o seu museo de Arte e Historia.

Aquilo era un ir e vir para subir todas as equipaxes ó autobús. Ían con algo de retraso, xa que o avión partía de Peinador ás dez e media.

Xa ás nove e media, o autobús partía por fin. Marcial colleu o seu “walkman” colocou o seu CD preferido, un de Joaquín Sabina Física e Química, e ó ter isto feito, decidiu recostarse cara a atrás no asento e matar así o tempo da viaxe ata o aeroporto.

De súpeto, algo chamou a súa atención. Estaban pasando por riba da ponte de Rande. Podía escoitar o ruído que producía o rozamento das rodas do autobús contra o asfalto vello e cheo de gretas. Mirou cara a abaixo e puido observar a considerable altura da ponte. Os piares parecían estreitos e fráxiles contra os golpes que recibían das ondas do mar, que hoxe eran sorprendentemente agresivos, pois o día era soleado e despexado, pero non se vía reflectido nel. Os tirantes do mar repinicaban. Iso tampouco axudaba a fiarse da capacidade de aguante da ponte.

Despois da viaxe en bus subiron ó avión. Abrocharon os cintos. Xa despegaba. Pouco a pouco íanse elevando do chan. Pasadas tres horas xa estaban aterrando no aeroporto de Cointrin. Os próximos días ían ser bastante intensos coa de visitas que pensaban facer e as fotos que tirar.

 

 

(…)

 

4 de abril de 2010”

 

Rafael levantábase espertado polas raiolas de sol que se filtraban pola súa ventá ó amencer. Almorzou unhas sinxelas torradas cun pouco de manteiga acompañadas dun vaso de zume de laranxa e dispúxose a coller a desbrozadora para comezar a súa xornada coma xornaleiro. A pesar de que xa tiña 73 anos, e xa estaba xubilado, víase obrigado a traballar para gañar un diñeiro extra e que o seu fillo puidese estudar Dereito na universidade de Salamanca. Xa se dispoñía a saír da casa cara ao almacén no que gardaba todos os apeiros de labranza. Entrou nel e empezou a subir a escaleira de caracol que o vertebraba. Cando estaba no punto máis alto, trompezou batendo irremediablemente coa cabeza nun dos chanzos. Intentou erguerse, pero a vista empezábaselle a toldar. A causa da desorientación que sufría foise cara a un lado da escaleira, e caeu esvarando por debaixo do pasamáns. Sufriu unha aparatosa caía ata o chan, facendo unha brecha na testa. Comezou a perder sangue. Este segundo tropezo era definitivo para el, sería o único da súa vida do que non se ergueu a continuación.

 

(…)

 

 

 

26 de xuño de 1995”

 

Marcial ía montado nunha barquiña xunto con David, un amigo seu recorrendo o lago Lemán. Nun intre a embarcación embarrancou cunha rocha do fondo e empezou a entrar a auga. Esta emborcou e Marcial quedou atrapado dentro. Mentres ía aumentando o seu ardor nos pulmóns por mor da falta de osíxeno e ía perdendo a consciencia sabedor de que a súa vida estaba sentenciada, tiña o presentimento de que a súa misión na Terra todavía non rematara. Aínda tiña algo que buscar.

Día dos namorados

O Equipo de Biblioteca celebrou un ano máis o Día dos Namorados. Este ano fixemos un concurso de tarxetas. Non tivo tanto éxito como o de piropos ou de cartas, pero non estivo mal. Unhas foron máis orixinais ca outras na forma mentres que outras o foron no contido. Aquí tedes unha imaxe do taboleiro onde expuxemos as tarxetas. Hai que dicir que posteriormente léronse todas a través de megafonía, indicando quen era o destinatario de cada unha delas.

 

 

O profesorado tamén tivo unha sorpresiña, como xa ben sendo habitual, e así atopámonos cunha cesta chea de rosas. Cada profe tiña a súa con dedicatoria.

 

 

Contos gañadores do concurso de relatos de terror

 

Gañadores do concurso de relatos de terror en lingua galega do 2º ciclo

O gañador do concurso de relatos de terror do segundo ciclo foi Cristóbal Currás Maza de 4º B, co conto titulado Néboa na noite. A finalista foi Araceli Lores Domínguez de 4º C co conto Nunca te fíes, é perigoso. Noraboa aos dous.

Deixámosvos cos seus relatos.

 

 

 

NÉBOAS NA NOITE

 

por Cristóbal Currás Maza

 

-Hai que ver que bonita é a lúa chea cando se ve desde o monte.Isto é o que pensaba Ramón mentres camiñaba por aquela fonda congostra, tan fonda que case non se vía o chan do monte. Ía pola congostra porque tiña escoitado na casa que os lobos esperaban e mataban á xente nos camiños principais. Mais xa había tempo que se sentía observado.Ás veces escoitaba unhas carreiras detrás del e uns saltos. Rapidamente xirábase pero non vía nada. Iso só podía significar algo. Saíu rapidamente da congostra e colleu uns cantos croios. O chan do monte estaba cuberto por unha espesa néboa, que brillaba e se esparexía con aspecto fantasmal á luz da lúa.Tiña que apurar. Empezou a correr, e sentiu carreiras detrás del. Sabía que ían por el. Entón viuna. Aquela inmensa árbore sería a súa salvación. Correu cara a ela e parecía que os seus perseguidores se decataran do que pretendía, pois saíron dos seus agochos e botaron a correr detrás del.Unha manda de seis lobos, cada un máis negro có outro, coa boca aberta, corrían tras el. Ramón colleu un croio e guindoullo a un dos lobos, o que fixo que se detivesen.Cando chegou ó pé daquel enorme carballo, comezou a gabear por el. Entón sentiu unha terrible dor nun nocello. Era un dos lobos. Non tivera tempo de agarralo ben pero si de rabuñalo o suficientemente fondo como para facerlle dano. Así e todo, chegou ata unha póla ben alta. Estaba a salvo. Despois de moito tempo os lobos acabaron por marchar. Pero Ramón sabía que estaban por alí, na escuridade, escondidos, esperando o momento oportuno, pois eles non tiña présa. Sabían que Ramón tería que baixar nalgún momento.Xa pasara un bo anaco de tempo, cando, desde unha póla máis arriba, escoitou algo que se remexía. A piques estivo de caer do susto. De súpeto oíu: -Seguen aí, verdade compañeiro?-Como? Quen anda aí? –dixo Ramón.-Espera, agora baixo –dixo a voz- chámome Xan.Despois de dicir isto, a voz baixou ata a póla na que estaba Ramón. Era un ancián, duns 80 anos. Vestía un chaleco marrón, uns pantalóns grises e unha boina de cor negra chapada na cabeza. Era un home alto e máis ou menos fraco. Despois de terse acomodado na póla, gardou silencio mirando para a néboa.-Xa leva aquí moito tempo, señor? Está algo pálido –dixo Ramón.-Ai, meu compañeiro, xa levo aquí moito tempo. E se queres vivir non podes quedar aquí –dixo o señor Xan.-Estes condenados lobos son moi listos. Con esta néboa non se ve un burro a tres pasos. Que imos facer? E ademais un deles rabuñoume un nocello e dóeme que me levan os demos –replicou Ramón.-Bah! Iso ten solución –dixo o vello mentres sacaba un pano do chaleco, e atándolle o nocello con el díxolle:-Xa está. E outra cousa, se nós non os vemos, eles a nós tampouco nos ven.Despois de moito discutir sobre esa posibilidade, comezaron a baixar polo tronco do carballo. Ao chegar ao chan, Ramón colleu un croio en cada man. Comezaron a andar moi agachados, case arrastro por debaixo da néboa. E así, caladamente, guiado polo ancián, saíron daquela néboa despois de dúas horas arrastrándose polo monte, agachados e en silencio. Por fin puidéronse erguer, pero o señor Xan seguía indicándolle que gardase aínda máis silencio ca antes. Ían movéndose moi a modo, cruzando un camiño, agochándose tras dunhas árbores e mesmo viron pasar ao lonxe un lobo.-E logo, como é que acabaches aquí? –preguntou Xan.-Teño dezaoito anos e marchei da casa. Eu decido o que fago –afirmou o rapaz.-Xa… e de onde es? –volveu preguntar o vello.-Eu son de Maceda. E vostede, de onde é? –dixo Ramón.-Eu son de Vichocuntín. Está preto de aquí. É a onde imos agora –respondeu Xan.Xa andaran un bo treito e a néboa fórase indo. Xan estaba inquedo. Apuraba o paso. O camiño ancheaba cada vez máis. Xa se vían as luces das aldeas. Entón o vello detívose en seco. Colleu a Ramón da man e botáronse fóra do camiño. Xan díxolle moi baixiño:-Escoita Ramón, eu non vou saír do monte. Agora, cando chegues á aldea, pregunta polo taberneiro. Teslle que dicir que mire no armario grande, o do salón. Nel hai unhas fondo debaixo das táboas, e nese fondo hai 100.000 pesetas. Lembraraste? Eu xa teño que marchar –e dicindo isto, o vello desapareceu entre a néboa que se levantou de súpeto.Cando o rapaz chegou á aldea, preguntou polo taberneiro e foi onda el. Ao chegar á taberna decatouse de que non había ningún cliente. Estaba só o taberneiro na barra. Dirixiuse a el e contoulle o que lle dixera Xan. Estrañouse pero foi mirar o armario. Mentres estaba ausente, Ramón deu unhas voltas pola taberna e un curruncho viu que había unhas fotos expostas. Achegouse para velas máis de cerca. Si. Alí estaba o señor Xan, máis novo e cun cativo ao seu carón. Tamén aparecía noutra foto xogando un torneo de brisca na taberna.De alí a un pouco chegou o taberneiro cunha caixa nas mans e branco como a cera.-Quen lle dixo onde estaba isto? –preguntoulle.-Un señor que se chama Xan. Vostede coñéceo porque aparece nesas fotos de aí –respondeu Ramón.-Non sabes o que dis. Ese home é meu pai. Xan Bargas domínguez era tratante de gando e hai sete anos que morreu, deus o teña na súa gloria –dixo Xaquín, que así se chamaba o dono da taberna.-Como di? Se foi el quen me sacou do monte! –repuxo moi pálido o rapaz.- Meu pai morreu cando viña de Maceda coa súa burra. Fixérase de noite e os lobos andaban esfameados. Meu pai tivo que deixar ao animal atrás porque os lobos seguíano. Cando mataron a burra seguiron detrás del. Tivo que subir a un carballo que había alí. Deu escapado dos lobos pero non do frío. Os lobos non marcharon de debaixo da árbore e alí morreu agardando axuda, unha axuda que chegou demasiado tarde –concluíu o taberneiro.Despois disto Ramón decidiu volver á súa casa, pero acompañado dunha boa escopeta que mercara e de día, pois xa é dito de vellos: “Non todos os mortos están nos nichos”.   

 

NUNCA TE FÍES, É PERIGOSO 

por Araceli Lores Domínguez

 

As bágoas caen polas miñas meixelas cunha dor inmensa. Toda a miña vida deu un xiro radical. Hai uns días tiña plena felicidade, e agora… teño medo.Para contarvos esta historia teño que retroceder uns meses. Exactamente ata o día que comecei a traballar en Montblanc, empresa que se dedica á venda de electrodomésticos. E entrou el, tan guapo, tan atractivo,… que non podía deixar de miralo. Os seus ollos leváronme ao mar da Lanzada deixándome un chisco aparvada. Eran, sen dúbida, os ollos máis azuis e fermosos que nunca antes vira.-Que se lle ofrece? –conseguín preguntarlle.-Pois… se non lle molesta, quixera facerlle unha pregunta.-A que vostede queira! –díxenlle sorrindo.-Que é o que fai para ser tan fermosa? -preguntou con descaro.Púxenme un pouco colorada, pero conseguín responderlle, mirándoo aos ollos, con voz atrevida:-Ter un home tan guapo diante.Botámonos a rir, como dous colegas de toda a vida. Esa foi a primeira de moitas conversas que mantivemos na tenda durante esa semana. El seguía pasando todos os días por alí e falabamos de todos os temas e de nós.Logo dun tempo invitoume a cear no restaurante máis caro da cidade. Todo era perfecto. Comezamos a sentir algo máis ca unha amizade e acabamos namorándonos.Con el todo era diferente. Sentíame especial. Era un encanto, pero aínda non o coñecía. Realmente non sabía quen era pero estaba cega de amor. Non me importaba nada máis, só el. El era o centro da miña vida.A verdade é que aínda non vos dixen quen son eu. Chámome Carla Lores Piñeiro. Ao pouco de rematar os estudos empecei a traballar na tenda de electrodomésticos. Todo foi moi rápido. Son alta, delgada, loura, cun pelo moi longo e rizo. E nunca antes me namorara.Por certo, el chámase Martín. É irresistible, atractivo, moreno de ollos azuis, musculoso…. Perfecto!! E non sei moito máis del.Logo de pensalo, decidín ir vivir con Martín. Todo era perfecto pero, á vez, estraño. Lémbrome que nada máis pisar a súa casa, os meus ollos craváronse nunha porta escura con pomo dourado que estaba ao fondo do corredor. Ao preguntarlle que había naquel cuarto, díxome que só eran trastos vellos  que tiña alí amoreados desde que se mudara , pero tiven a sensación de que se puxera algo nervioso. Aínda así, naquel momento non lle dei ningunha importancia, pero se lla dese talvez agora mesma non estaría na cama dun hospital.Ese primeiro día tamén me dixo que non podía prender lume dentro da casa porque tiña un dispositivo antiincendios que botaba auga nada máis notar algo de fume. Sorprendeume tamén que na casa non houbese nin televisión, nin radio, nin ordenador. Cando lle preguntei díxome que non lle gustaba á tecnoloxía e que era unha perda de tempo. Entendino, meu irmán tamén é así. Pola noite, cando estaba facendo a cea, díxome que lle gustaría que deixase o traballo e me ocupase da casa. O luns chamei ao meu xefe e díxenlle que deixaba o traballo pero que acabaría o mes. Desgustouse moito pero aceptouno.Martín nunca me chegou a concretar a que se dedicaba. Non sabía nada da súa familia nin do seu pasado. Só sabía que pasaba case todo o día fóra da casa. Aínda así nunca lle comentei nada, non quería enfadalo. Quería que se sentise feliz.Un día acendo a limpeza, movín un cadro. Puiden ver que detrás, na parede, aparecía escrito un nome de muller, Catarina. Funos movendo todos e detrás de cada un había escrito un nome diferente. Lembreime do gran cadro que había na nosa habitación e, ao movelo, quedei aterrada, porque na parede podíase ler perfectamente un nome: Carla. É dicir, o meu nome.  Pero había algo distinto dos outros. O meu estaba escrito con lapis e os outros parecían escritos con sangue. De súpeto oín o coche de Martín. Metinme na cama a toda présa e simulei que estaba durmida.Cando espertei, sentinme mareada, como se durmira máis tempo do debido. Mirei o reloxo e marcaba as nove e sete minutos da mañá, era a hora á que espertaba todas as mañás. Pero fun parva e non me dei conta da realidade. Non lle dei importancia.Ese día, cando quedei soa, volvín a mirar os cadros. A miña sorpresa foi que non había nada de nada. Pensei que empezaba a tolear. É que aínda non vos contei que había noites en que espertaba e vía o rostro dun home moi vello e engurrado reflectido nos espellos. Asustábame pero cría que eran cousas miñas. Ademais, como tiña a Martín ao meu lado, seguía durmindo.Fun tan parva…, non sabía a realidade da situación. O que me arrepinto agora do sucedido! Se abrise máis os ollos non pasaría nada do que aínda vos teño que contar.Ese mesmo día Martín chamou para avisarme que non ía vir comer pero que preparase unha boa cea para a noite. Púxenme a facer un polo ao forno, a súa comida favorita. Cando fun coller un coitelo, non atopei ningún. Estrañoume moito. Entón de súpeto, lembreime da porta escura co pomo dourado que estaba ao fondo do corredor. Fun correndo ata ela. A porta estaba entornada. Fun empurrando a porta a modo. E entón vin o inferno. Os meus ollos cubríronse de terror.-Non pode ser, non pode ser, o meu Martín non fixo isto. Pero se non foi el, quen foi entón? Que fago? E se foi el? Pero, entón…? … Iso foi o que puiden dicir cando vin os cadáveres de nove rapazas, aparentemente sen síntomas de corrupción. Todas moi parecidas a min. Antes de saír puiden ver enriba dunha mesa as fotos de Camila, Candela, Carme, Carmela, Clara, Catarina, Celia, Cristal, Claudia e… a miña. Todas cheas de sangue excepto a última. Nese intre comprendino todo e non ía deixar que a última foto se cubrise de sangue.Cando comecei a correr cara a saída, soou o teléfono. Detívenme en seco. Collino. Era Martín. Díxome:-Que…? Xa o sabes todo? Vouche contar a verdade. Non te quero! En realidade nunca quixen a ninguén. Teño 1758 anos e son o demo. Son aquel home que ves todas as noites reflectido nos espellos. Quería que tolearas, pero non foi tan fácil porque tampouco quería matarte tan rápido. Efectivamente puxen aqueles nomes na parede. Ao decatarme de que os viras, drogueite e estiveches durmindo dous días seguidos. Nese tempo borrei os nomes e prepareino todo para a matanza final por iso collín os coitelos que ti acabas de botar en falta. Desde que naciches estabas destinada a min e tes que morrer, vendo por última vez aqueles ollos que te namoraron, non sei se azuis ou vermellos… Tamén te informo de que non podes fuxir. Estás atrapada, totalmente atrapada… E colgou. Quedei petrificada. Pero aínda tiña unha esperanza: o teléfono. Chamaría á policía e explicaríallo todo. Non. A liña estaba cortada.Estaba tan desesperada que non podía nin chorar. De súpeto lembreime do primeiro día que pisara a casa e do consello de non acender lume. Vin claramente que era o único que podía facer para saír dela. Collín un chisqueiro e prendinlle lume a unha morea de papeis. A alarma saltou axiña e a casa comezou a encherse de auga, pero aínda así non conseguiu apagar de todo o lume, dando tempo a que o salón ardese por completo facendo estourar os cristais. Logrei saír entre eles mentres sentía como algo se me ía cravando no lombo. Pero non eran os cristais, eran os coitelos. Volvinme e vin ao demo do meu mozo. Xa non lembro máis.Agora mesmo estou no hospital transmitíndovos a miña historia e chorando todos os días porque sei que me está buscando para rematar a faena.

 

 

 

Gañadores do concurso de relatos de terror en lingua galega do 1º ciclo

O gañador do 1º ciclo foi Martín Carramal Meis de 2º A co conto titulado Rumbo: a Morte. A finalista foi Tamara abal Padín, de 1º C co conto A orixe do mal. Noraboa aos dous.

Aquí vos deixamos cos seus relatos.

 

 

 

RUMBO:  A MORTE

por Matín Carramal Meis 

 

19 de outubro. Hoxe parte o Mantel, un cruceiro que atravesará o océano Atlántico. Os pasaxeiros pouco a pouco van embarcando. Levará áncoras ao mediodía. Para os primeiros días da viaxe esperábase tempo tranquilo, aínda que cara a final da viaxe o barco terá que atravesar un denso banco de néboa. Pronto transcorren os días de sol e calor que os pasaxeiros gozan nas piscinas da cuberta.A unhas millas do barco esténdese un denso banco de néboa que non tarda en cubrilo por completo dificultando a visión. Aínda así, desde a gran fiestra do comedor do barco podíanse observar as luces de posición doutro barco. Pouco a pouco este vaise achegando e empézase a diferenciar a súa ponte. Ao capitán do Mantel ese barco resultáballe coñecido. Cada vez está máis preto, tanto que teñen que esquivalo para non chocar. De súpeto o outro barco queda parado e o Mantel tamén para máquinas. Ao ler o nome do barco, o capitán sabe que o coñece. Era o Tifón I, que quedara fóra de servizo había uns dous anos. Precisamente para ser reemprazado polo Mantel. E tamén fora antes o seu capitán. Como podía estar alí se ía ser despezado? Soltaríanse as amarras e quedaría á deriva?Pronto manda a uns homes a inspeccionar o barco. Estes revísano de arriba a abaixo, ata que nunha das adegas atopan algo estraño, un neno duns tres anos agochados tras unhas caixas de cartón. Cólleno e lévano ata a enfermería do cruceiro. Ten un aspecto moi raro, está completamente pálido e extremadamente fraco, pero san. Pero non responde aos milleiros de preguntas que lles fan. Parece estar mudo xa que non sae ningunha palabra da súa boca. Pasan varios días desde que o neno fora levado ao cruceiro cando comezan a pasar cousas estrañas. Un día aparece aboiando o corpo sen vida duns dos pasaxeiros; ao parecer esvarou e bateu coa cabeza no bordo da piscina, caeu á auga e afogou. Días máis tarde unha muller suicídase aforcándose no seu camarote. Outro día o sistema de propulsión falla e a radio deixa de  funcionar. O cruceiro queda á deriva e no seu interior pronto xorden os problemas entre os pasaxeiros. Todos buscan víveres por se non os poden rescatar. O neno rescatado desapareceu e o capitán non o atopa por ningures.O barco convértese nun lugar escuro e frío pois tamén falla o sistema de calefacción e de electricidade. Os víveres empezan a escasear e saír aos corredores convértese en algo perigoso pois todos buscan provisións e don dubidan en matar por un anaco de pan. A situación empeora cando algúns pasaxeiros descobren as armas de fogo gardadas no armario da ponte do barco. Empézase a estender o pánico no barco. Os mortos multiplícanse e son tirados ao mar. Pronto só quedan uns poucos superviventes na parte traseira do barco. Na dianteira só estaba o capitán encerrado no seu camarote. Unha noite escura mentes que vixiaba para evitar que o atacasen, oe unhas gargalladas ao outro lado da porta. Ao abrila ve ao neno que desaparecera. Estaba rindo el só no medio do corredor. O capitán recoñece aquela risa. É a dun neno que afogara nunha das piscinas do Tifón I cando el estaba de capitán. Coñecía ben a aquel neno, sempre andaba a rir polos corredores do barco.

De súpeto prodúcese unha fuga de combustible nun dos tanques que fai explotar o barco en mil anacos. E con el, o capitán e os poucos pasaxeiros que aínda sobreviviran.

 

 


 

A ORIXE DO MAL

por Tamara Abal Padín

Para coñecer unha lenda creo que é preciso ir á súa orixe, por iso imos retroceder uns cantos anos.Todo comezou un día de outubro de 1996, un día moi tranquilo, nunha vila moi tranquila, onde a xente vivía as súa vidas normais e correntes. Nesa vila había unha muller que xa tiña moitos anos. Era unha curandeira. Tamén dicían que era algo bruxa, pero non das malas. Chamábanlle a Feiticeira.Ese mesmo día unha muller tivo dúas nenas xemelgas, algo que non deixaría de ser normal de non ser porque nese preciso momento a Feiticeira comezou a berrar desde a súa casa dunha maneira moi arrepiante. A xente que por alí pasaba quedaba moi sorprendida, pois aquela muller nunca se comportara desa maneira, parecía que non fose ela. O único que a xente conseguiu entenderlle foi: “O mal, o mal veu! Quere enganarnos pero veu co ben! O mal chegou co ben! Dúas xemelgas. Só debería ser unha!” Despois de repetir isto varias veces, a curandeira que se atopaba na porta da súa casa, caeu ao chan morta.Pasou o tempo e daquel feito xa ninguén falaba; quedou no esquecemento. A xente cría que a pobre Feiticeira se volvera tola. Pero o que non sabía a xente era que anos despois as cousas ían cambiar.Pasaran exactamente 13 anos. Era o aniversario das xemelgas e coincidía coa noite de defuntos. As irmáns eran moi distintas, tanto na forma de ser como fisicamente. Chamábanse Débora e Matilde. As dúas eran altas e de pel moi branca, pero Débora tiña o cabelo negro e os ollos grises, mentres que Matilde era rubia e de ollos marróns. Débora era moi rebelde, atrevida, nada medrosa e fascinábanlle os temas de pantasmas e espíritos; encantáballe que o seu aniversario se celebrase a noite de defuntos.Matilde era totalmente oposta. Era moi tímida, nunca se metía en ningunha lea e era moi medrosa.Pola tarde Matilde atopou enriba da súa cama unha carta. Era de súa irmá. Nela pedíalle a Matilde que se atopase con ela na porta do antigo cemiterio sobre as once da noite. Matilde dubidou se ir ou non, pero ao final decidiuse porque llo pedía a súa irmá. Así que saíu da casa para reunirse con ela no cemiterio.Era de noite, sopraba o vento cada vez con máis forza. Ao lonxe escoitábase a treboada. As árbores zoaban de xeito arrepiante, semellante a gritos humanos. Non había ninguén polas rúas e Matilde estaba cada vez máis preto do antigo cemiterio.Cando por fin chegou non viu a Débora por ningures. Achegouse á porta do cemiterio e abriuna lentamente. Asomou a cabeza con medo e puido ver ao final dun dos corredores que levan aos nichos había algo, como unha luz. Aínda sen saber como, Matilde sacou forzas e avanzou cara a esa luz. A medida que se achegaba puido ir distinguindo unha figura humana. Era súa irmá. Estaba vestida totalmente de negro, cun libro nas mans e velas aos eu redor. Esa era a luz que vira desde a entrada.Con voz medrosa Matilde conseguiu preguntarlle a súa irmá a razón da cita tan tétrica e nocturna no cemiterio. Débora ergueu a cabeza, e mirouna mentres lle dicía con voz desafiante: “Esta noite todo rematará”. Despois de dicir isto, abriu o libro e comezou a ler en voz alta. Matilde non comprendía nada do que estaba pasando, nin lograba entender as palabras que dicía Débora nun idioma estraño. De súpeto o chan comezou a tremer, as lápidas escachaban e caían ao chan e oíronse voces e gritos. Parou de chover. As nubes desapareceran e a lúa chea iluminaba o cemiterio. Matilde viu unhas sombras saíndo das tumbas que se ían xuntando ata facer un círculo arredor delas. Intentou escapar pero as sombras empuxárona e tirárona ao chan. Entre saloucos preguntáballe a súa irmá que estaba pasando. Entón Débora deixou o libro e colleu un coitelo. Achegábase pouco a pouco a Matilde repetindo unhas palabras que esta non lograba entender. Cando chegou ante ela, ergueu a man na que levaba o coitelo. De repente unha luz branca moi intensa apareceu ao seu lado, levantando a Débora no aire e facendo que se cravase o coitelo a si mesma. Oíuse un berro arrepiante. As sombras que rodeaban a Matilde desapareceron. O vento deixou de zoar. Todo quedou en calma.Matilde ergueuse do chan e, a pesar do pánico, puido ver diante dela unha muller vestida de branco que lle dixo que non se preocupase pois todo rematara. E entón desapareceu ante os seus ollos no medio dunha luz moi branca. A nena foi correndo desesperada xunto a súa irmá que se atopaba tirada no chan. Pensaba que estaba morta. Cando chegou ao seu carón quedou abraiada, súa irmá era idéntica a ela. O cabelo e os ollos de Débora volvéranse iguais aos de Matilde. Decatouse tamén de que xa non tiña o coitelo cravado e de que respiraba. Estaba viva.Despois de todo isto, as nenas imaxinaron que a muller que aparecera no cemiterio era a Feiticeira, e que todo empezara o día do seu nacemento, trece anos atrás. Aínda non sabían moi ben que fora o que pasara aquel día. A xente lembraba que a Feiticeira contaba de cando en vez a historia de dúas xemelgas moi distintas que cada certo tempo nacían na comarca. Nunha delas sempre aparecía o ben, pero na outra aparecía o mal e nunca se sabía quen das dúas acabaría triunfando.A partir dese día, a vila volveu ser tan tranquila coma antes. Por certo, a vila chamábase Dena. 

 

Semana do terror

A semana do 2 ao 6 de novembro celebramos no IES de Meaño a Semana do Terror. Iniciouse moito antes coa convocatoria do tradicional concurso de relatos de terror, que cada ano se vai superando, e coa decoración da biblioteca para acoller tal evento. Este ano os gañadores do concurso leron, case en exclusiva, os seus propios relatos diante dos seus compañeiros. Aquí vos deixamos unas imaxes do proceso de decoración da biblioteca e de dous alumnos lendo os relatos gañadores do 2º ciclo da ESO en galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut