Skip to Content

Día dos namorados

O Equipo de Biblioteca celebrou un ano máis o Día dos Namorados. Este ano fixemos un concurso de tarxetas. Non tivo tanto éxito como o de piropos ou de cartas, pero non estivo mal. Unhas foron máis orixinais ca outras na forma mentres que outras o foron no contido. Aquí tedes unha imaxe do taboleiro onde expuxemos as tarxetas. Hai que dicir que posteriormente léronse todas a través de megafonía, indicando quen era o destinatario de cada unha delas.

 

 

O profesorado tamén tivo unha sorpresiña, como xa ben sendo habitual, e así atopámonos cunha cesta chea de rosas. Cada profe tiña a súa con dedicatoria.

 

 



story | by Dr. Radut