Taboleiro

Axudas libros texto e material escolar curso 2017/18

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario
de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.DOG (Nº96 do 22 de maio de 2017)

RECOLLIDA DE TÍTULOS

Comunicamos que poden pasar a recoller os Títulos dos estudos rematados no curso 2014/15.

Así mesmo lembramos que todos aqueles dos cursos anteriores que non os recolleran poderían facelo.

Probas libres obtención título de bacharel maiores de 20 anos

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba
para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.(DOG nº 28 xoves 9 de febreiro de 2017)

Probas libres obtención título graduado en ESO maiores de 18 anos

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas
para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para
maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan
instrucións para a súa realización.DOG (nº28 xoves 9 de febreiro de 2017)

Probas de acceso aos ciclos formativos 2017

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017 (DOG, nº4 do 5 de xaneiro de 2017)

Programa PIALE

Memoria e Blog sobre a experiencia en Canadá da profesora Lola Muiños co Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE).

Podedes acceder a estes contidos nas seguintes ligazóns:

Memoria PIALE Canadá 2016

Blog

HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS E ALUMNADO - CURSO 2016/17

Dende o seguinte enlace pode descargar os horarios do profesorado para a atención a pais/nais e alumnado correspondentes o curso 2016-2017