Taboleiro

25 N CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

25 de novembro, luns


Lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 1º BAC


(1º recreo)
Patio do centro. Se chove, realizarase no patio cuberto na entrada posterior do centro.
 


Intervención musical do Coro IES Pl. Antón Losada Diéguez


2º recreo
: Salón de usos múltiples.



Reparto de adhesivos pola igualdade, bo trato e o respecto.



Escaleiras cara a igualdade. Intervención realizada polo alumnado de 1º ESO nas escaleiras interiores do centro.



Ver no blog da biblioteca

Mostra de libros sobre a igualdade na entrada do centro.



 

26 de novembro, martes


Contos e poemas pola igualdade


2º recreo
. Biblioteca

Enlace ao blog da biblioteca do centro onde se recollen moi diveros materiais de traballo para as aulas

Materiais de traballo

 

Apertura do curso 2018/19

No seguinte documento achégase o horario de recepción dos alumnos o vindeiro luns 17 de setembro, día de apertura oficial do curso 2018/19 no IES Antón Losada Diéguez

Calendario de exames de Setembro 2018

No seguinte documento achégase información sobre o calendario das probas de setembro de ESO, Bacharelato, FP Básica, ESA e Bacharelato de adultos

Calendario de exames finais de Secundaria (ESA) e 1º Bacharelato de Adultos

Nos seguintes documentos atópanse os calendarios de exames finais correspondentes aos estudos de Educación Secundaria de Adultos (ESA) e 1º de Bacharelato de Adultos

Excursión ás Illas Cíes

Estase a organizar unha excursión do alumnado do centro ás Illas Cíes para o vindeiro 19/6/2018.

De xeito que poidan facerse as correspondentes solicitudes de autorización na Xunta de Galicia para visitar ás illas, prégase que o alumnado interesado cubra os seus datos persoais (até o lúns 4 de xuño) a través do seguinte enlace

Fondolibros curso 2018/19. Presentación de solicitudes

O seguinte documento recolle información relevante relativa á participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018/19

Premios a proxectos de innovación na FP 2018

Tres proxectos de innovación en FP no que o IES Antón Losada Diéguez participa, como centro coordinador ou como centro colaborador, resultaron premiados nos "Premios para o Desenvolvemento de Proxectos de Innovación Tecnolóxica ou Científica e Proxectos de Innovación Didáctica no ámbito da Formación Profesional" convocados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Proxectos premiados:

  • WOOD_COM. Cápsula orgánica multiúso
  • Prototipo para o desenvolvemento de robots autónomos móbiles de servizo en interiores 
  • Seguridade Memorflex

[Máis info]

Alumnos do CEIP Pérez Viondi visitan o CM de Carpintería e Moble

No marco da campaña que está a realizar o IES Antón Losada Diéguez para revitalizar o CM de Carpintería e Moble, alumnos do CEIP Pérez Viondi vistaron onte os talleres do centro para realizar unha entretida actividade.

 

Noticia relacionada (La Voz de Galicia)

Noticia relacionada (Faro de Vigo)

[GALERÍA DE IMAXES]

 

Fondolibros 2018/19. Convocatoria do fondo solidario e axudas para libros de texto para o curso 2018/19

O día 21/5/2018 publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019.

Pódese acceder a información completa da convocatoria no seguinte enlace:

Programacións das probas libres dos módulos do C.M. de Automoción

Nos seguintes documentos recóllense as programacións correspondentes ás probas libres dos módulos do C.M. de Automoción: