Lingua Francesa

Benvida

Soyez les bienvenus!Benvidos!

 Vista de París dende o río Sena

  Vista de París dende o Sena, coa Pont des Arts e Pont Neuf en primeiro plano e ó fondo a agulla da Sainte-Chapelle e as torres da Catedral de Notre-Dame

Dende este departamento de lingua francesa, dámosvos a benvida a un novo curso académico. Desexamos que o noso traballo contribúa a unha mellor comprensión desta lingua, achegándovos un pouco tanto á cultura francesa como á francofonía en xeral.

Novidades

Recuperación da materia pendente:

"A cualificación final sae dos resultados da 1ª e 2ª avaliación"Isto quere dicir que, na práctica para a materia de 2LEF, determinarase a nota da 3a avaliación, tomando como punto de partida a media das dúas avaliacións anteriores.

a) 1ª e/ ou 2ª avaliacións suspensas :

 Que fago se a miña media é negativa (é menor a 5)? Nese caso, resulta VITAL o traballo e seguimento desta 3a avaliación, xa que se pode utilizar para remontar a nota... Como? A fin de mellorar esta nota, obterase unha nota media de todos os traballos e fichas entregados na 3ª avaliación; dita nota debería ser o suficientemente alta para compensar na media aritmética a mala nota anterior.

 Exemplo: se teño un 4 na media ata agora... que necesito para poder compensar? - Un 6... como mínimo*!! (4+...=10 → 10/2= 5)

*[ ... e por que non esforzarse un pouco máis, e sacar agora máis nota, e así, aparte de aprobar, súbese a nota??]

IMPORTANTE: Para valorar o esforzo e ter en conta o traballo do alumnado de xeito igualitario, esixirase a entrega dun mínimo da metade das fichas e traballos publicados durante a 3a avaliación.

b) 2LEF pendente de cursos anteriores :

Para superar a materia pendente de cursos inferiores, cómpre ter en conta que:

  • A materia de 2LEF é unha materia de avaliación continua e de contidos progresivos: o que se aprende o primeiro día de clase en 1o, séguese a practicar e utilizar ata 4o. Por iso, a alguén que por exemplo teña 2LEF de 3o suspenso, pero está matriculado de 2LEF4o e a aproba, débeselle considerar a materia de 3o como superada. 

Que fago se aínda así debo recuperar a materia, pois a teño suspensa igualmente? Nese caso, resumimos aquí o publicado en "Materias pendentes":

Cómpre acadar unha nota igual ou maior a 5 para dar a materia por superada. Para iso, propoñemos facer as actividades seguintes:

  • a) Caderno específico de recuperación: 40% da nota global final. Para garantir o correcto repaso da materia, establécese como mínimo a realización do 50% do caderno.
  • b) Ficha-control de 30 puntos: 40% da nota global final.
  • c) Ficha do 3º trimestre a distancia: 20% da nota global final.

Velaquí os cadernos especiais para traballar dende o confinamento:   Caderno de 1o            Caderno de 2o               Caderno de 3o

 

Traballos individuais para a materia:

Actividades de traballo e repaso 

16 a 30 marzo 2020- Velaquí unha selección de materiais para estes días. Podedes imprimilas para escribir sobre elas a boli/lápiz; ou descargar o documento de texto (para editalo directamente no ordenador). 

De 30 marzo 2020 en diante- Debido ás presentes circunstancias, continuaremos repasando e traballando para avanzar materia dende este espazo, polo que vos aconsellamos que esteades atentos, miredes, descarguedes e traballedes as fichas. Aconsellamos tamén que de algún modo tentedes de comunicar ao profesorado os vosos avances e dificultades.

1ºESO

2ºESO

3ºESO

Pdf

16-3-2020

23-3-2020

26-3-2020 

30-3-2020 

2-4-2020

Ficha editable

16-3-2020

 

 

(Tamen isto)

Pdf

16-3-2020

23-3-2020

26-3-2020

30-3-2020

2-4-2020

Ficha editable

16-3-2020

Pdf

18 e 20-3-2020

25-3-2020

27-3-2020

1-4-2020

Ficha editable

18 e 20-3-2020

Licence Creative Commons
Ce(tte) œuvre est mise à disposition selon les termes de la Licence Creative Commons Attribution - Pas d’Utilisation Commerciale - Partage dans les Mêmes Conditions 4.0 International

Blinking exclamation mark.gif

De 14 abril 2020 en diante- Continuaremos repasando e traballando para avanzar materia dende este espazo, polo que vos aconsellamos que esteades atentos, miredes, descarguedes e traballedes as fichas. Aconsellamos de novo que de algún modo tentedes de comunicar ao profesorado os vosos avances e dificultades.

Para entregar as fichas, podedescopiar, completar e pegar directamente o texto do pdf no ordenador,e logo pasades o que fagades na caixa do correo, así aforrades andar imprimindo, cubrindo e fotografando!! Por outro lado, quen queira aforrar tinta de impresora, pode tamén copiar e facer no seu caderno.

1ºESO

2ºESO

3ºESO

Pdf

16-4-2020

20-4-2020

23-4-2020

27-4-2020

30-4-2020

4-5-2020

7-5-2020

11-5-2020(vb)

14-5-2020

18-5-2020

21-5-2020 (Trab)

25-5-2020

28-5-2020

01-6-2020

04-6-2020

08-6-2020

11-6-2020

Na Internet
Lecture
 
Pdf
Na Internet

Acheter

Boulangerie

Recette: pudding

Lire: (pg 54 a 56)

Recyclage

Aliment/quantité

Les boissons

Pdf

15-4-2020

17-4-2020

22 e 24-4-2020

29-4-2020

6-5-2020

8-5-2020 (lire)

13-5-2020

15-5-2020

20-5-2020

22-5-2020

27-5-2020

29-5-2020

3-6-2020

05-6-2020

10-6-2020

12-6-2020

Na Internet

Voyager

Vacances

Le voyage

Licence Creative Commons
Ce(tte) œuvre est mise à disposition selon les termes de la Licence Creative Commons Attribution - Pas d’Utilisation Commerciale - Partage dans les Mêmes Conditions 4.0 International

Para todas as dúbidas e consultas, enviar un correo ao departamento.  

Lecturas 3º trimestre (abril-xuño2020)

O traballo de lectura complicouse co confinamento... é evidente que non podemos facer o préstamo bibliotecario coma antes. Porén, para todo hai solución:  podo buscarvos a cada un de vós un texto de contos, webs interesantes, enciclopedias, revistas, etc... que poida atopar en Internet, adecuados para o voso nivel, e diferentes para cada un. Podería incluso tentar de ter en conta os vosos gustos persoais, pero necesito sabelos, para ir buscando. Logo, o traballo farédelo coma sempre, pero no ordenador e entregado polo correo electrónico (aí non queda outra!!). 

Nota importante: dado o cambio do tipo de traballo, como axuda para a comprensión do texto que vos toque, haberá 5 preguntas sobre o máis importante del, ás que tamén deberedes responder, na vosa lingua.  Agora a nota estará dividida en dúas partes: (respostas ás preguntas) + (Resto do traballo "tradicional": ficha técnica; resumo e opinión persoal). Esquema de como se fai o traballo.

Ánimo, e comunicádeme que tema vos interesa máis á hora de ler! 

Lectura de BD: 2o ESO

Como resulta imposible o préstamo "normal" dunha banda deseñada francesa ou franco-belga dos fondos da nosa biblioteca escolar para a realización do traballo "tradicional" de lectura do terceiro trimestre, propoñemos o seguinte:

  •  Traballo de investigación sobre un autor de banda deseñada francesa ou franco-belga. Cada alumno/a terá asignado un artista diferente (Ver listado).

O traballo consistirá na realización dunha presentación de 1-2 diapositivas sobre o autor que lle toque a cada un. MOI IMPORTANTE :

  •  Usarase este modelo (facer clic, descargar e gardar no ordenador co nome « Traballo BDF2º [nome e a2 iniciaidovosoapelidos] »)Exemplo : Traballo BDF2º Ana RR

Modelo (presentación diapositivas)

  • Cada presentación incluirá como máximo, 2 diapositivas:unha para a presentación do autor/-a e outra para planchas ou imaxes (portadas ou interiores) de bandas deseñadasda súa autoría.

Atención !! Cómpre ter en conta que

a) É recomendable utilizar o modelo de presentación adxunto : aforraravos traballo e tempo, seguro !!

b) Facer un « copia-pega » de algo que hai en internet, así sen máis (sen reelaboralo, poñéndoo coas túas palabras polo menos!), non é facer un traballo, é plaxio !

c) Das obras que mencionedes, podedes tentar de buscar imaxes de portadas e interiores (diapo 2). Tamén é útil resumir nunha liña de que van (opcional, non obrigatorio).

d) Debedes indicar sempre de onde sae a información / imaxes que estades a utilizar, copiando a URL da páxina web en cuestión, para evitar o plaxio. (Isto sábeno mellor os de ITI)

Última hora: lecturas de 1o ESO

Como alumnado que ata agora NUNCA lestes un libro enteiro en francés, e ante a imposibilidade de utilizar os que temos na nosa Biblioteca Escolar nin tampouco atopar libros adecuados para o voso nivel de lectura de uso libre (gratuito e legal) en Internet, imos optar pola lectura de textos informativos: fragmentos de enciclopedias, reseñas cinematográficas e/ ou revistas publicadas na rede.

Por tanto, non se tratará de lecturas de ficción (o nivel de 1o fai imposible este tipo de lectura... Un exemplo: por moito que vos gusten as novelas de Jerónimo Stilton; as de Federico Moccia ou Blue Jeans, ou incluso as de Richard Castle... non seriades capaces de lelas en francés!!)

Dito listado será publicado do mesmo xeito que as seleccións musicais para o traballo. En caso de ter algún tema en concreto da vosa preferencia, facédeo saber pola vía de sempre.

Lectures en français / Lecturas en francés

Recordade que manteremos as mesmas liñas que estes últimos cursos: NON HAI QUE COMPRAR NINGÚN LIBRO DE LECTURA para francés, pois OS LEVAREDES EN PRÉSTAMO DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

  • Será obrigatorio ler 1 libro por trimestre en 2º, 3º e 4º da ESO. O libro escollédelo vós dentro dos fondos de lectura que temos para francés, con axuda da profesora. Recordade que teredes que facer un traballo sobre ese libro. No caso do grupo de 1º da ESO, terán que facer como mínimo 1 lectura en francés entre a 2ª e a 3ª avaliación.
  • Recordade que os libros de lectura están divididos por niveis, e separados por grupos, con separadores metálicos!!
  • Estamos a renovar os nosos fondos de lecturas, así que estade atentos ao panel de novidades da nosa Biblioteca ou aos andeis de lingua francesa! 
  • Velaquí tendes unha guía para realizar os vosos traballos

Nota: Aqueles alumnos que esteades interesados en curiosear nos catálogos de lecturas en francés e queirades escoller os próximos libros que se adquiran para o noso fondo de lecturas, falade coa profesora! 

Commentaire musicale/ Comentario musical

Para facer un bo comentario da música que se vos propón, deberiades:

1- Escoitar ou ver con atención cada video, e irvos quedando co que máis vos gusta do lote

2- Buscar a información de cada grupo/ artista en internet (Ollo! é altamente probable que teñades que consultar en páxinas en francés)

3- Para facer o comentario, debedes enfocalo de un en un, pois todos os temas son de autores diferentes. Logo, seguide as indicacións para o

traballo de comentario dun CD normal

4- Podedes comentar calquer curiosidade que acaia, e que poida enriquecer o comentario, como por exemplo, falar do aspecto visual do clip.

Velaquí unha guía xeral de como facer os traballos.

1ºESO

2ºESO

3ºESO

 Traballo de casa: comentario musical- 1o

 

Recomendacións 1

 

 Traballo comentario musical maio 2020

Comment faire un bon travail (Como facer un bo traballo)

Velaquí unha serie de vídeos que vos explican EN FRANCÉS como facer un traballo de calidade. Por se a alguén lle axuda!! Guiño

L'internet (Vrai ou Faux?)

Travail de révision (traballo de repaso)

 

Neste apartado, que está copiado e extraído da sección "material complementario para o estudo", podedes atopar unha serie de traballos que podedes utilizar para repasar a materia explicada na clase. Non dubidedes en abrilos, descargalos, imprimilos... etc. para o voso repaso.

 1ºESO

 2ºESO

 3ºESO

 4ºESO

La description physique: ficha 1ficha 2

 

 

Verbes et recettes, quantités et récipients;

Le corps humain: Ficha 1

 

 La musique: vocabulaire de classse.

La presse: Fiche 1

Révision: l'hypothèse 

Adverbes principaux; les adverbes (II)

Pratique des pronoms adverbiaux

Le français familier (francés coloquial, "da rúa")

 Licence Creative Commons
Ce(tte) œuvre est mise à disposition selon les termes de la Licence Creative Commons Attribution - Pas d’Utilisation Commerciale - Partage dans les Mêmes Conditions 4.0 International.

Révisions pour septembre 2019 (Repaso para setembro 2019)

Velaquí os cadernos  de repaso para  setembro 2019:

Caderno de 1º                                         Caderno de 2º                        Caderno de 3º                                  Caderno de 4º

Besoin d'aide pour préparer les examens? -  Necesitades axuda para preparar os exames?

Se queredes prepararvos ben e repasar para un exame, non esquezades pasarvos pola sección do "material complementario para o estudo", alí podedes atopar algo de axuda!

Aviso para os que queren repasar a conxugación: hai fichas de repaso no material complementario para o estudo, e nesta ligazón.

3ºESO                   2ºESO - FAO                      1ºESO

 

ETIAM EST LINGUA LATINAVexiloid of the Roman Empire.PNG

Apuntes:                                                                             "Labor domi"

                                                                                                                   2-3 xuño; 5 xuño

Palabra da semana: (modelo)    3-7 de febreiro 2020

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

 

 

Journée internationale du livre 2018

Celebramos en clase o Día do Libro traducindo o texto de Fran Alonso agasallado ás Bibliotecas Escolares. Velo aquí.

 

French Connection! 

Volvemos coa « French Connection » en Radio Areal 7, a radio dos recreos do Lamas. Neste programa, que vai ser cociñado entre todos os alumnos de francés, con algo de axuda da profesora, escoitaremos música francesa e francófona. Se queredes participar na elección das cancións, isto é o que tendes que facer: escoitar e escoller algún tema válido, e logo redactar unha pequena presentación da canción e do artista (os datos máis xerais ou salientables) en galego. Para iso, ou ben o autor é francés (independientemente de en que lingua estean os seus temas), ou ben a canción está en francés, en caso de non ser o autor de orixe francófona. Para que poñamos a vosa canción, poñédevos en contacto con nós!

Por se non sabedes moi ben como buscar ou atopar cancións e artistas francófonos, aquí tendes algunhas suxestións clasificadas por estilos musicais.

Para os que botedes de menos as anteriores suxestións, seguide a ligazón.                                           Escoitade e descubride a FC!

 

Avisos! Alumnado de 3º e 2º ESO

Necesítanse máis cancións para ir preparando os guións dos vindeiros programas de FC (French Connection). Ideas:

A) Programa monográfico con adaptacións ao francés de cancións que orixinalmente estaban noutras linguas (español, inglés, italiano...). Hai varias rapazas francesas que fan isto e suben os seus vídeos a Youtube, e o fan moi ben!

B) Programa sobre os clásicos da chamada "chanson française". Podedes buscar nomes aquí.

C) Programa monográfico sobre a "french touch" e a música electrónica francesa

 

Avril : mois du livre !

Este mes, como xa saberedes celébrase o 23 de abril o Día Internacional do Libro (e dos dereitos de autor). Non queremos permanecer alleos a esta celebración, e por iso desexamos contribuír con esta data tan sinalada. 

Queremos saber quen son os e as autores máis importantes da literatura francesa (en calquera das súas manifestacións: poesía, prosa, ensaio, teatro), e, de paso, coñecer as súas obras máis coñecidas. 

 

  • Como? Para participar nestactividade, isto é o que tendes que facer: buscade información na rede sobre as obras e os autores máis importantes en lingua francesaescollede un, e logo, redactade segundo o esquema e en forma de diapositiva unha pequena presentación súa (os datos máis xerais: datas e lugares de nacemento/ morte; obras máis coñecidas), todo en galego e a ser posible, con imaxes. Para iso, descargade o modelo de presentación aquí adxunto. Importante: non esquezades mencionar como bibliografía a-s páxina-s de onde sacastes a información!

  

Autores Franceses                                                       Mulleres- ITI 2ºB                                                 Iti

Septembre: révision juste avant l’examen.

Como xa toca facer o exame, e sabendo que moito do que vos acordades ten que ver cos repasos que se fan o día antes do exame, vos propoño unha serie de preguntas aquí para que saibades se vades ben preparados para recuperar en setembro. Recordade que o éxito sempre ten que ver co traballo CONSTANTE, así que se o fostes nos vosos repasos este verán, non debería haber problema.  

Moito ánimo, e sorte a tod@s!! 

Velaquí vos van as cuestións (organizadas por niveis). Tende en conta que as de niveis inferiores tamén vos poden ser útiles para os niveis superiores!! 

1e ANNÉE

2e ANNÉE

3e ANNÉE

Curiosités et des poussières...

Voici quelques fiches, liens web et autre matériel qui pourrait vous intéresser ou être utile.
Velaquí algunhas fichas, ligazóns a webs e outro material que poderíavos interesar ou ser útil.
  • News. Novas.
On existe, dans la wikipédie française!!! Les élèves de français de 3e A et B ont mis l'article "Carnota" dans la wikipédie française, pour qu'on nous connaisse un peu plus dans le monde...
Existimos, na wikipedia francesa!!! Os alumnos de francés de 3º A e B puxeron o artigo "carnota" na wikipedia francesa, para que se nos coñeza un pouco máis no mundo...
Ceci dit, nos félicitations aux élèves de 3e année, qui ont réalisé un grand effort pour écrire les articles!!
Dito esto, felicidades ós alumnos de 3º curso, que realizaron un gran esforzo para escribir estes artigos!!
  • Des curiosités sur le français. Curiosidades sobre o francés.

Il y a pas mal de mots anglais qui ont été empruntés au français. Voici leurs histoires... Hai moitas palabras inglesas que foron tomadas prestadas do francés. Velaquí as súas historias...

Distribuir contido