Benvidos á web do IES A Guía

Coche de hidróxeno, realidade ou ficción?

O alumnado de 1º bacharelato estivo a traballar na materia de Tecnoloxía Industrial I na fabricación dun dispostivo que se propulsa empregando o unha pila de hidróxeno. No seguinte vídeo, pódese comprobar o seu funcionamento e algún "spoiler" a outros proxectos que están en marcha no departamento de Tecnoloxía e que, con moita probabilidade darán que falar nalgunha feira de proxecto próxima... (e ata aí podemos contar, de momento...).

Sexta competión de robots na Escola de Enxeñería Industrial da UVigo

O alumnado de ESO e Bacharelato do IES A Guía participou o pasado 21 de de abril na 6ª competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Trátase dunha iniciativa que pretende espertar o interese polas disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Os nosos parabéns as docentes do departamento de Tecnoloxía, impulsoras da participación do alumnado e, como non, ao noso alumnado!!

Ligazón ao vídeo en YouTube

O proxecto "investigadores por un día" consegue o 1º premio no festival científico organizado polo CINBIO

Alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencia e Tecnoloxía acadou o 1º premio no festival científico na rúa organizado polo CINBIO da Universidade de Vigo co proxecto "investigadores por un día", coordinado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e englobado dentro do Plan Proxecta "Proxecto Ríos". É un orgullo para o IES A Guía divulgar este recoñecemento froito do traballo dun equipo docente involucrado e, como non, dun alumnado sobresaliente. Moitos parabéns!!

Ligazón 1 ao twitter ligazón 2 ao twitter

O IES A Guía participa no festival científico do CINBIO

A pasada fin de semana do 22 e 23 de abril, alumnado voluntario do IES A Guía participou no festival científico organizado polo CINBIO da Universidade de Vigo. Unha feira científica na que mozos e mozas de ESO e Bacharelato presentaron os seus proxectos a todas as persoas que se achegaron á feira. Os dous proxectos participantes, impulsados dende os departamentos de Matemáticas (proxecto: "estás estropeado?") e de Bioloxía e Xeoloxía (proxecto "investigadores por un día") tiveron moi boa acollida entre a cidadanía que se achegou a desfrutar da feira da ciencia. Ligazón ao twitter.

 

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer